sábado, 2 de mayo de 2020

FISIOTERAPIA: RECOMENDACIÓNS ALUMNADO EN CADEIRA DE RODAS

Estimadas familias: 
Esperamos que todos vos atopedes ben de saúde e que levedes o confinamento da mellor maneira posible. Dende o servizo de fisioterapia decidimos elaborar una serie de recomendacións máis específicas que as que hai colgadas no blog do colexio, para o alumnado en cadeira de rodas vista a demanda dalgunhas familias. Como xa sabedes os tratamentos de fisioterapia son únicos e individualizados para cada alumno, en función das necesidades e obxectivos propostos e o alumnado que acude o servizo de fisioterapia é diverso pero pensamos que estas recomendacións poden axustarse o perfil de alumnado o que vai dirixido. 
De todos modos para calquera dúbida ou consulta relacionada co servizo de fisioterapia podedes contactar a través do correo electrónico do colexio cee.barcia@edu.xunta.es.
Un saúdo

No hay comentarios: