viernes, 28 de junio de 2019

O CORO DAS EMOCIÓNS. EDUCACIÓN RESPONSABLE

Neste 3º trimestre púxose en marcha "O CORO DAS EMOCIÓNS" do programa Educación Responsable. Carlos e un grupo de alumnos/as do 3º nivel pasárono xenial e mirade que ben cantan as seguintes cancións:
En este 3º trimestre se puso en marcha "El coro de las emociones" del programa Educación Responsable. Carlos y un grupo de alunos/as del 3º nivel lo pasaron genial y mirad que bien cantan las siguientes canciones:

CARABÚ



CANTEMOS ESTE SON




LOS CACHARROS


jueves, 27 de junio de 2019

EXHIBICIÓN POLICÍA NACIONAL

O 14 de xuño o noso cole asistiu á exhibición da Policía Nacional no Estadio Vero Boquete de Santiago. Queremos agradecerlle o ben que o pasamos e o trato que recibimos!
El 14 de junio nuestro cole asistió a la exhibición de la Policía Nacional en el Estadio Vero Boquete de Santiago. Queremos agradecerle lo bien que lo pasamos  el trato que recibimos!


E tivemos unha visita moi especial ao rematar!
Y tuvimos una visita muy especial al acaba!


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño foi o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. O EDLG animounos a realizar diversas actividades relacionadas coa reciclaxe. No 3º nivel realizamos un pequeno taller de reciclaxe, onde ademáis de facer prácticas, pintamos as mans coas cores de cada contedor.
El 5 de junio fue el Día Mundial del Medio Ambiente. El EDLG nos animó a realizar diversas actividades relacionadas con el reciclaje. En el 3º nivel realizamos un pequeño taller de reciclaje, donde además de hacer prácticas pintamos las manos con los colores de cada contenedor.






martes, 18 de junio de 2019

AGRADECEMENTOS Á AULA NOVA DO CAFI

A montaxe e gravación da canción do LIPDUB realizouse na Aula Nova do CAFI, onde os nosos 3 compañeiros/as (Marta, Rita e Carlos) recibiron a axuda e o asesoramento de dous grandes profesionais e mellores persoas: Fernando e José Manuel.

MOITAS GRAZAS!

El montaje y grabación de la canción del LIPDUB se realizó en el Aula Nova del CAFI, donde nuestros 3 compañeros/as (Marta, Rita y Carlos) recibieron la ayuda y el asesoramiento de dos grandes profesionales y mejores personas: Fernando y José Manuel.


lunes, 17 de junio de 2019

FELIZ ANIVERSARIO!. LIPDUB CEE A BARCIA

Como xa sabedes o noso centro está de Aniversario, 25 anos!. So vos diremos que lle deades ao Play!
Como ya sabéis nuestro centro está de Cumpleaños, 25 años!. Solo os diremos que le deáis al Play!


viernes, 14 de junio de 2019

LÍA

Sabedes quen é LÍA? (Sabéis quién es Lía?)


É a macota do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Pero xa a vistes antes, sabedes onde?
Es la mascota del Equipo de Dinamización de la Lengua Gallega. pero ya la visteis antes, sabéis donde?


Xa o sabedes?... vámolo poñer máis doado!
Ya lo sabéis?... lo vamos a poner un poco más fácil!


Si, no bosque das emocións! (Si, en el bosque de las emociones)

ACTUACIÓN DE MIGALLAS

Xa comezaos coas celebracións de final de curso e non o podíamos facer de mellor forma!, coa actuación de Migallas. Esta actividade foi subvencionada pola ANPA do noso cole e queremos darlle unhas GRACIAS enormes. 
O que se escoitaba dende fóra do salón de actos eran gargalladas e cancións. 
Ya epezamos con las celebraciony es de final de curso y no lo podíamos hacer de mejor forma!, con la actuación de Migallas. Esta actividad fue subvencionada por el ANPA de nuestro cole y queremos darle unas GRACIAS enorme. Lo que se escuchaba desde fuera del salón de actos era carcajadas y canciones.



EXPOSICIÓN CONTO "AS AVENTURAS DAS 5 GOTIÑAS"

Na entrada do cole xa podedes ver a exposición do conto orixinal e escrito polo alumnado do 3º nivel "As aventuras das 5 gotiñas". Así que cando nos visitedes parade a lelo!
En la entrada del cole ya podéis ver la exposición del cuento original y escrito por el alumnado del 3º nivel "Las aventuras de las 5 gotitas". Así que cuando nos visitéis parad a leerlo!


SENTIMOS OS MAPAS

A nosa asesora da ONCE tróuxonos uns mapas en relevo (xa que estamos a traballar os mapas). Estivemos a realizar unha actividade sensorial de sentir os mapas polo tacto, combinado co seguimento de ordes para localizar diferentes provincias (arriba, abaixo, dereita, esquerda...)
Nuestra asesora de la ONCE nos trajo unos mapas en relieve (ya que estamos trabajando los mapas). Estuvimos realizando una actividad sensorial de sentir los mapas por el tacto, combinado con el seguimiento de órdenes para localizar diferentes provincias (arriba, abajo, derecha, izquierda...)



CONTINUACIÓN FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Este ano realizamos o Festival das Letras Galegas en dous días diferentes.  Na segunda parte o alumnado da aula 3 cantou cancións e realizou unha obra de teatro "Carapuchiña vermella e as plantas salvaxes". Tamén puidemos escoitar o Rap "O lobo", que animou a todos e todas a bailar no escenario. Tanto a obra como a canción foron creadas polo coordinador do EDLG. 
Este año realizamos el Festival de las Letras Gallegas en dos días diferentes. En la segunda parte el alumnado del aula 3 cantó canciones y realizó una obra e teatro "Caperucita roja y las plantas salvajes". También pudimos escuchar el Rap "O lobo", animó a todos y todas a bailar en el escenario. Tanto la obra como la canción fueron creadas por el coordinador del EDLG.





viernes, 7 de junio de 2019

AS AVENTURAS DAS 5 GOTIÑAS

No 3º nivel (aulas 3 e 5) inventamos e ilustramos un conto sobre o ciclo da auga. Esperamos que vos guste!
En el 3º nivel (aulas 3 y 5) inventamos e ilustramos un cuento sobre el ciclo del agua. Esperamos que os guste!


A BIBLIOTECA CO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e a Biblioteca do CEE A Barcia quere colaborar na concienciación sobre a importancia de coidar e conservar o noso planeta. 
El 5 de junio es el Día Mundial del Medio Ambiente y la Biblioteca del CEE A Barcia quiere colaborar en la concienciación sobre la importancia de cuidar e conservar nuestro planeta.


jueves, 6 de junio de 2019

AXUDAS Á FINANCIACIÓN DE GAFAS, AUDÍFONOS OU SISTEMAS DE MONITORIZACIÓN DE GLUCOSA

A/A DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CEE A BARCIA 

Queridas familias:

Dende o Departamento do Orientación do centro, informámosvos que a FUNDACIÓN BANCO FARMACÉUTICO DE GALICIA é unha entidade que ten por obxectivo dar resposta ás necesidades actuais de acceso ao medicamentos e tratamentos de persoas que non poden facerse cargo do copago.
Dita entidade axuda á financiación ( previo informe social previo) de gafas, audiófonos ou sistemas de monitorización de glucosa de aqueles menores con familias en situación de pobreza ou risco de exclusión social.
Para ampliar a información ou calquera outra dúbida poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 627889104.
Un cordial saúdo
Esperanza Rivas  (Orientadora)

Queridas familias: Desde el Departamento del Orientación del centro, os informamos que la FUNDACIÓN BANCO FARMACÉUTICO DE GALICIA es una entidad que tiene por objetivo dar respuesta a las necesidades actuales de acceso a medicamentos y tratamientos de personas que no pueden hacerse cargo del copago. Dicha entidad ayuda a la financiación ( previo informe social previo) de gafas, audiófonos o sistemas de monitorización de glucosa de aquellos menores con familias en situación de pobreza o riesgo de exclusión social. Para ampliar la información o cualquier otra duda pueden ponerse en contacto con la entidad a través del teléfono 627889104.

lunes, 3 de junio de 2019

A NUBE VIAXEIRA


O Departamento de Orientación do colexio, segue a traballar no Programa de Habilidades Socias. 
Nesta ocasión as alumnas en prácticas ( 2 da Facultade de Psicoloxía e unha do ciclo de Integración Social do CIFP Compostela ) tendo como temática as Emocións elaboraron un marabilloso conto. 
María, Noelia e Laura, demostraron unha vez máis que son alumnas de sobresaliente. Se queredes comprobalo, non tedes máis que ler a súa fermosa historia. 
Enhoraboa!
El Departamento de Orientación del colegio, sigue trabajando en el Programa de Habilidades Socias. En esta ocasión las alumnas en prácticas ( 2 de la Facultad de Psicología y una del ciclo de Integración Social del CIFP Compostela ) teniendo cómo temática las Emociones elaboraron un maravilloso cuento. María, Noelia y Laura, demostraron una vez más que son alumnas de sobresaliente. Si queréis comprobarlo, no tenéis más que leer su hermosa historia. 
Enhoraboa!