domingo, 28 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021.

Despois do Samaín celebramos o Magosto. Aquí vos deixamos un vídeo que resume o ben que o pasamos.
Después del Samaín celebramos el Magosto. Aquí os dejamos un vídeo que resume lo bien que lo pasamos.

FADEMGA Plena Inclusión Galicia

A Asociación FADEMGA Plena inclusión Galicia nace en 1979 como unha entidade sen ánimo de lucro, integrada por varias asociacións, repartidas entre as catro provincias galegas. Ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a das súas familias.

ACTIVIDADES E SERVIZOS QUE OFERTA ÁS FAMILIAS

1.-Información, orientación e asesoramento familiar. 

Consultas e dúbidas formuladas polas familias naqueles aspectos que o precisen. Ofrecen tamén un Servizo de Asesoría Xurídica a través de consultas individuais e de charlas xurídicas.

2.-Apoio emocional. 

A través de grupos formados por nais, pais, irmáns ,etc. que se reúnen periodicamente para compartir experiencias, sentimentos, e que puntualmente poden recibir a charla dun experto sobre algunha materia que lles interese.

3.-Dinamización.

Organizan e facilitan a participación en charlas, encontros, obradoiros e outro tipo de actividades (congresos, foros, etc.) a nivel local, autonómico e estatal. Deste xeito os familiares poden expoñer e compartir temas do seu interese: a educación, a saúde, os recursos e servizos aos que poden acudir, as emocións, o futuro, etc.

4.-Formación. 

Ofrecen talleres monográficos ou accións formativas puntuais demandadas polas familias sobre distintas temáticas: autodeterminación, calidade de vida persoal e familiar, ética, emocións,...

5.-Fondo documental.

Publicación de documentos de interese para ás familias, como a Guía Xurídica (manual para os titores), e tamén conta cunha biblioteca con materiais e libros aos que poden acceder os familiares interesados.

6.-Respiro Familiar. 

É un servizo dirixido aos familiares-coidadores orientado a evitar a sobrecarga dos familiares que coidan diariamente a persoas con discapacidade intelectual.

Este servizo traballa ofrecendo prestacións ás persoas con discapacidade intelectual ou o desenvolvemento, para que os seus coidadores habituais poidan gozar duns días de descanso.

As quendas de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos non lectivos. Neste tempo, os monitores organizan unha serie de actividades que responden os intereses dos/as nenos/as e que na medida do posible trátanse de acordar. As actividades inclúen excursións á praia, piscina, paseos... así como outras actividades en lugares pechados: cinema, teatro, museos, exposicións...

Cada familia pode utilizar un máximo de 20 días de servizo ao ano nas estancias en instalacións comunitarias, así como 60 horas de apoios individuais, excepto aqueles con familiares que presentan algún problema de conduta, casos nos que a atención pode chegar aos 30 días anuais..

Actualmente existen 3 modalidades:

  • Estancias longas, medias ou de fin de semana en quendas programadas. Existen varias quendas ao longo do ano e realízanse en instalacións comunitarias.

  • Estancias sen aloxamento. Esta modalidade realízase cando a asociación organiza unha actividade dirixida ás familias. A atención é durante as horas que dura a actividade (por exemplo durante os encontros ou xornadas de familias).

  • Apoios puntuais (canguros). A atención realízase no domicilio familiar ou no hospital.

Para máis información podedes consultar a sección de Atención a Familias, ou informarvos no 981 51 96 50.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEE A BARCIA

viernes, 26 de noviembre de 2021

MILLA DIARIA - EDUSAÚDE: CAMIÑO DE SANTIAGO

Este ano o noso centro participa en 3 programas:
A través destes 3 programas fomentaremos no alumnado e demais membros da Comunidade Educativa un estilo de vida saudable: a actividade física diaria, unha alimentación equilibrada e un bo uso do ocio e tempo de lecer. 
Nesta entrada queremos falarvos dunha actividade a nivel de centro que comezamos este luns dentro de Edusaúde e Unha Milla Diaria (aínda que a milla diaria xa a empezamos a facer desde o inicio de curso).
"Bo Camiño" é o seu nome. Cada semana sumaremos tódalas millas diarias que realizamos no centro e avanzaremos no Camiño de Santiago (O Camiño Francés). 
Para poñer en marcha esta actividade o Equipo Docente do centro elaborou diversos materiais (algúns deles feitos polo alumnado):
  • PERCORRIDO MILLA DIARIA (para bo tempo e mal tempo)

  • SINALIZACIÓN DO CAMIÑO:



  • RUTA CAMIÑO FRANCÉS.


  • CUNCHAS PARA O CAMIÑO.

  • PACO CANSADO (Mascota Bo Camiño do CEE A BARCIA)
  • MURAL INICIO CAMIÑO: Bo Camiño!

  • PANEL INFORMATIVO DO CAMIÑO:

Queremos animar a toda a comunidade educativa a participar no noso Camiño!


Este año nuestro centro participa en 3 programas: Una milla diaria, aliméntate bien y Edusalud. 
A través de estos 3 programas fomentaremos en el alumnado y demás miembros de la Comunidad Educativa un estilo de vida saludable: la actividad física diaria, una alimentación equilibrada y un buen uso del ocio y tiempo libre. 
En esta entrada queremos hablaros de una actividad a nivel de centro que empezamos este lunes dentro de Edusalud y Una milla diaria (aunque la milla diaria ya la empezamos a hacer desde el inicio de curso). 
"Buen Camino" es su nombre. Cada semana sumaremos todas las millas diarias que realizamos en el centro y avanzaremos en el Camino de Santiago (El Camino Francés). 
Para poner en marcha esta actividad el Equipo docente del centro elaboró diversos materiales (algunos de ellos hechos por el alumnado):
  • RECORRIDO MILLA DIARIA (para buen tiempo y mal tiempo).
  • SEÑALIZACIÓN DEL CAMINO.
  • RUTA CAMINO FRANCÉS
  • CONCHAS PARA EL CAMINO.
  • PACO CANSADO (Mascota Buen Camino del CEE A BARCIA)
  • MURAL INICIO CAMINO: Buen Camino
Queremos animar a toda la comunidad educativa a participar en nuestro Camino!

lunes, 22 de noviembre de 2021

22 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Música!. 
Hoy conmemoramos el Día Internacional de la Música!


A Biblioteca Escolar participou facendo unha exposición na entrada do cole. Pero fixádevos ben, que vedes?... Eses instrumentos foron elaborados con Telmo (mestre de Educación Musical).
La Biblioteca Escolar participó haciendo una exposición en la entrada del cole. Pero fijaros bien, que veis?... Eses instrumentos fueron elaborados con Telmo (profesor de Educación Musical).


FORMACIÓN Y EVACUACIÓN DEL CENTRO. SIMULACRO

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o CEE A Barcia realizou hoxe unha charla dirixida a todo o persoal do centro, co fin de que os traballadores adquiran conciencia sobre os posibles riscos que poden xurdir no noso día a dia, e así estean informados, das medidas de protección máis elementais
A charla foi impartida por Jesús Valencia Sar, bombeiro experto en Plans de Auto-protección. A actividade está enfocada a que os centros educativos elaboren ou teñen actualizado un Plan de Auto- protección propio, que sexa real e eficaz ante situacións de emerxencia.
Os obxectivos destas charlas están relacionados con:
  • Analizar as posibles situacións de emerxencia.
  • Adoptar nocións básicas en primeiros auxilios-
  • Promover a formación do persoal en temas relacionados coa prevención
Unha vez rematada a charla, realizamos un simulacro de evacuación, que como sempre foi todo un éxito.

Como viene siendo habitual en los últimos años, el CEE A Barcia realizó una charla dirigida a todo el personal del centro, con el fin de que los trabajadores adquieran conciencia sobre los posibles riesgos que pueden surgir en nuestro día a día, y así estén informados, de las medidas de protección más elementales.
La charla fue impartida por Jesús Valencia Sar, bombero experto en Planes de Auto-protección. La actividad está enfocada a que los centros educativos elaboren o tengan actualizado un Plan de Auto-protección propio, que sea real y eficaz ante situaciones de emergencia.
Los objetivos de esta charla están relacionados con:
  • Analizar las posibles situaciones de emergencia.
  • Adoptar nociones básicas en primeros auxilios.
  • Promover la formación del personal en temas relacionados con la prevención. 
Una vez acabada la charla, realizamos un simulacro de evacuación, que como siempre fue todo un éxito.



CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.

E aquí tedes o vídeo da celebración do Samaín. Que medo!!!
Cada nivel do cole traballou un conto e prepararon un photocall relacionado co mesmo (ademais das diversas actividades organizadas nas aulas), tamén tivemos "Apócemas de Bruxa" e un contacontos moi especial. 
Y aquí tenéis el vídeo de la celebración del Samaín. qué miedo!
Cada nivel del cole trabajó un cuento y prepararon un photocall relacionado con el mismo (además de las diversas actividades organizadas en las aulas), también tuvimos "Pócimas de Brujas" y un cuentacuentos muy especial. 

lunes, 15 de noviembre de 2021

UN VAMPIRO PELIGROZO

Unha das actividades que levamos a cabo dende o Equipo de Biblioteca durante este Samaín foi a organización dunha boa contada iso si, por niveis, para respectar os grupos burbulla do centro. O conto escollido foi o traballado no 1º nivel: “Un vampiro peligrozo”, e a posta en escena foi do máis máxica, xa que a levamos a cabo cun teatriño de sombras. Con este vídeo deixámosvos unha pequena mostra agardando que a gocedes tanto como o fixemos todos nós.

Una de las actividades que llevamos a cabo desde el Equipo de Biblioteca durante este Samaín fue la organización de un cuentacuentos eso si, por niveles, para respectar los grupos burbujas del centro. El cuento elegido fue el trabajado en el 1º nivel “Un vampiro peligroso”, y la puesta en escena fue de lo más mágica, ya que la llevamos a cabo con un teatrillo de sombras. Con este vídeo os dejamos una pequeña muestra esperando que la disfrutéis tanto como lo hicimos nosotros.

jueves, 11 de noviembre de 2021

RESPIROS FADEMGA

Estimadas familias:

A FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO (FADEMGA) pon á vosa disposición un programa de estancias programadas (Respiros familiares).

Este servizo ofrece prestacións ás persoas con discapacidade intelectual para que os seus coidadores habituais poidan descansar ou recibir asistencia para un problema de saúde ou doutro tipo que lles impida prestarlle nese período toda a atención que requiren.

Os períodos de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos de vacacións.
Para máis información tamén podedes contactar a través do teléfono 981 51 96 50.

Estimadas familias:
La Federación Gallega de Asociaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo (FADEMGA) pone a vuestra disposición un programa de estancias programadas (Respiros familiares). 
Este servicio ofrece prestaciones a las personas con discapacidad intelectual para que sus cuidadores habituales puedan descansar o recibir asistencia para un problema de salud o de otro tipo que les impida prestarle en ese período toda la atención que requieren. 
Los períodos de respiro familiar se concentran habitualmente en puentes y períodos de vacaciones.
Para más información también podéis contactar a través del teléfono 981519650.

Cadro de estancias programadas - ÚLTIMO TRIMESTRE 2021
Cuadro de estancias programacas - Último trimestre 2021


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEE A BARCIA

lunes, 8 de noviembre de 2021

OUTONO - MAGOSTO


O venres 5 celebramos no cole o Magosto. Aproveitando esta celebración o Equipo de Biblioteca realizou unha exposición de libros relacionados co Outono e con esta festa tradicional galega. 
El viernes 5 celebramos en el cole el Magosto. Aprovechando esta celebración el Equipo de Biblioteca realizó una exposición de libros relacionados con el Otoño y con esta fiesta tradicional gallega.


miércoles, 3 de noviembre de 2021

EL MONSTRUO QUE SE COMIÓ LA OSCURIDAD. 3º NIVEL

O Equipo de Biblioteca do centro propúxonos a cada un dos niveis traballar un conto como actividade relacionada co Samaín. O 3º nivel do cole (aulas 3, 5 e 7) traballaron o conto "El monstro que se comió la oscuridad". Cada aula realizou diferentes actividades pero prepararon unha actividade final conxunta.
El Equipo de Biblioteca del centro nos propuso a cada uno de los niveles trabajar un cuento como actividad relacionada con el Samaín. El 3º nivel del cole (aulas 3,5 y 7) trabajaron el cuento "El monstro que se comió la oscuridad". Cada aula realizó diferentes actividades pero prepararon una actividad final conjunta. 


Para iso, previamente, cada alumno/a fixo un monstro cun calcetín e conxuntamente prepararon un panel con moita escuridade pegada con velcro.
Para eso, previamente, cada alumno/a hizo un monstruo con un calcetín y conjuntamente prepararon un panel con mucha oscuridad pegada con velcro. 


O alumnado da aula 3 realizou un contacontos para os seus compañeiros/as de nivel.
El alumnado del aula 3 realizó un cuentacuentos para sus compañeros/as de nivel. 



E despois puxéronse os monstros nas mans e a comer a escuridade (como fixo o noso monstro).
Y después se pusieron los monstros en las manos y a comer la escuridad (como hizo nuestro monstruo)



E como aconteceu no conto, a escurdade volveu.
Y como sucede en el cuento, la oscuridad volvió.


Unha forma divertida para acabar un conto.
Una forma divertida para finalizar un cuento.

martes, 2 de noviembre de 2021

TORTA DE MAZÁ. AULA 3

O alumnado da aula 3 elaborou esta rica (riquísima... damos fe diso!) torta de mazá usando as mazás do patio do cole!. Quen se anima a facela na casa?
El alumnado del aula 3 elaboró esta rica (riquísima... damos fe de ello) tarta de manzana usando las manzanas del patio del cole. ¿Quién se anima a hacerla en casa?

DESDE A BARCIA ATA A PALMA

Cando as cousas non van ben, unha pequena acción pode por un sorriso na cara dun raparigo e rapariga. Desde A Barcia para A Palma con todo o noso cariño e ánimos!
Cuando las cosas no van bien, una pequeña acción puede poner una sonrisa en la cara de un niño y niña- Desde A Barcia para A Palma con todo nuestro cariño y ánimos!