miércoles, 26 de noviembre de 2014

BLOG DE PRENSA-ESCUELA DA AULA 5

Varias aulas do noso centro participan no programa de prensa-escuela organizado pola Voz de Galicia.

Na aula 5 puxeron en funcionamento un blog e dende aquí queremos animarvos a que o visitedes:

CEE A BARCIA A5



SAMAÍN - MAGOSTO 2014

Tras un largo parón xa estamos de volta!. 

Como cada Novembro no centro celebramos o Samaín e o Magosto. Unha festa que ao noso alumnado gústalle moito. Este ano fixemos unha festa de disfraces, realizamos uns xogos, comemos as castañas e para finalizar un pouquiño de música para animarnos.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos!


 


Tras un largo parón ya estamos de vuelta!
Como cada Noviembre en nuestro centro celebramos el Samaín y el Magosto. Una fiesta que a nuestro alumnado le gusta mucho.
Este año hicimos una fiesta de disfraces, realizamos unos juegos, comemos las castañas y para finalizar un poco de música para animarnos.
En el siguiente vídeo podeis ver lo bien que lo pasamos!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Os alumnos do PCPI disfrutaron moitísimo dunha excursión ó Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Aquí tedes un video con tódalas cousas que alí fixeron.


Los alumnos del PCPI disfrutaron muchísimo de una excursión al Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Aquí tenéis un video con todas las cosas que allí hicieron.

jueves, 8 de mayo de 2014

Contos adaptados da biblioteca


Este curso, dende a biblioteca, propuxémonos a tarefa de adaptar dous contos tradicionais para adecualos ás necesidades e capacidades do noso alumnado. Os contos son PINOCHO e CINCENTA.
O proceso de adaptación consiste no tratamento de imaxes , do texto e no apoio visual dos contidos con pictogramas. As páxinas dos contos están plastificadas para facilitar a manipulación das mesmas e a súa conservación.


En canto o tratamento das imaxes, tratamos de achegar o estímulo visual ós alumnos e alumnas. Para conseguilo, ampliamos ditas imaxes para facilitar a súa percepción.
Estos bonitos dibuxos son proporcionados pola revista  de recursos didácticos "Maestra de infantil" da editorial EDIBA.




O texto narrativo adaptouse mediante a simplificación dos contidos, tentando unha linguaxe sinxela e adaptada á capacidade de entendemento do noso alumnado, así como a utilización de pictogramas de ARASAAC como apoio visual e conceptual da narración.
O resultado é o que vos mostramos nas imaxes. Esperamos que sexan ben acollidos polo alumnado, familias e docentes.




Este curso, desde la biblioteca, nos propusimos la tarea de adaptar dos cuentos tradicionales para adecuarlos a las necesidades y capacidades de nuestro alumnado. Los cuentos son PINOCHO y CINCENTA.
El proceso de adaptación consiste en el tratamiento de imágenes , del texto y en el apoyo visual de los contenidos con pictogramas. Las páginas de los cuentos están plastificadas para facilitar la manipulación de las mismas y  su conservación.
En cuanto al tratamiento de las imágenes, tratamos de acercar el estímulo visual a los alumnos y alumnas. Para conseguirlo, ampliamos dichas imágenes para facilitar  su percepción.
Estos bonitos dibujos son proporcionados por la revista de  recursos didácticos "Maestra de infantil" de la editorial EDIBA.
El texto narrativo se adaptó mediante la simplificación de los contenidos,intentando un lenguaje sencillo y adaptado a la capacidad de entendimiento de nuestro alumnado, así como la utilización de pictogramas de ARASAAC como apoyo visual y conceptual de la narración.
El resultado es lo que os mostramos en las imágenes. Esperamos que sean bien acogidos por el alumnado, familias y docentes.


lunes, 5 de mayo de 2014

Contacontos na biblioteca



 Aproveitando a celebración do día do libro, dende a biblioteca organizouse un contacontos para todo o colexio. Fixemos dúas tandas para que non houbera tanto ruido e puideramos escoitar os contos máis tranquilamente. Os títulos elexidos foron "No bosque", "Tío Lobo" e "Os tres porquiños".




Para contar o conto de "No bosque", utilizouse un panel gráfico e figuras recortadas para reforzar a súa lectura e que resultara máis atractivo para os rapaces.



 Lucía contou "Tío Lobo" a través dunha marioneta que xa é coñecida polos nosos alumnos. Gústalles moito.


 


E para contar "Os tres porquiños" utilizáronse uns libros feitos polo equipo da biblioteca que en próximas entradas poderedes ver en detalle.




A xornada foi un éxito. Esperamos que vos gusten as fotos. Ata pronto!

 Aprovechando la celebración del día del libro, desde la biblioteca se organizó un cuentacuentos para todo el colegio. Hicimos dos tandas para que no hubiera tanto ruido y pudiéramos escuchar los cuentos más tranquilamente. Los títulos elegidos fueron "No bosque", "Tío Lobo" e "Os tres porquiños".


Para contar el cuento de "No bosque", se utilizó un panel gráfico y figuras recortadas para reforzar  su lectura y que resultara más atractivo para los chicos.

Lucía contó "Tío Lobo" a través de una marioneta ya conocida por nuestros alumnos. Les encanta.

Y para contar "Os tres porquiños" se utilizaron unos libros hechos por el equipo de biblioteca y que en próximas entradas podréis ver en detalle.

La jornada fue un éxito. Esperamos que os gusten las fotos. ¡Hasta pronto!

viernes, 25 de abril de 2014

Despedimos a Julia



Despois de tantos anos, chegou o momento de dicirlle adeus a nosa querida Julia. Julia foi enfermeira deste centro durante trinta e dous anos. Desenvolveu o seu labor con toda a profesionalidade e o cariño do mundo, sempre cun sorriso e unha palabra amable para os alumnos. Moitos dos maiores tamén botamos en falta os seu mimos, porque ela tiña abondo para todos. Por iso, querida Julia, desexámoste de corazón unha estupenda xubilación, chea de bos momentos coa túa familia, cos preciosos netos que teñen a sorte de terte como avoa e coa tranquilidade que che vai dar o traballo ben feito. Botarémoste moitísimo de menos. 


Después de tantos años, llegó el momento de decirle adiós a nuestra querida Julia. Julia fue enfermera de este centro durante treinta y dos años, y de eso hace ya mucho tiempo. Desarrolló su labor con toda la profesionalidad y el cariño del mundo, siempre con una sonrisa y una palabra amable para los alumnos. Muchos de los mayores también echamos de menos sus mimos, porque ella tenía de sobra para todos. Por eso, querida Julia, te deseamos de corazón una estupenda jubilación, llena de buenos momentos con tu familia, con esos preciosos nietos que tienen la suerte de tenerte como abuela, y con la tranquilidad que da el trabajo bien hecho. Te echaremos muchísimo de menos.

jueves, 10 de abril de 2014

Cómo traballamos coas tablets


O traballo que realizamos co noso alumnado, varía en función das caracterísiticas e necesidades de cada alumno en concreto. Sobre todo centrámonos nos seguintes aspectos para seleccionar as actividades a realizar con cada un:
  • Capacidade cognitiva do alumno.
  • Se é capaz de tocar a tablet cun dedo (xesto de sinalar).
  • Se é capaz de traballar cando se lle presentan diferentes estímulos ó mesmo tempo.
  • Se é capaz de controlar, en certa medida, a súa impulsividade.
  • Se é quen de realizar unha actividade por si mesmo ou si necesita supervisión continua.
A única adaptación que fixemos nas tablets foi aumentar o tempo de bloqueo que pasou a ser de 30 minutos.
As aplicacións coas que traballamos descargámolas en Google Play e son gratuítas (con algunhas so podemos traballar ata certa pantalla) e outras elaborámolas coa Araboard, Lim e Power Point,
Exemplo de actividades cas que traballamos:
  • Actividades para entrar en contacto coa tablet e traballar causa-efecto:



  • Actividades de atención:




  • Actividades de memoria:

  • Labirintos:

  • Actividades de grafomotricidade:

  • Actividades de pintar:

  • Os sentimentos:

  • Actividades de vocabulario:

  • Varios contidos:

  • Comunicadores: Elaboramos comunicadores para o alumnado co PictoDroid Lite:

  • Contos elaborados no colexio en formato video:

  • Presentacións en power point.




  • Actividades Lim elaboradas (algunhas actividades non se poden realizar):

O listado de aplicacións que realizamos no grupo de traballo atópase no seguinte enlace:





jueves, 27 de marzo de 2014

Os rapaces do PCPI fan orellas

Ola! Como xa vos imaxinaredes, no cole estivemos celebrando o Entroido. Fomos á discoteca, disfrazámonos e comimos un bo cocido que nos fixeron as nosas cociñeiras. Como non queríamos ser menos , quixemos contribuir co postre. E dito e feito, fixenmos orellas para compartir con todos. Estaban riquísimas!!


¡Hola!. Como ya os imaginareis, en el cole estuvimos celebrando el Carnaval. Fuimos a la discoteca, nos disfrazamos y comimos un buen cocido que nos hicieron nuestras cocineras. Como no queríamos ser menos, quisimos contribuir con el postre. Y dicho y hecho, hicimos orejas para compartir con todos.¡ Estaban muy ricas!

miércoles, 26 de marzo de 2014

Unha experiencia plástico-musical


 O pasado Febreiro, realizamos unha experiencia onde as verbas sobraban e pasaba a cobrar importancia a música en interacción cos rapaces.

Os rapaces do noso centro plasmaron nunha lámina, por medio de pinturas, o que a música lles ía suxerindo.
A música cun carácter improvisado , foi realizada tanto por mestres , coidadoras e fisioterapeutas con diversos instrumentos de percusión (tambor oceánico, spring drum, cuencos tibetanos...) tentando crear un clima relaxado no que os rapaces poideran expresar libre e plásticamente os seus sentimentos.




 Unha experiencia moi enriquecedora na que se viu reflexado nun traballo colaborativo cousas moi interesantes, creando un ambiente distendido de colaboración e participación educativa.
Este foi o resultado. Esperamos que sexa o inicio de moitas outras actividades deste tipo.

 

 El pasado Febrero, realizamos una experiencia onde las palabras sobraban y pasaba a cobrar importancia la música en interacción con los chicos.
  Los chicos de nuestro centro plasmaron en una lámina, por medio de pinturas, lo que la música les iba sugiriendo.
La música con un  carácter improvisado , fue realizada tanto por maestros , cuidadores y fisioterapeutas con diversos instrumentos de percusión (tambor oceánico, spring drum, cuencos tibetanos...) intentando crear un clima relajado en el que los chicos pudieran expresar libre y plásticamente  sus sentimentos.
 Una experiencia muy enriquecedora en la que se vio reflejado en un trabajo colaborativo cosas muy interesantes, creando un ambiente distendido de colaboración y participación educativa.
Este fue el resultado. Esperamos que sea el inicio de muchas otras actividades de este tipo.



miércoles, 19 de marzo de 2014

Tablets nas aulas


O curso pasado no noso centro realizamos un grupo de traballo relacionado coas posibilidades educativas que as tablets poderían ofrecer ónoso alumnado.
Dando continuidade ao mesmo,  este ano elaboramos un plan de implementación do uso das tablets centrándonos fundamentalmente en dous aspectos: 
  • A tablet como comunicador
  • A tablet como un recurso para traballar os procesos cognitivos básicos do noso alumnado.

As aulas 3 e 5 traballamos conxuntamente con elas dous días á semana, centrándonos sobre todo en xogos que favorezan a atención, a percepción e a memoria do noso alumnado. A experiencia está resultando moi satisfactoria e observamos nos nenos e nenas unha motivación extra á hora de traballar con este recurso tecnolóxico.





El curso pasado en nuestro centro realizamos un grupo de trabajo relacionado con las posibilidades educativas que las tablets podrían ofrecer a nuestro alumnado. 
Dando continuidad al mismo,  este año elaboramos un plan de implementación del uso de las tablets centrándonos fundamentalmente en dos aspectos: 
  • La tablet como comunicador
  • La tablet como un recurso para trabajar los procesos cognitivos básicos de nuestro alumnado. 
Lass aulas 3 y 5 trabajamos conjuntamente con ellas dos días a la semana, centrándonos sobre todo en juegos que favorezcan la atención, la percepción y la memoria de nuestro alumnado. La experiencia está resultando muy satisfactoria y observamos en los niños y niñas una motivación extra a la hora de trabajar con este recurso tecnológico.


viernes, 7 de marzo de 2014

Despedindo ó noso "becario"


E con ise grande e permanente sorriso despediuse de nós Brais, alumno de cuarto ano de  Grao de Pedagoxía que estivo facendo prácticas no noso centro durante un tempiño. Brais estivo no Departamento de orientación, pero tamén se empapou do ambiente das aulas, aprendendo un pouco da nosa labor e ensinándonos moitas cousas a nós. Traballou moitísimo poñendo ó día os paneis sinalizadores do internado e ata foi quen de atender a megafonía en momentos nos que facía falla botar unha man. Porque a verdade é que hai xente que chega e se funde cos sitios, coas persoas e coas circunstancias, facéndoo tan naturalmente que parece que estiveran ahí dende sempre.
Moita sorte querido becario!





Y con esa gran y permanente sonrisa se despidió de nosotros Brais, alumno de cuarto año de  Grado de Pedagogía que estuvo haciendo prácticas en nuestro centro durante un tiempo. Brais estuvo en en Departamento de orientación, pero tambien se empapó del ambiente de las aulas, aprendiendo un poco de nuestra labor y enseñándonos muchas cosas a nosotros. Trabajó muchísimo poniendo al día los paneles señalizadores del internado y hasta atendió la megafonía en momentos en los que hacía falta echar una mano. Porque la verdad es que hay gente que llega y se funde con los sitios, con las personas y con las circunstancias, haciéndolo tan naturalmente que parece que estuvieran ahí desde siempre.
Mucha suerte querido becario!

lunes, 24 de febrero de 2014

Querote máis!

Xa sabedes o que nos gustan as festas no Cee A Barcia. Por iso, aínda que non estea no currículo, nós quixemos celebrar o día do amor. Entre outras actividades, o equipo de Audición e Linguaxe do centro preparou esta montaxe de fotos que quedou tan bonita e que nos gusta tanto. Por iso queremos compartila con todos vós. Disfrutádea!

*Canción: Quérote máis, O sonoro Maxín.
 


Ya sabéis lo que nos gustan las fiestas en el Cee A Barcia. Por eso, aunque no esté en el currículum, nosotros quisimos celebrar el día del amor. Entre otras actividades, el equipo de Audición y Lenguaje del centro preparó este montaje de fotos que quedó tan bonito y que nos gusta tanto. Por eso queremos compartirlo con todos vosotros. ¡Disfrutadla!

miércoles, 12 de febrero de 2014

Elaboramos material de estimulación táctil

Seguindo as recomendacións da asesora da ONCE estamos a realizar material para unha alumna do noso centro que presenta unha deficiencia visual, centrándonos na estimulación táctil.
 





Recoñecer de que material se trata: arroz, fariña, papel, la ou algodón.











Atopar o que ten un tacto diferente.











Grandes e pequenos: atopar as parellas (buscar os dous círculos que estean feitos co mesmo  material)











Atopar o rectángulo que ten o mesmo tacto que o modelo.

















Siguiendo las recomendaciones de la asesora de la ONCE estamos realizando material para una alumna de nuestro centro que presenta una deficiencia visual, centrándonos en la estimulación táctil.

Foto 1: reconocer de qué material se trata: arroz, harina, papel, lana o algodón.
Foto 2: Encontrar lo que tiene un tacto diferente.
Foto 3: Grandes y pequeños. Encontrar las parejas (buscar los dos círculos que estén hechos con el mismo material).
Fotos 4 y 5: Encontrar el rectángulo que tiene el mismo tacto que el modelo.