Mostrando entradas con la etiqueta Audición e linguaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audición e linguaxe. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de enero de 2025

REMATE FORMACIÓN LSE

Hoxe rematamos o curso de Lingua de Signos, quedamos con ganas de máis. Moitas grazas Cris!!!

Hoy acabamos el curso de Lengua de Signos, quedamos con ganas de más. Muchas gracias Cris!!!

lunes, 13 de enero de 2025

CURSO LSE. 13 XANEIRO

Tras o parón polo Nadal, continuamos co noso curso en Lingua de Signos.
Tras el parón por la Navidad continuamos con nuestro curso en Lengua de Signos.

viernes, 19 de junio de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE XI (Traballando na casa)

Boas de novo: 
Chegou a hora de despedirnos ata o novo curso! Despois destes meses de traballo e de ter que adaptarnos a novas normalidades, comezan por fin as vacacións e esperamos de verdade que todos os nosos rapaces e rapazas poidan desfrutar un montón no verán. Oxalá que todo sexan novas experiencias e moito aire libre, que de casa xa estamos todos algo cansos, non? 
Esta vez, dende o equipo de AL vos ofrecemos varias actividades que podedes ir facendo ao longo do verán. 
  • O verán é unha época para novas experiencias. No verán experimentamos novas emocións e sentimentos e todas estas vivencias nos axudan a medrar e a coñecer mellor o mundo que nos rodea. Por iso vos recomendamos varias actividades relacionadas coas emocións (vocabulario básico relacionado, comprensión de situacións e a súa relación coas emocións, como actuar cando nos atopamos dun ou outro xeito...).                                                                        Ademais, animámosvos a recoller en fotografías feitos que asociedes a estas emocións. Podémolas ver cos rapaces e rapazas á volta de vacacións e seguro nos resultarán moi útiles para seguir traballando e para que o noso alumnado nos poida contar o que fixo no verán. 



  • Recomendamos tamén que durante o verán sigades fomentando, sobre todo, hábitos e habilidades comunicativas coas voso fillos e fillas. Para iso podedes seguir estimulando a través de xogos e actividades para facer en familia que fomentarán todos estes aprendizaxes: xogar, cantar, ler ou contar contos, ver fotografías familiares ou imaxes que lles interesen e poder falar sobre elas (vocabulario, preguntas...), provocar pequenas conversas para que se expresen, xogar a adiviñas, xogos ou aplicacións para tablet (tedes unha entrada no blog con algún recomendado), etc. 
Antes de despedirnos e para que poidades empezar, deixámosvos cancións adaptadas e contos cos que seguro desfrutaredes. 

A RIANXEIRA


EL TRACTOR AMARILLO


LA FAMILIA PIG VA A LA PLAYA



A TOUPIÑAQUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA


Moi bo verán e boas vacacións para todos e todas. Esperámosvos en setembro con moita ilusión por saber todo o que fixestes no verán! 

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

domingo, 7 de junio de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE X (Traballando na casa)

Boas de novo: 
Dende o equipo de AL queremos seguir ofrecendo xogos e actividades que permitan o desenvolvemento da linguaxe dos nosos rapaces e rapazas. Nesta ocasión, ofrecemos xogos de adiviñas con pistas visuais que podedes ir facendo ao longo dos días e nas que seguro pode participar toda a familia. Ademais, deixamos unha actividade para xogar á descrición de persoas pero que tamén pode servir para traballar a comprensión (podedes describir vós e que eles adiviñen). As dúas propostas están en galego e castelán para que escollades a que consideredes. 
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia 
Buenas de nuevo: 
Desde lo equipo de AL queremos seguir ofreciendo juegos y actividades que permitan el desarrollo del lenguaje de nuestros chicos y chicas. En esta ocasión, ofrecemos juegos de adivinanzas con pistas visuales que podéis ir haciendo a lo largo de los días y en las que seguro puede participar toda la familia. Además, dejamos una actividad para jugar a la descripción de personas pero que también puede servir para trabajar la comprensión (podéis describir vosotros y que ellos adivinen). Las dos propuestas están en gallego y castellano para que escojáis la que consideréis. 
Equipo de Audición y Lenguaje del CEE A Barcia

viernes, 22 de mayo de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE IX (Traballando en casa)

Boas de novo: 
Para seguir traballando vocabulario, hoxe vos ofrecemos dous xogos de memory para traballar vocabulario de aniamis e transportes. Ademais, tendes tamén actividades sobre conceptos básicos (tanto en galego como en castelán) que seguro resuntarán moi útiles. 
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia
Buenas de nuevo:
Para seguir trabajando vocabulario, hoy os ofrecemos dos juegos de memory para trabajar vocabulario de animales y transportes. Además tenéis también actividades sobre conceptos básicos (tanto en gallego como en castellano) que seguro os resultarán muy útiles.
Equipo de Audición y Lenguaje del CEE A Barcia
  • MEMORY ANIMAIS

  • MEMORY TRANSPORTES:
Descarga: http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/1838/Loto_Memory_Los_transportes.pdf

  • CONCEPTOS:


miércoles, 13 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE VIII

Boas de novo: 
Neste ocasión, o Equipo de AL do centro deixa dúas actividades para traballar, a diferentes niveis, a comprensión da linguaxe. Neste caso, o xogo de "Simón di" co que poderemos traballar a comprensión de ordes sinxelas e por outro lado, unha versión do "Quen e quen" adaptada coa que, ademais de traballar a comprensión (con ou sen apoio visual) podedes tamén traballar a descripción. Como vedes, podemos adaptar as actividades a diferentes niveis. Ademais, deixamos a versión en galego e tamén en castelán, para que empreguedes a que mellor se adapte en cada caso. 
Unha vez máis, esperamos que vos resulten entretidos e útiles. 
Buenas de nuevo:
En esta ocasión, el Equipo de AL del centro deja dos actividades para trabajar, a diferentes niveles, la comprensión del lenguaje. En este caso, el juego de "Simón dice" con el que podremos trabajar la comprensión de órdenes sencillas y por otro lado, una versión del "Quién es quién" adaptada con la que, además de trabajar la comprensión (con o sin apoyo visual) podéis tambien trabajar la descripción. Como veis, podemos adaptar las actividades a diferentes niveles. Además, dejamos la versión en gallego y en castellano, para que uséis la que mejor se adapte en casa caso. 
Una vez más, esperamos que os resulten entretenidos y útiles.
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

GALEGO




CASTELLANO





viernes, 1 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE VII

Boas de novo: 
Esperamos que sigades ben e que esteades tendo uns días o máis levadeiros posible na casa. Esta vez, dende o equipo de AL do centro queremos ofrecervos algunhas ideas para traballar a comprensión da linguaxe. 
Deixamos neste caso dous documentos para traballar, especialmente, a comprensión de preguntas básicas pero tamén, e sempre en función do nivel, o vocabulario básico de accións e emocións, comprensión e explicación de situacións sociais... 
Coma sempre, esperamos que vos poidan ser de utilidade. 
Buenas de nuevo: 
Esperamos que sigáis bien y que estéis teniendo unos días lo más llevaderos posible en casa. Esta vez, desde lo equipo de AL del centro queremos ofreceros algunas ideas para trabajar la comprensión del lenguaje. Dejamos en este caso dos documentos para trabajar, especialmente, la comprensión de preguntas básicas pero también, y siempre en función del nivel, el vocabulario básico de acciones y emociones, comprensión y explicación de situaciones sociales... Como siempre, esperamos que os puedan ser de utilidad.
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

IDENTIFICAMOS LAS EMOCIONES Y SU CAUSA



PREGUNTAS E RESPOSTAS (Verbos ESTAR. Emocións - Estados)

martes, 21 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE VI

Boas de novo: 
Seguimos a traballar o vocabulario e, para hoxe, ofrecemos dúas alternativas do xogo do bingo para xogar en familia: unha opción máis sinxela para relacionar conceptos básicos de diferentes campos semánticos e outra máis complexa para aqueles alumnos/as que precisan tarballar a lectura. 
Esperamos que o pasedes ben aprendendo e animámosvos de novo a facer fotos para que á volta podamos ver todo o que traballaron os nosos rapaces e rapazas. 
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia
Buenas de nuevo:
Seguimos trabajando el vocabulario y, para hoy, ofrecemos dos alternativas del juego de bingo para jugar en familia: una opción más sencilla para relacionar conceptos básicos de diferentes campos semánticos y otra más compleja para aquellos alumnos/as que necesitan trabajar la lectura.
Esperamos que lo paséis bien aprendiendo y animándoos de nuevo a hacer fotos para que a la vuelta podamos ver todo lo que trabajaron nuestros chicos y chicas.



martes, 14 de abril de 2020

TRABALLANDO NA AULA: AUDICIÓN E LINGUAXE V

Boas de novo: 
Unha vez máis, dende o equipo de AL do centro queremos ofrecervos algún recurso e materiais que vos poidan servir para levar a cabo algunhas das actividades propostas. 
Neste caso, ofrecemos como exemplo 2 actividades coas que poderedes traballar vocabulario (especialmente de accións básicas), a elaboración de frases ou a comprensión de preguntas sinxelas. Sempre tendo en conta o nivel e características dos nenos e nenas en cada caso. 
Lembrade que podemos traballar estes aspectos mediante todo tipo de comunicación: oral, xestos, imaxes... o máis importante é fomentar a comprensión e as interaccións comunicativas. 
Nos seguintes enlaces podedes descargar o material:
LIBRO CAILLOU ACTIVITEA: 


LIBRO POCOYO ACTIVITEA: 


Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

lunes, 6 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA. AUDICIÓN E LINGUAXE IV

Boas de novo:
De novo, dende o equipo de AL queremos ofrecervos unha serie de recursos para seguir traballando estes días cos nenos e nenas as habilidades no ámbito da comunicación.
Neste caso, achegamos unha serie de aplicacións para tablet que pensamos poden ser entretidas e útiles para facer cos vosos fillos e fillas. Agrupamos por temática:

APLICACIÓNS PARA TABLET / MÓBIL. EQUIPO DE AL CEE A BARCIA 

► HÁBITOS DE AUTONOMÍA: 
► EMOCIÓNS: 
► LINGUAXE: 
► CONTOS 

► ATENCIÓN 

Esperamos que atopedes aquelas coas que os vosos fillos e fillas desfrutes máis estes días. 
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

Podedes descargar as actividades en PDF aquí:

lunes, 30 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE III

Boas a tod@as de novo: 
Neste caso o equipo de AL do centro ofrece unha serie de xogos dirixidos a aqueles alumnos e alumnas que precisan seguir traballando a súa articulación, procurando sempre unha fala o máis axeitada posible. Con xogos coma estes, pasarédelo de seguro moi ben xuntos e servirán para reforzar aspectos importantes nesta liña.  
Así mesmo, deixamos tamén unha serie de exercicios para favorecer a relaxación, especialmente da cara e pescozo, para axudar a reducir a tensión muscular nestas zonas.

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

jueves, 26 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA. EQUIPO DE AUDICIÓN E LINGUAXE (2ª ENTREGA)

Boas a tod@as de novo: 

Tal e como prometemos dende o equipo de AL do centro, iremos ofrecendo material que vos pode servir para levar a cabo algunhas das actividades propostas. O noso obxectivo é axudarvos e seguir fomentando nos rapaces e rapazas a competencia comunicativa. 
Neste caso ofrecemos algúns títulos da colección de contos visuais "Jose aprende". Son contos moi sinxelos que podedes ver con eles/as. Servirán, en función do nivel, para traballar diferentes aspectos: atención, vocabulario, elaboración de frases, preguntas sinxelas,... 
Esperamos que vos gusten e que pasedes un bo rato lendo. 
Para poder ver os contos facede clic no enlace: 

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA. EQUIPO DE AUDICIÓN E LINGUAXE (1ª ENTRADA)

Boas a tod@as:
Esperamos que esteades pasando o mellor posible estes días na casa. Dende o equipo de AL queremos ofrecervos alternativas de xogos e actividades que fagan máis levadeiro o tempo estes días, que permitan manter certas rutinas cos rapaces e rapazas e, sobre todo, que sirvan para que os nenos e nenas continúen aprendendo habilidades no ámbito comunictivo-lingüístico.
Sobre todo, tratamos de ofrecer recomendacións para todos os niveis e para que poidades escoller aquelas alternativas que máis se axusten as vosas posiblidades, tempo e recursos. Así mesmo, trataremos de ir ofrecendo material complementario que vos axude para levar a cabo todas estas actividades. 
Xa nos contaredes que tal resultaron. Animámosvos incluso a sacar algunha foto realizando algunha delas para que, á volta, eles nos poidan amosar o que fixeron.
RECOMENDACIÓNS PARA FAVORECER A COMUNICACIÓN (especialmente indicado para os niveis 1 e 2)
Lembrade sempre que, para favorecer a comunicación, non debemos adiantarnos aos desexos do neno/a. Así, debemos non adiantarnos ás súas intervencións e dar tempo para que se expresen (a través de palabras, imaxes ou xestos) sempre da forma máis completa posible e premiando estas interaccións. Algúns consellos para favorecer as interaccións comunicativas:
  • Amosar algo do seu interese e esperar a que o pida para entregarllo.
  • Non dar axuda nun primeiro momento, favorecendo que sexa el/ela quen a solicite (xa sexa mirando, empregando unha palabra ou xesto, elaborando unha frase...).
  • Facer preguntas sinxelas (que poderá contestar con xestos, miradas, empregando unha ou dúas palabras...).
  • Dando ordes sinxelas e vinculadas a rutinas habituais (buscamos que as comprenda).
  • Os apoios visuais de imaxes (fotografías, obxectos, pictogramas...) axudan moito á comprensión e expresión dos nosos nenos e nenas.
XOGOS E ACTIVIDADES SINXELAS QUE PODEDES FACER COS NENOS E NENAS
  • Sentarse a ver fotografías familiares e/ou imaxes buscando favorecer a comunicación (en función das posiblidades de cada neno/a): facer preguntas sobre o que se ve (que, onde, como...), localizar elementos da imaxe (onde está...), describir (con palabras, xestos ou frases sinxelas),...
  • Lectura conxunta de contos: na que poidamos comentar o que vamos vendo, facendo preguntas sobre o que vemos, ordenar imaxes en función do que observamos (iremos ofrecendo materiais adaptados que podedes empregar). 
  • Xogos coma memory, bingos, localizar o intruso,... que favorezan habilidades cognitivas (memoria, atención,...) así coma a comunicación (adquisición de vocabulario, comprensión,...).
  • Favorever a comprensión da linguaxe a través de actividades sinxelas da vida diaria: ordenamos unha habitación, cociñamos, aseámonos, colocamos o armario, poñemos a mesa... Así, traballamos a comprensión de ordes sinxelas e aprendemos vocabulario.
  • Facer receitas de cociña sinxelas. Favorece habilidades coma: comprender e seguir ordes sinxelas, aprender vocabulario, ler e escribir... 
  • Vídeos en Youtube que sexan do interese dos nenos e nenas. Aínda que sabemos que non debemos abusar deste recurso, pode ser moi útil se compartimos con eles/as este tempo. Podemos despois facer preguntas sobre o que ven, cantar cancións, aprender os xestos vinculadas a estas para repetir despois... 
  • Contos interactivos ou vídeos de contos en diferentes formatos. Existen apps para a tablet con contos interactivos, contos en youtube con sombras, debuxos, etc.
  • Para desenrolar a capacidade respiratoria son interesantes os xogos de sopro de chifres (silbatos), inflado de globos, sopro de velas, sopro de pelotas de ping-pong...
  • É interesante desenrolar a musculatura maxilofacial facendo xestos que o neno ou nena terá que imitar: a moto, o cabalo, o avión, movendo a lingua de distintas maneiras, movendo os labios ou as mandíbulas... 
  • Por último, recomendamos para os casos nos que exista tensión muscular frecuente, especialmente na zona facial e do pescozo, exercicios de relaxación tanto xeral coma centrados nestas zonas. 
Lembrade que, ao longo destes días iremos ofrecendo materiais e recursos que vos axuden a levar a cabo estas ideas na casa. Esperamos vos resulten de interese.
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

viernes, 28 de diciembre de 2018

AS PALABRAS DO INVERNO

Coa chegada do Inverno o Equipo de Audición e Linguaxe elaborou "As Palabras do Inverno" para que o noso alumnado se familiarice co vocabulario básico desta fermosa e fría estación.
Con la llegada del Invierno el Equipo de Audición y Lenguaje elaboró "Las Palabras del Invierno" para que nuestro alumnado se familiarice con el vocabulario básico de esta hermosa y fría estación. 



miércoles, 5 de diciembre de 2018

AS PALABRAS DO OUTONO

O Equipo de Audición e Linguaxe do centro puxo en marcha a mediados de outubro unha nova actividade para contribuir ao proceso de aprendizaxe do alumnado. "As palabras do..." é un novo espazo do centro onde o noso alumnado entrará en contacto con novas aprendizaxes ou afianzará as xa adquiridas. A primeira temática foi o Outono.
El Equipo de Audición y Lenguaje del centro puso en marcha mediados de octubre una nueva actividad para contribuir al proceso de aprendizaje del alumnado. "Las palabras de ..." es un nuevo espacio del centro donde nuestro alumnado entrará en contacto con nuevos aprendizajes o afianzará los ya adquiridos. La primera temática fue el Otoño.


domingo, 30 de abril de 2017

BROCHETAS DE FROITAS. Parte 1

Na aula 5 estiveron traballando as froitas. Como parte deste traballo baixaron ao apartamento do cole a facer unhas ricas brochetas de froitas, acompañados do mestre de AL, da súa titora e de Sara.



Continuará.... que tamén foron os venres!

viernes, 17 de junio de 2016

COCORICO

Este curso o equipo de AL  desenvolveu varios dos seus obxectivos, e contidos a través dunha metodoloxía  que consiste no aprendizaxe baseado no proxecto "COCORICO" elaborado a través do conto xermano da editorial OQO Editora.
Con este proxecto pretendeuse traballar diferentes aspectos da comunicación e da linguaxe coa elaboración de actividades adaptadas ao noso alumnado con diferentes necesidades.
De seguido presentamos un pequeno resumo en imaxes do traballado.
En vindeiros días mostraremos un video e máis actividades que se realizaron.
Disfrutádeo!!!
Este curso el equipo de AL desarrolló varios de sus objetivos y contenidos a través de una metodología que consiste en el aprendizaje basado  en el proyecto "COCORICO", elaborado a través del cuento alemán de la editorial OQO Editora. Con este proyecto se pretendió trabajar diferentes aspectos de la comunicación y del lenguaje con la elaboración de actividades adaptadas a nuestro alumnado con diferentes necesidades. A continuación presentamos un pequeño resumen en imágenes del trabajo. En los próximos días mostraremos un vídeo y más actividades que realizamos. Disfrutarlo!.











miércoles, 18 de noviembre de 2015

O OUTONO SÉNTESE


O Equipo de Dinamización Lingüística, coa participación do Equipo de Audición e Linguaxe, queren acercar ao alumnado ás estacións a través da estimulación de sensacións perceptivas, visuais...
Este trimestre foi adicado ao Outono e como protagonista o Castiñeiro, presentando o froito deste, as follas, a madeira...
A disfrutar sentindo!!!
El Equipo de Dinamización Lingüística, con la participación del Equipo de Audición y Lenguaje, quieren acercar al alumnado a las estaciones a través de la estimulación de sensaciones perceptivas, visuales... Este trimestre fue dedicado al Otoño y como protagonista el Castaño, presentando el fruto de este, las hojas, la madera...
A disfrutar sintiendo!!!






sábado, 30 de mayo de 2015

PROXECTO LÚA

Durante este curso a mestra de AL traballou a lectoescritura, autoestima e o fomento dun proxecto común co conto LÚA de Kalandraka. No que os/as alumnos/as participaron de forma activa e adaptaron o mesmo a pictogramas e tamén con signos. 
Co motivo da celebración da semana da Lingua de Signos que foi nomeada en xuño, queremos presentar este conto para que todo o alumnado o disfrute, ensine e aprenda.
Durente este curso la profesora de AL trabajó la lectoescritura, autoestima y el fomento de un proyecto común con el cuento LÚA de Kalandraka. En el que los/las alumnos/as participaron de forma activa y adaptaron el mismo a pictogramas y también con signos. Con motivo de la celebración de la semana de la Lengua de Signos que se celebra en junio, queremos presentar este cuento para que todo el alumnado lo disfrute, enseñe y aprenda.