Mostrando entradas con la etiqueta receitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta receitas. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de mayo de 2016

UMMMM! COMPOTA E XELATINA

Os da aula 3 seguimos coa elaboración das nosas merendas, nesta ocasión son dúas receitas fáciles de facer que achegan poucas calorías pero non por iso deixan de ser moi ricas. Aprendemos, entre outras cousas, a utilizar o vaso medidor e coñecer as cantidades, a usar os peladores, tarefa que resultou ser máis fácil do que parecía e sobre todo a esperar, xa,  que as dúas merendas comémolas ao día seguinte porque ambas tiñan que arrefriar na neveira.
 
Los del aula 3 seguimos con la elaboración de nuestras meriendas, en esta ocasión son dos recetas fáciles de hacer que aportan pocas calorías pero no por ello dejan de ser muy ricas. Aprendimos, entre otras cosas, a utilizar el vaso medidor y conocer las cantidades, a usar los peladores, tarea que resultó ser más fácil de lo que parecía y sobre todo a esperar, ya,  que las dos meriendas nos las comimos al día siguiente porque ambas tenían que enfriar en la nevera. 





domingo, 10 de abril de 2016

FACEMOS PALMERITAS E MADALENAS!

Os da aula 3 seguimos cociñando, esta vez unhas madalenas e unhas palmeritas de hoxaldre, esta actividade é unha das que máis gustan, non só por elaborar as receitas e comernos o resultado, senón porque é unha actividade grupal na que todos poñen o seu graniño de area. En cada receita ademais de pasalo ben, tamén traballamos outros aspectos cognitivos como a lecto-escritura, a lóxica-matemática, a contorna, o coñecementos do medio

Los del aula 3 seguimos cocinando, esta vez unas magdalenas y unas palmeritas de hojaldre, esta actividad es una de las que más gustan, no solo por elaborar las recetas y comernos el resultado, sino porque es una actividad grupal en la que todos ponen su granito de arena. En cada receta además de pasárnoslo bien, también trabajamos otros aspectos cognitivos como la lecto-escritura, la lógica-matemática, el entorno, el conocimientos del medio ......


 

jueves, 27 de marzo de 2014

Os rapaces do PCPI fan orellas

Ola! Como xa vos imaxinaredes, no cole estivemos celebrando o Entroido. Fomos á discoteca, disfrazámonos e comimos un bo cocido que nos fixeron as nosas cociñeiras. Como non queríamos ser menos , quixemos contribuir co postre. E dito e feito, fixenmos orellas para compartir con todos. Estaban riquísimas!!


¡Hola!. Como ya os imaginareis, en el cole estuvimos celebrando el Carnaval. Fuimos a la discoteca, nos disfrazamos y comimos un buen cocido que nos hicieron nuestras cocineras. Como no queríamos ser menos, quisimos contribuir con el postre. Y dicho y hecho, hicimos orejas para compartir con todos.¡ Estaban muy ricas!

sábado, 11 de enero de 2014

Unha de cociña ( mouse de turrón á mandarina)

Antes de nada, dende o Cee A Barcia, queremos desexarvos un feliz ano para todos aqueles que nos acompañades e nos seguides tan asiduamente. Esperamos que este ano veña cargado de cousas boas e que sigades a compartir con nós todas as nosas experiencias. 

 Todavía nos quedan cousas estupendas do ano pasado por contarvos. Despois de recibir ós Reis Magos, tivemos unha sorpresa no comedor. Temos a sorte de contar cun estupendo equipo de cociña que ademáis de alimentarnos moi ben, mímanos moito como así o demostrou coa comida do último día antes das vacacións de Nadal. Tratábase dun menú sorpresa, composto por un coctel de marisco e un xarrete estofado con guarnición de verduriñas. Todo estaba tan ben presentado e con tanto cariño que nos puxemos moi contentos. Foi todo un agasallo.

O noso equipo de cociña


Coctel de marisco

Xarrete con verduriñas

 Tamén tivemos un postre moi especial. Tratouse dunha mouse de turrón á mandarina que tivo moitísimo éxito. Ímosvos a deixar a receita porque aínda que xa pasou o Nadal, seguro que tedes algunha tableta de turrón que vos sobrou e non sabedes que facer con ela. Seguro que triunfaredes.

MOUSE DE TURRÓN Á MANDARINA


Ingredientes:
-700 ml de nata líquida
-300 gr. de turrón brando
-1 vaso de leite
-100 gr. de améndoas crocantes

Para a xuliana de mandarina confitada:
-1 mandarina
-2 culleradas de auga
- 2 culleradas de aceite de xirasol
-4 culleradas de azúcre

Preparación da xuliana:  
Cortar a monda da mandarina moi fina. Colocar todos os ingredientes nunha tixola. Deixar a lume baixo uns 30 minutos. Escorrer a monda para un coador e separar ben. Arrefriar.






 Preparación da mouse:
-Quentar o leite e disolver nel o turrón. Triturar.

 
-Deixar arrefriar esta mestura .
-Montar a nata engadíndolle o zume de media mandarina. 


-Mesturar a mandarina coa crema (mouse) de turrón con movementos envolventes.
-Encher copas ou cuncas e deixar na nevera unhas horas.
-No momento de servir engadirlle o crocante de améndoas  e a xuliana de mandarina confitada.


Esperamos que vos guste. Bo proveito!

viernes, 1 de febrero de 2013

Pastel de carne e menú de febreiro


O noso equipo de cociña facilítanos esta receita que está dentro do menú do noso comedor. É unha das receitas que teñen máis éxito. Seguro que vos gusta.

  INGREDIENTES

PARA O PURÉ:
-1/2 litro de leite
-1/2 litro de caldo branco ou auga
-50 g. de mantequilla
-2 sobres de puré de pataca
-Noz moscada, pementa branca e sal ó gusto

 
Mezclamos o leite coa auga nun cazo e fervémolo. Cando ferva retirámolo do lume e engadimos pementa branca, noz moscada e sal e deixamos enfriar dous minutos.
A continuación engadimos os dous sobres de puré e removemos todo ata quedar unha mezcla sin grumos e para rematar, engadimos a mantequilla e ligamos todo.

* Tamén se pode utilizar puré de pataca natural como vós o fagades nas vosas casas.

 
Despois estiramos o puré sobre a bandexa e reservamos.


PARA A CARNE:
-1/2 kg de terneira picada
-1 chorro de viño branco
-18 aceitunas sen oso troceadas
-1 cebola picada
-1/4 litro de salsa de tomate 
-1 pemento troceado
-50 gr. de queixo para gratinar
-2 dentes de allo
-aceite, sal




Nunha tarteira con aceite, refogamos a cebola, o allo ata que tome unha cor doradiña. Logo engadimos a carne, salpimentamos, engadimos o pemento, as aceitunas e un chorro de viño branco e sofreímolo todo ata que a carne comece a tomar cor e esté cociñada. Por último engadimos o tomate e mezclamos deixando ferver.


 
Collemos a bandexa, onde previamente puxéramos o puré de pataca e cubrímolo coa carne cociñada. Espolvoreamos con queixo raiado e metemos no forno a gratinar durante 4-5 minutos a 180º.
 



Podémosvos asegurar que o prato está riquísimo e que a súa elaboración é sinxela. Animádevos a facelo!
 Moitas grazas de novo ó noso equipo de cociña pola estupenda receita e por estas fotos tan ilustrativas.


Nuestro equipo de cocina nos facilita esta receta que forma parte del menú de nuestro comedor y es una de las recetas más exitosas. Seguro que os gusta.

INGREDIENTES PARA EL PURÉ:

-1/2 litro de leche
-1/2 litro de caldo blanco o agua
-50 g. de mantequilla
-2 sobres de puré de patata
-Nuez moscada, pimienta blanca y sal al gusto

Mezclamos el aceite con el agua . Lo hervimos. Cuando hierva lo retiramos del fuego, le añadimos nuez moscada, pimienta blanca y sal y dejamos enfriar dos minutos.
A continuación añadimos los dos sobres de puré de patata y removemos hasta hacer una mezcla sin grumos. Después añadimos la mantequilla y ligamos todo.

* También se puede utilizar puré de patata natural que hagáis vosotros en casa.

PARA LA CARNE :

- 1/2 kg de ternera picada
- 1 chorro de vino blanco
- 18 aceitunas sin hueso troceadas
- 1 cebolla picada
-1/4 litro de salsa de tomate
- 1 pimiento picado
- 50 gr. de queso para gratinar
- 2 dientes de ajo
- Aceite
- Sal

En una tartera con aceite rehogamos el ajo y la cebolla hasta que tome un color doradito.  Luego añadimos la carne, salpimentamos, añadimos el pimiento, las aceitunas y un chorro de vino blanco y lo sofreímos todo hasta que la carne comience a tomar color y esté cocinada. Por último añadimos el tomate y mezclamos dejando hervir.
Cogemos la bandeja dónde previamente habíamos puesto el puré y le añadimos la carne bien estirada. Espolvoreamos con queso rallado y lo metemos al horno a gratinar a 180 durante tres ocuatro minutos .
Os aseguramos que el plato está riquísimo y tiene una elaboración sencilla.
Muchas gracias a nuestro equipo de cocina por esa estupenda receta y estas fotos tan ilustrativas.




CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA

MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE FEBREIRO


        CURSO 2012/2013



DÍA
COMIDA DO MEDIODÍA
1
XUDIAS CON XAMÓN E OVO
LURAS FRITAS CON ENSALADA DE TOMATE
PERA
4
ENSALADA DE ESPÁRRAGOS
PASTEL DE CARNE/MANDARINA
5
FABAS CON ARROZ
SALMÓN CON ENSALADA DE LEITUGA
IOGUR
6
SOPA DE CUSCUS
MILANESA DE POLO CON ARROZ CON CABACIÑA
PLÁTANO
7
LACONADA
ORELLAS
8
COLIFLOR CON BECHAMEL
PASTA CON ATÚN/KIWI
14
ENSALADA MIXTA
TORTILLA ESPAÑOLA/PERA
15
LENTELLAS
CROQUETAS CON ENSALADA DE TOMATE/KIWI
18
SOPA DE PASTA/GUISO DE TENREIRA/KIWI
19
FABAS CON POLBO
BACALLAO REBOZADO CON ENSALADA/PERA
20
GRELOS CON XAMÓN
ESPAGUETES Á BOLOÑESA/MANDARINA
21
SOPA XULIANA/ARROZ A MARIÑEIRA/PLÁTANO
22
CREMA DE CENORIA
POLO ASADO CON PATACAS COCIDAS/ PIÑA EN XAROPE
25
CALDO VERDE
TENREIRA CON ARROZ EN BRANCO/MANDARINA
26
LENTELLAS GUISADAS
CROQUETAS CON ENSALADA DE LEITUGA/KIWI
27
BRÓCOLI
ATÚN CON TOMATE E PATACAS/IOGUR
28
CREMA DE CENORIA,PORRO E PATACA
POLO CON GORNICIÓN/PLÁTANO


Merenda de media mañá: mazá



jueves, 15 de noviembre de 2012

Nova sección: receitas

Hai algún tempo que o pai dunha das nosas alumnas fixo unha suxerencia para o blogue. Esta non era outra que introducir unha sección na que o noso equipo de cociña aportara receitas dos pratos que os  rapaces toman no comedor. Pareceunos unha idea moi boa e por iso hoxe inauguramos esta sección, que esperamos que poida ser de utilidade para vós.


LOMBO DE PORCO A LARANXA (4 persoas)

INGREDIENTES:
-Cinta de lombo enteira (500 g)
-Cebola (2)
-Porro (1)
-Cenoria (5)
-Laranxas (dous vasos de zume)
-Aceite ó gusto
-Viño branco ó gusto
-Sal, pementa ó gusto
-Maicena
-Champiñóns laminados
ELABORACIÓN:
Picamos as verduras e cubrimos a bandexa do forno con elas. Colocamos o lombo nesta cama e rociamos con aceite, viño branco e salpementamos ó gusto.



Prequentamos o forno uns minutos a 180ª C. Cando estea coa temperatura adecuada introducimos a bandexa que tiñamos previamente preparada e deixamos asar durante unha hora e media aproximadamente ata conseguir un ton dourado.




Retiramos a bandexa e reservamos as verduras e o seu xugo para posteriormente trituralas.


 


 Deixamos enfriar o lombo para logo proceder a cortalo en toros.


PARA A SALSA:
Facer zume de laranxa e reservar. Trituramos as verduras e pasámolas por un chinés. Nunha cazola engadimos as verduras tamizadas co seu xugo e un pouco de caldo (no seu defecto un pouco de auga), maicena ó gusto (para ir espesando a salsa) e deixamos mermar. Finalmente engadímoslle o zume de laranxa e os champiñóns.
Cortamos o lombo, colocámolo nunha bandexa e tapamos con esta salsa.






Pódese dar un toque de forno ó final para quentar a mestura.
Bo proveito!
O equipo de cociña