Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de marzo de 2012

Estimulación vestibular (cuna Rocking boat)

Este ano, as aulas de Educación Infantil (aulas 11 e 12) recibiron un novo recurso: a cuna de estimulación vestibular “Rocking Boat”.

Para describir con exactitude este tipo de tratamento e os seus beneficios, utilizamo-lo libro do autor Alfonso Lázaro Lázaro, “Aulas multisensoriales y de psicomotricidad” (2002, Ed. Mira), que di o seguinte:

“A estimulación vestibular forma parte da Área de Integración Sensorial e Estimulación Corporal Basal.[…] O sistema laberíntico vestibular está situado no oído interno e inclúe as partes non auditivas do mesmo. Esta estimulación serve para asociar experiencias visuais, táctis e propioceptivas cos movementos do propio corpo. Ademais incrementa as reaccións de equilibrio, a mellora atencional, a capacidade de comunicación e a integración sensoperceptiva[…].

A utilización das sensacións vestibulares, tanto para calmar coma para activar ao ser humano en diversas situacións, coñécese dende tempos inmemoriais. Poñemos, por exemplo, a maneira eficaz de tranquilizar ó bebe intranquilo, nervioso, que chora...e que consiste en mecelo rítmicamente. […] Pero tamén a situación contraria, a de activación: pensemos en deportes de risco e aventura que teñen unha alta dose de sensacións vestibulares, coma parapente, puenting,…

[…]Respecto aos nenos e nenas con dificultades moi diversas, a estimulación vestibular contribúe á tranquilidade cando é necesario lograr a calma e á activación cando se trata de aumentar o tono. Entre os beneficios educativos deste tipo de estimulación pódense sinalar melloras en reaccións posturais, equilibrio, marcha, coordinacións perceptivo-motrices, capacidade de atención e maior grao de comunicación.”
A continuación podedes ver os nenos e nenas do ciclo de Educación Infantil, disfrutando do novo balancín, en distintas situación de xogo, relaxación,…


viernes, 9 de marzo de 2012

El cazo de Lorenzo

Dende o ciclo de Educación Infantil recoméndannos este libro, "El cazo de Lorenzo", de Isabel Carrier. Como adianto, deixámosvos este bonito montaxe audiovisual baseado nel. Agardamos que vos guste!