Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FAMILIAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de junio de 2025

REHABILITACIÓN ROBÓTICA (EXOESQUELOS PEDIÁTRICOS)

O pasado luns 26 de maio, tivemos a sorte de participar nunha charla organizada dende o Departamento de Orientación, sobre a Neurorrehabilitación robótica en pediatría. Dende Madrid, desprazouse ao noso centro o fisioterapeuta Fernando Aneiros Tarancón acompañado polo seu compañeiro Nacho, ambos magníficos profesionais da empresa Marsi Bionics, que colaboran co CSIC, ASPACE así como cos hospitais máis importantes de España e de outros países do mundo.
Despois dunhas nocións xerais sobre a Neurorrehabilitación robótica en pediatría, tivemos a sorte de ver unha demostración en vivo e en directo dun exoesqueleto.
Ver a un dos nosos nenos camiñar con un deles foi emocionante. Enhoraboa Simón! por ser o protagonista da sesión.
Quedounos pena de non probalo con Santy, outro dos candidatos/ voluntarios, que por 1 cm, quedou fóra da demostración (a próxima vez será).
As expectativas desta charla foron sobradamente cumpridas. Compañeiros de SARELA, MISELA, CIFP Compostela, Equipo de Orientación Específico, compañeiros de profesión e familias, acompañáronnos nesta xornada tan especial e emocionante.
Grazas a todos pola vosa participación, pero especialmente aos dos voluntarios e as súas familias.

jueves, 5 de diciembre de 2024

PATRIMONIO PROTEXIDO. CHARLA

O pasado martes 3 de decembro, el ANPA do colexio en colaboración co Departamento de Orientación, organizaron unha charla moi interesante sobre o PATRIMONIO PROTEXIDO, impartida polo Licenciado en Dereito, Dn. CESAR RAÑA DÍEZ
Foron moitas as familias que mostraron interese polo tema, dado que, o Patrimonio Protexido é un instrumento xurídico, do que pódense beneficiar as persoas con discapacidade física, cognitiva ou sensorial.
A finalidade da Lei de Patrimonio Protexido é permitir a designación duns bees precisos (cartos, propiedades,…etc.) para que con eles e cos beneficios que se deriven da súa administración, fágase fronte as necesidades vitais da persoa con discapacidade.
El pasado martes 3 de diciembre, el ANPA del colegio en colaboración con el Departamento de Orientación, organizaron una charla muy interesante sobre el PATRIMONIO PROTEGIDO, impartida por el Licenciado en Derecho, Dn. CESAR RAÑA DÍEZ
Fueron muchas las familias que mostraron interés por el tema, dado que, el Patrimonio Protegido es un instrumento jurídico del que se pueden beneficiar, las personas con discapacidad física cognitiva o sensorial.
La finalidad de la Ley de Patrimonio Protegido es permitir la designación de unos bienes precisos (dinero, propiedades, etc.) para que con ellos y con los beneficios que se deriven de su administración, se haga frente a las necesidades vitales de la persona con discapacidad.


Para todas as familias que vos foi imposible acudir, aquí vos deixamos a información completa, que desinteresadamente nos proporcionou D. Cesar Raña, ao que damos as nosas máis sinceras grazas.
Para todas las familias que os fue imposible acudir, aquí os dejamos la información completa, que desinteresadamente nos proporcionó Dn. Cesar Raña, al que damos nuestras más sinceras gracias.

domingo, 12 de noviembre de 2023

OUTONO XOVE

O pasado 27 de outubro abriu o prazo para inscribirse no programa da Xunta Outono Xove 2023. Un programa de educación non formal durante os fins de semana do outono con actividades formativas e de lecer para a mocidade durante os meses de novembro e decembro.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.
As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisaran.

A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web xuventude.xunta.es. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez esgotadas crearase unha lista de reserva, tamén por orde de chegada.

Para máis información consultade o FOLLETO OUTONO XOVE (xunta.es)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA

domingo, 15 de octubre de 2023

TARXETA SANITARIA AA

  • Qué é a tarxeta dobre AA?
A Tarxeta Sanitaria AA (significa Acompañamento e Accesibilidade) ten como obxectivo o acceso das persoas afectadas por certas doenzas (pacientes TEA, Parálise cerebral, Discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación, Alzhéimer) ao sistema sanitario,.
Con esta tarxeta tratase de acortar, na medida do posible, as esperas nas consultas dos centros de saúde ou consultas externas así como permitir aos acompañantes ou coidadores o acompañamento permanente durante a tempo que dure a asistencia sanitaria, acercándolles todo o posible á hora da mesma co fin de minimizar os tempos de espera.
  • Beneficios:
    • Horarios preferentes: Ao solicitar a cita nos centros de saúde ou para consultas podedes facelo de xeito presencial ou por teléfono (a través de internet de momento non se pode) e indicaredes ao persoal administrativo que se é beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” para obter así un horario preferente.
    • No caso do servizo de urxencias , prevalecerán os criterios clínicos aplicados polos facultativos en función da urxencia e gravidade da situación, tanto do paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” como do resto de pacientes.
    • Permiso de acompañante: Na realización de probas ou outros procedementos médicos, o paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” poderá estar acompañado como mínimo por unha persoa coidadora , salvo que unha circunstancia clínica o impida

O SERGAS ten un apartado na súa páxina web con toda a información sobre a Tarxeta sanitaria “AA”, o que é, a quen está dirixida e como obtela.

miércoles, 18 de mayo de 2022

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Xa tedes a vosa disposición na páxina da Xunta os formularios para solicitar os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade.
Ya tenéis a vuestra disposición en la página de la Xunta los formularios para solicitar los campamentos de verano específicos para personas con discapacidad.


Estes campamentos, que teñen unha duración de 10 días, permiten gozar dunha estadía socializadora e de convivencia nun espazo lúdico, integrador e formativo, e mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Estos campamentos, tienen una duración de 10 días, permiten disfrutar de una estadía socializadora y de convivencia en un espacio lúdico, integrador y formativo, y mediante el desarrollo de actividades dirigidas al fomento de habilidades sociales, al contacto con la naturaleza y el mar, al conocimiento de la propia cultura y a la educación para la salud.

Departamento de Orientación do CEE A Barcia

jueves, 10 de febrero de 2022

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES

O Departamento de Orientación e o Servizo Médico do Centro, dentro de CPInnova - Edusaúde, elaboraron este documento onde queren transmitir a tódolos membros da nosa comunidade educativa uns conselliños para levar un Estilo de Vida Saudable. 
El Departamento de Orientación y el Servicio Médico del centro, dentro de CPInnova - Edusaúde, elaboraron este documento donde quieren transmitir a todos los miembros de nuestra comunidad educativa unos consejitos para llevar un Estilo de Vida Saludable. 

viernes, 4 de febrero de 2022

RESPIROS FAMILIARES FADEMGA

 PROGRAMACIÓN RESPIROS FAMILIARES FADEMGA


Dado que seguimos en situación de risco pola COVID 19, durante este ano, ou polo menos mentres a situación siga sendo complicada, será preciso realizar una PCR previa a cada unha das estancias para todos/as os/as participantes, e enviar o protocolo COVID debidamente asinado e o certificado de vacinación.
Lémbramos que a documentación para solicitar o respiro ten que estar enviada 15 días antes do inicio de cada quenda (incluidos o certificado médico e os datos económicos da unidade familiar), e que para as estancias do Verán a metade das prazas adxudicaranse entre aquelas persoas que fixeron a solicitude antes do 31 de maio.
Dado que seguimos en situación de riesgo por el Covid 19, durante este año, o por lo menos mientras la situación siga siendo complicada, será necesario realizar una PCR previa a cada una de las estancias para todos/as los/las participantes, y enviar el protocolo Covid debidamente firmado y el certificdo de vacunación.
Recordamos que la documentación para solicitar el respiro tiene que estar enviada 15 días antes del inicio de cada estancia (incluidos el certificado médico y los datos económicos de la unidad familiar), y que para las estancias de Verano la mitad de las plazas se adjudicarán entre aquellas personas que hicieron la solicitud antes del 31 de mayo.
Departamento de Orientación

lunes, 4 de octubre de 2021

DÍAS NON LECTIVOS

Tal e como establece o calendario escolar, o luns 11 e o martes 12 son días non lectivos (polo que o centro permanecerá pechado).

  • LUNS 11 DE OUTUBRO: Día do Ensino.
  • MARTES 12 DE OUTUBRO: Día da Festa Nacional de España

martes, 18 de mayo de 2021

HIXIENE DENTAL

Unha boa hixiene bucal axuda a evitar enfermidades e caries. Por iso é fundamental que os nosos/as nenos/as cepillen os dentes despois de cada comida.
Fomentar este hábito é labor de familias e educadores.
Por mor da pandemia da COVID-19, segundo ao protocolo específico de uso do servizo de comedor nos centros educativos da Xunta de Galicia, no seu apartado 1.-Protocolo específico de uso do servizo de comedor. Punto 13, onde di textualmente:
" Queda eliminada a opción de cepillado dos dentes que deberá adiantarse á chegada ao fogar ou residencia"
Co fin de axudarvos a traballar esta actividade na casa, dende o Departamento de Orientación do colexio, recomendamos unha serie de xogos online e vídeos, para que os vosos fillos/as vexan esta actividade como algo atractivo e divertido.
Una buena higiene bucal ayuda a evitar enfermedades y caries. Por eso es fundamental que nuestros/as niños/as cepillen los dientes después de cada comida.
Fomentar este hábito es labor de familias y educadores.
Por culpa de la pandemia del COVID-19, según el protocolo específico de uso del servicio de comedor en los centros educativos de la Xunta de Galicia, en su apartado 1. -Protocolo específico de uso del servicio de comedor, punto 13, donde dice textualmente:
"Queda eliminada la opción de cepillado de los dientes que deberá adelantarse a la llegada a casa o residencia".
Con el fin de ayudaros a trabajar este actividad en casa, desde el Departamento de Orientación del colegio, recomendamos una serie de juegos online y vídeos, para que vuestros hijos/as vean esta actividad como algo atractivo y divertido.

  • DOCTOR TEETH
  • CEPILLARSE LOS DIENTES. DOCTORA JUGUETES
https://youtu.be/VQoYdNzunAY
  • CANCIÓN: MIS DIENTES CEPILLO ASÍ, MIS PEQUEÑINES
https://youtu.be/rop5I2ylCWs
  • CANCIÓN: CEPILLA TUS DIENTES
https://youtu.be/vlSGPTr1Pcc
  • CANCIÓN: CEPILLA TUS DIENTES
https://youtu.be/tBMr7WwTjHc
  • CANCIÓN: ASÍ ES COMO SE LAVAN LOS DIENTES
https://youtu.be/srLuzoS31BM
  • VÍDEO ANIMADO DE COMO LAVARSE OS DENTES PASO A PASO:
https://youtu.be/C_S8pmC2KMI
  • CANCIÓN: A LAVARSE LOS DIENTES
https://youtu.be/xK5qCEWzOU4
  • JUGANDO A CEPILLARSE LOS DIENTES.
https://youtu.be/ZPJ0OFL-6CE

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade vai a convocar, un ano máis, o Programa “Campamento de verán específicos para persoas con discapacidade”.
A previsión de publicación é o dia 19 de maio e presentación dende o 20 de maio o 4 de xuño.
Prazas e duración: Ofértanse 185 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) para aquelas persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.
A convocatoria inclúe aquendas por idades de 11 a 14 anos, de 15 a 18 anos, de 19 a 25 anos e de 26 a 45 anos
Modelo de solicitude e de informe médico: A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais establecidos para o efecto e terán que estar asinados polas persoas que corresponda. Estes impresos estarán á disposición das persoas interesadas, desde o día 19 de maio de 2021 na páxina Web de Política Social.
Tamén tedes a opción de solicitar os campamentos de verán de FADEMGA Federación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual), do cal axuntamos cadro con datas de realización.



lunes, 10 de mayo de 2021

DÍAS NON LECTIVOS. CENTRO PECHADO

Informamos que o xoves 13, venres 14 e luns 17 de maio o centro permanecerá pechado (NON HAI CLASES).

  • 13 DE MAIO: Día da Ascensión (Festivo Local en Santiago de Compostela). (Resolución de 3 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se da publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2021).
  • 14 DE MAIO (Día proposto polo Consello Escolar como Non Lectivo e aprobado pola Xefatura Territorial) (Art.7.2 da Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia).
  • 17 DE MAIO: Día das Letras Galegas (Día Festivo en Galicia). (Art 1 do Decreto 166/2020, de 10 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2021)
As clases iniciaranse o martes 18 de maio.

viernes, 23 de abril de 2021

INCAPACIDADE - DEPENDENCIA

Son moitas as preguntas que se fan ao Departamento de Orientación sobre estes temas, polo que intentaremos dar unas pequenas pinceladas para intentar aclaralas.
Tomas as respostas son en base ao o Real Decreto 174/2011 polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.

PREGUNTAS FRECUENTES:

1.- E o mesmo incapacidade que dependencia? NON.
  • INCAPACIDADE
A nivel xudicial enténdese por incapacidade, cando unha persoa no é quen de tomar decisións por ela de forma autónoma ou esta incapacitada a nivel laboral para desempeñar o seu traballo.

  • DEPENDENCIA
O estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razón derivadas da idade, enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á perdida de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra u outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas de la vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal.

2.- Meu fillo/a presenta ten un grao II de dependencia, que significa?

A Lei 39/2006, do 14 de decembro, no seu artigo 26, fala de 3 grupos ou grados:
  • Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, ao menos unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal.
  • Grao II. Dependencia severa: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere do apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal.
  • Grado III. Gran dependencia: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola perdida total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, necesita o apoio indispensable e continuo de outra persoa o ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.
3.- Como podo solicitar a valoración de dependencia para o meu fillo/a?

Podes facelo de forma telemática (precisas dun certificado dixital) a través da sede electrónica da Xunta.


Tamén podes solicitalo a través dos Servizos sociais do teu Concello, a traballadora social do teu centro de saúde ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Hai outros lugares pero estes son os máis usados.
Pregunta alí cal é a documentación a presentar. Tamén na páxina da Sede Electrónica da Xunta, ven un listado coa documentación a presentar.
Recorda que, xeralmente piden un informe do Departamento de Orientación do colexio, non te esquezas de pedilo con antelación.

4. -Acabamos de chegar fai moi pouco de Latino América, podemos solicítala para o noso fillo/a?. SI

No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular.

5.-A que recursos ou prestacións ten dereito o meu fillo/a?

Na Lei 39/2006, do 14 de decembro, Artigo 15 atoparás toda a información.
Catálogo de servicios:
  • Os servicios de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal.
  • Servicio de Teleasistencia.
  • Servicio de axuda a domicilio.
  • Atención das necesidades do fogar.
  • Coidados persoais
  • Servicio de Centro de día e de noite
  • Centro de Día para maiores.
  • Centro de Día para menores de 65 años.
  • Centro de Día de atención especializada.
  • Centro de noite.
  • Servicio de Atención Residencial.
  • Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.
  • Centro de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
Recomendamos ler a citada Lei, para saber a cales dos anteriores ten dereito o voso fillo /a.

6.-A partir de que idade realízanse as valoracións da situación de dependencia?
 
No Real Decreto 174/2011, de 11 de febreiro, e concretamente no seu anexo II, atopamos información sobre a EVE (ESCALA DE VALORACIÓN ESPECÍFICA DE DEPENDENCIA PARA PERSONAS MENORES DE TRES AÑOS). A cal avalía a nenos/a de 0 a 3 anos. Serán obxecto de valoración as situación orixinadas polas condicións de saúde de carácter crónico, prolongado ou de longa duración, ou de frecuente recorrencia.
Establécense revisión de oficio periódicas aos 6,12,18,24 e 30 meses de idade.
Aos 36 meses tódalas persoas deberán ser de novo avaliadas co BVD (ANEXO III: INSTRUCIÓNS PARA APLIACIÓN DO BAREMO DE VALORACIÓN DOS GRAOS E NIVEIS DE DEPENDENCIA) para personas maiores de 3 anos.

7.- Din que preguntan sobre as Actividades Básicas da Vida Diaria. Sobre que cousas teño que informar?

As Actividades Básicas de la Vida Diaria (ABVD): son as tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordenes ou tarefas sinxelas. (Artigo 2. Punto 3 da Lei 39/2006)

8.-Falanme da PIA, que é iso?

O PIA (Programa Individual de Atención) é o proceso a seguir, para a revisión do grao de dependencia ou cambio na prestación da que se estea beneficiando unha persoa con discapacidade.
É elaborado polo/a traballador/a social, nel , indicará cal é a prestación máis axeitada para cada caso en función dos cambios médicos, psicolóxicos, físicos, económicos ou sociais que concorran nese momento.

Departamento de Orientación do CEE A Barcia

sábado, 13 de febrero de 2021

VACACIÓNS DE ENTROIDO

Chegaron as vacacións de Entroido, o luns 15, o martes 16 e o mércores 17 non haberá clases. 
Aínda que está a ser un inicio de ano moi complicado por mor do Covid-19 non podemos deixar de celebrar cos/coas nosos/nosas fillos/as ou titorados/as unha festas de disfraces na casa (só cos convivintes!!!) e comer os produtos típicos destas datas (cocido, filloas, orellas...).
Gustarinos que nos enviárades as vosas fotos de Entroido en Familia!
Llegaron las vacaciones de Carnavales, el lunes 15, el martes 16 y el miércoles 17 non habrá clases.
Aunque está siendo un inicio de curso muy complicado por culpa del Covid-19 no podemos dejar de celebrar con nuestros/as hijos/as o tutorados/as una fiesta de disfraces en casa (solo con los convivientes!!!) y comer los productos típicos de estas fechas (cocido, filloas, orejas...).
Nos gustaría que nos enviarais vuestras fotos de Carnavales en Familia!

viernes, 26 de junio de 2020

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Estimadas familias:
Xa tedes a vosa disposición na Web de Benestar da Xunta de Galicia a información e os documentos para solicitar algúns dos CAMPAMENTOS DE VERÁN para persoas con discapacidade. 
Poden asistir todos os nenos/as maiores de 11 anos de idade, que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% e que estean empadroados nalgún concello de Galicia.
Estimadas familias: 
Ya tenéis a vuestra disposición en la web de Bienestar de la Xunta de Galicia la información y los documentos para solicitar algunos de los Campamentos de Verano para personas con discapacidad.
Pueden asistir todos los niños/as mayores de 11 años de edad, que tengan una discapacidad igual o superior al 33% y que estén empadronados en algún Ayuntamiento de Galicia.



Tamén baixo o lema "O verán que necesitas", a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, diversos campamentos con algunhas prazas reservadas para nenos/as con discapacidade.
También bajo el lema "El verano que necesitas", la Campaña de verán 2020 de la Xunta de Galicia oferta, durante los meses de julio, agosto y septiembre, diversos campamentos con algunas plazas reservadas para niños/as con discapacidad.

viernes, 29 de mayo de 2020

RESPIROS FAMILIARES FADEMGA

A Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. (FADEMGA) a partir do día 17 de xuño, retoma o servizo de estancias programadas de respiro familiar, aínda que con certas modificacións. 
A previsión é realizar estancias con só 3 usuarios, con ratios 1/1 para asegurar o máximo posible as precaucións que esixe a nova situación, e cunha duración de 3 días, dado que consideran que esta é a duración máxima na que poden garantir unha alerta axeitada por parte dos traballadores para cumprir con todas as medidas hixiénicas e de seguridade. 
As estancias faranse en diferentes localidades á vez (zonas de A Coruña, Santiago e Vigo ou o máis próximo que poidan. Tentarán tamén facer algunha estancia na zona norte de Lugo, pero, de momento, non poden garantilo debido á falta de dispoñibilidade de instalacións. 
Cada familia optará só ás estancias máis próximas ao seu domicilio ou, no caso de que haxa algunha localidade que quede baleira e noutra haxa moitísima demanda, dende FADEMGA tentarán reorganizar os grupos, pero en ningún caso a familia poderá elixir a cidade á que quere ir. 
O transporte, tamén para garantir normas de seguridade na recepción de participantes e facilitarllo ás familias, farase dende FADEMGA. Irán a buscar aos participantes ao seu domicilio ou a un punto concreto da súa localidade e irán tamén a levalos ao finalizar a estancia. 
Seguramente establecerán algún tipo de protocolo para os participantes: certificado de que non teñen febre nin síntomas compatibles co COVID, necesidade de traer medidas de protección aqueles que poidan utilizalas, necesidade de traer toda a roupa recen lavada e suficiente para non repetila ningún día… 
FADEMGA desexa saber a vosa opinión sobre está proposta e informarvos de que dado que a redución de grupos, o aumento da ratio e o aumento de estancias vai a supoñer un incremento do coste do servizo, 
Para máis información debedes contactar vía telefónica coa entidade. 
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

lunes, 16 de marzo de 2020

CANCELACIÓN RESPIROS FAMILIARES FADEMGA (entre o 19 e 22 de marzo e Semana Santa)

FADEMGA informou á Dirección do centro a cancelación dos seguintes Respiros Familiares:
FADEMGA informó a la Dirección del centro la cancelación de los siguientes Respiros Familiares: 

  • Entre o 19 e 22 de marzo.
  • Semana Santa.



viernes, 6 de marzo de 2020

CHARLA EN PRIMEROS AUXILIOS

Dado o éxito e interese suscitado na charla sobre PRIMEIROS AUXILIOS celebrada o pasado mércores 11 de marzo, o Departamento de Orientación do colexio en colaboración co CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), organiza a 2ª charla dirixida ás familias. 
  • DATA: mércores 11 de marzo de 2020 
  • LUGAR: Sala de mestres/as do CEE A BARCIA 
  • TEMA: 2ª parte- CHARLA 1º AUXILIOS. 
  • IMPARTIDA POR: Dn. Carlos Prados Sanda (profesional do 061) 
Esperamos que dita charla sexa do voso interese e pregamos a vosa asistencia, dada a importancia do tema a tratar. 
Departamento de Orientación do CEE A Barcia

Dado el éxito e interés suscitado en la charla sobre Primeros Auxilios celebrada el pasado miércoles 11 de marzo, el Departamento de Orientación del colegio en colaboración con el CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), organiza la 2ª charla dirigida a las familias.
FECHA: miércoles 11 de marzo de 2020
LUGAR: Sala de profesores/as del CEE A BARCIA.
TEMA: 2ª parte - Charla 1º Auxilios.
IMPARTIDA POR: Dn. Carlos Prados Sanda (profesional del 061)


lunes, 17 de febrero de 2020

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS DIRIXIDA AS FAMILIAS

Estimadas familias: 
O vindeiro MÉRCORES 19 DE FEBREIRO en horario de 15:00 a 17:00, o Departamento de Orientación do colexio en colaboración co CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), organiza unha charla dirixida ás familias en: 
“PRIMEIROS AUXILIOS” 
Impartida por: Dn. Carlos Prados Sanda (profesional do 061) 
Temas a tratar: 
  • Estados de inconsciencia 
  • Reanimación cardio – pulmonar (RCP). (incidindo na reanimación de persoas con mobilidade reducida e con discapacidade) 
  • Tragantamentos 
  • Intoxicación 
  • Shock 
Esperamos que dita charla sexa do voso interese e pregamos a vosa asistencia, dada a importancia dos temas a tratar. 
Esperanza Rivas. Xefa do Departamento de Orientación

Estimadas familias: 
El próximo miércoles 19 DE FEBRERO en horario de 15:00 a 17:00, el Departamento de Orientación del colegio en colaboración con el CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), organiza una charla dirigida a las familias en: “PRIMEROS AUXILIOS” 
Impartida por: Dn. Carlos Prados Cura (profesional del 061) 
Temas a tratar: 
  • Estados de inconsciencia
  • Reanimación cardio – pulmonar ( RCP). (incidiendo en la reanimación de personas con movilidad reducida y con discapacidad)
  • Atragantamientos
  • Intoxicación
  • Shock
Esperamos que dicha charla sea de vuestro interés y rogamos vuestra asistencia, dada la importancia de los temas a tratar.