martes, 18 de mayo de 2021

CAMPAMENTOS DE VERÁN

A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade vai a convocar, un ano máis, o Programa “Campamento de verán específicos para persoas con discapacidade”.
A previsión de publicación é o dia 19 de maio e presentación dende o 20 de maio o 4 de xuño.
Prazas e duración: Ofértanse 185 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) para aquelas persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.
A convocatoria inclúe aquendas por idades de 11 a 14 anos, de 15 a 18 anos, de 19 a 25 anos e de 26 a 45 anos
Modelo de solicitude e de informe médico: A solicitude e o informe médico formalizarase nos impresos oficiais establecidos para o efecto e terán que estar asinados polas persoas que corresponda. Estes impresos estarán á disposición das persoas interesadas, desde o día 19 de maio de 2021 na páxina Web de Política Social.
Tamén tedes a opción de solicitar os campamentos de verán de FADEMGA Federación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual), do cal axuntamos cadro con datas de realización.



No hay comentarios: