Mostrando entradas con la etiqueta Primer ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primer ciclo. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de marzo de 2014

Despedindo ó noso "becario"


E con ise grande e permanente sorriso despediuse de nós Brais, alumno de cuarto ano de  Grao de Pedagoxía que estivo facendo prácticas no noso centro durante un tempiño. Brais estivo no Departamento de orientación, pero tamén se empapou do ambiente das aulas, aprendendo un pouco da nosa labor e ensinándonos moitas cousas a nós. Traballou moitísimo poñendo ó día os paneis sinalizadores do internado e ata foi quen de atender a megafonía en momentos nos que facía falla botar unha man. Porque a verdade é que hai xente que chega e se funde cos sitios, coas persoas e coas circunstancias, facéndoo tan naturalmente que parece que estiveran ahí dende sempre.
Moita sorte querido becario!





Y con esa gran y permanente sonrisa se despidió de nosotros Brais, alumno de cuarto año de  Grado de Pedagogía que estuvo haciendo prácticas en nuestro centro durante un tiempo. Brais estuvo en en Departamento de orientación, pero tambien se empapó del ambiente de las aulas, aprendiendo un poco de nuestra labor y enseñándonos muchas cosas a nosotros. Trabajó muchísimo poniendo al día los paneles señalizadores del internado y hasta atendió la megafonía en momentos en los que hacía falta echar una mano. Porque la verdad es que hay gente que llega y se funde con los sitios, con las personas y con las circunstancias, haciéndolo tan naturalmente que parece que estuvieran ahí desde siempre.
Mucha suerte querido becario!

martes, 11 de diciembre de 2012

Visita ó centro comercial "As Cancelas"

A semana pasada tivemos a oportunidade de visitar o centro comercial "As Cancelas". O martes foron os rapaces e os profes do primeiro e segundo ciclo, e o mércores os de transición á vida adulta. Pasámolo moi ben, visitamos as instalacións e tomamos algo na zona das cafeterías. O martes, o xerente do centro recibiunos moi amablemente e acompañounos na visita . Aquí vos deixamos unhas fotos destas dúas xornadas.





La semana pasada tuvimos la oportunidad de visitar el centro comercial "As Cancelas". El martes fueron los chicos y los profes del primer y segundo ciclo, y el miércoles los de transición á la vida adulta. Lo pasamos muy bien, visitamos las instalaciones y tomamos algo en la zona de las cafeterías. El martes, el gerente del centro nos recibió amablemente y nos acompañó en la visita. Aquí os dejamos unas fotos de estas dos jornadas.

jueves, 12 de abril de 2012

María y yo

Hoxe, dende o primeiro ciclo, traémosvos un par de recomendacións. Trátase dun cómic e dun libro que estamos seguros de que van a ser do voso agrado e interés.



"María y yo" é un fantástico cómic firmado polo historietista Miguel Gallardo. Baséase nas experiencias vividas coa súa filla María, de 14 anos, durante unha viaxe a Canarias. María é unha nena con autismo. Miguel fai innumerables debuxos para ela moitos dos cales están incluídos no cómic. O libro tivo un éxito considerable e traduciuse a varios idiomas.

Baseada no cómic está a película que leva o mesmo nome. Está dirixida por Félix Fernández de Castro e protagonizada polos propios María e Miguel Gallardo.

Se o libro é estupendo, a película non o é menos. Gústanos o ton realista e positivo da história, a beleza dos seus planos e sobre todo quedamos prendados da simpatía arrolladora que desprende a súa protagonista.

Por todo isto, dende o primeiro ciclo, queremos animarvos a que vos fagades con ela e que pasedes un bo rato co seu visionado. Como adianto, aquí vos deixamos o trailer.