Hoxe, dende o primeiro ciclo, traémosvos un par de recomendacións. Trátase dun cómic e dun libro que estamos seguros de que van a ser do voso agrado e interés.
"María y yo" é un fantástico cómic firmado polo historietista Miguel Gallardo. Baséase nas experiencias vividas coa súa filla María, de 14 anos, durante unha viaxe a Canarias. María é unha nena con autismo. Miguel fai innumerables debuxos para ela moitos dos cales están incluídos no cómic. O libro tivo un éxito considerable e traduciuse a varios idiomas.
Baseada no cómic está a película que leva o mesmo nome. Está dirixida por Félix Fernández de Castro e protagonizada polos propios María e Miguel Gallardo.
Se o libro é estupendo, a película non o é menos. Gústanos o ton realista e positivo da história, a beleza dos seus planos e sobre todo quedamos prendados da simpatía arrolladora que desprende a súa protagonista.
Por todo isto, dende o primeiro ciclo, queremos animarvos a que vos fagades con ela e que pasedes un bo rato co seu visionado. Como adianto, aquí vos deixamos o trailer.