viernes, 23 de abril de 2021

INCAPACIDADE - DEPENDENCIA

Son moitas as preguntas que se fan ao Departamento de Orientación sobre estes temas, polo que intentaremos dar unas pequenas pinceladas para intentar aclaralas.
Tomas as respostas son en base ao o Real Decreto 174/2011 polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia.

PREGUNTAS FRECUENTES:

1.- E o mesmo incapacidade que dependencia? NON.
  • INCAPACIDADE
A nivel xudicial enténdese por incapacidade, cando unha persoa no é quen de tomar decisións por ela de forma autónoma ou esta incapacitada a nivel laboral para desempeñar o seu traballo.

  • DEPENDENCIA
O estado de carácter permanente no que se atopan as persoas que, por razón derivadas da idade, enfermidade ou a discapacidade, e ligadas á falta ou á perdida de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan da atención de outra u outras persoas ou axudas importantes para realizar actividades básicas de la vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, de outros apoios para a súa autonomía persoal.

2.- Meu fillo/a presenta ten un grao II de dependencia, que significa?

A Lei 39/2006, do 14 de decembro, no seu artigo 26, fala de 3 grupos ou grados:
  • Grao I. Dependencia moderada: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria, ao menos unha vez ao día ou ten necesidades de apoio intermitente ou limitado para a súa autonomía persoal.
  • Grao II. Dependencia severa: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día, pero non quere do apoio permanente dun coidador ou ten necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal.
  • Grado III. Gran dependencia: cando a persoa necesita axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria varias veces ao día e, pola perdida total de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, necesita o apoio indispensable e continuo de outra persoa o ten necesidades de apoio xeneralizado para a súa autonomía persoal.
3.- Como podo solicitar a valoración de dependencia para o meu fillo/a?

Podes facelo de forma telemática (precisas dun certificado dixital) a través da sede electrónica da Xunta.


Tamén podes solicitalo a través dos Servizos sociais do teu Concello, a traballadora social do teu centro de saúde ou no rexistro das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
Hai outros lugares pero estes son os máis usados.
Pregunta alí cal é a documentación a presentar. Tamén na páxina da Sede Electrónica da Xunta, ven un listado coa documentación a presentar.
Recorda que, xeralmente piden un informe do Departamento de Orientación do colexio, non te esquezas de pedilo con antelación.

4. -Acabamos de chegar fai moi pouco de Latino América, podemos solicítala para o noso fillo/a?. SI

No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular.

5.-A que recursos ou prestacións ten dereito o meu fillo/a?

Na Lei 39/2006, do 14 de decembro, Artigo 15 atoparás toda a información.
Catálogo de servicios:
  • Os servicios de prevención das situacións de dependencia e os de promoción da autonomía persoal.
  • Servicio de Teleasistencia.
  • Servicio de axuda a domicilio.
  • Atención das necesidades do fogar.
  • Coidados persoais
  • Servicio de Centro de día e de noite
  • Centro de Día para maiores.
  • Centro de Día para menores de 65 años.
  • Centro de Día de atención especializada.
  • Centro de noite.
  • Servicio de Atención Residencial.
  • Residencia de persoas maiores en situación de dependencia.
  • Centro de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.
Recomendamos ler a citada Lei, para saber a cales dos anteriores ten dereito o voso fillo /a.

6.-A partir de que idade realízanse as valoracións da situación de dependencia?
 
No Real Decreto 174/2011, de 11 de febreiro, e concretamente no seu anexo II, atopamos información sobre a EVE (ESCALA DE VALORACIÓN ESPECÍFICA DE DEPENDENCIA PARA PERSONAS MENORES DE TRES AÑOS). A cal avalía a nenos/a de 0 a 3 anos. Serán obxecto de valoración as situación orixinadas polas condicións de saúde de carácter crónico, prolongado ou de longa duración, ou de frecuente recorrencia.
Establécense revisión de oficio periódicas aos 6,12,18,24 e 30 meses de idade.
Aos 36 meses tódalas persoas deberán ser de novo avaliadas co BVD (ANEXO III: INSTRUCIÓNS PARA APLIACIÓN DO BAREMO DE VALORACIÓN DOS GRAOS E NIVEIS DE DEPENDENCIA) para personas maiores de 3 anos.

7.- Din que preguntan sobre as Actividades Básicas da Vida Diaria. Sobre que cousas teño que informar?

As Actividades Básicas de la Vida Diaria (ABVD): son as tarefas máis elementais da persoa, que lle permiten desenvolverse cun mínimo de autonomía e independencia, tales como: o coidado persoal, as actividades domésticas básicas, a mobilidade esencial, recoñecer persoas e obxectos, orientarse, entender e executar ordenes ou tarefas sinxelas. (Artigo 2. Punto 3 da Lei 39/2006)

8.-Falanme da PIA, que é iso?

O PIA (Programa Individual de Atención) é o proceso a seguir, para a revisión do grao de dependencia ou cambio na prestación da que se estea beneficiando unha persoa con discapacidade.
É elaborado polo/a traballador/a social, nel , indicará cal é a prestación máis axeitada para cada caso en función dos cambios médicos, psicolóxicos, físicos, económicos ou sociais que concorran nese momento.

Departamento de Orientación do CEE A Barcia

No hay comentarios: