domingo, 15 de octubre de 2023

TARXETA SANITARIA AA

  • Qué é a tarxeta dobre AA?
A Tarxeta Sanitaria AA (significa Acompañamento e Accesibilidade) ten como obxectivo o acceso das persoas afectadas por certas doenzas (pacientes TEA, Parálise cerebral, Discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación, Alzhéimer) ao sistema sanitario,.
Con esta tarxeta tratase de acortar, na medida do posible, as esperas nas consultas dos centros de saúde ou consultas externas así como permitir aos acompañantes ou coidadores o acompañamento permanente durante a tempo que dure a asistencia sanitaria, acercándolles todo o posible á hora da mesma co fin de minimizar os tempos de espera.
  • Beneficios:
    • Horarios preferentes: Ao solicitar a cita nos centros de saúde ou para consultas podedes facelo de xeito presencial ou por teléfono (a través de internet de momento non se pode) e indicaredes ao persoal administrativo que se é beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” para obter así un horario preferente.
    • No caso do servizo de urxencias , prevalecerán os criterios clínicos aplicados polos facultativos en función da urxencia e gravidade da situación, tanto do paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” como do resto de pacientes.
    • Permiso de acompañante: Na realización de probas ou outros procedementos médicos, o paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” poderá estar acompañado como mínimo por unha persoa coidadora , salvo que unha circunstancia clínica o impida

O SERGAS ten un apartado na súa páxina web con toda a información sobre a Tarxeta sanitaria “AA”, o que é, a quen está dirixida e como obtela.

No hay comentarios: