domingo, 15 de octubre de 2023

TARXETA SANITARIA AA

  • Qué é a tarxeta dobre AA?
A Tarxeta Sanitaria AA (significa Acompañamento e Accesibilidade) ten como obxectivo o acceso das persoas afectadas por certas doenzas (pacientes TEA, Parálise cerebral, Discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación, Alzhéimer) ao sistema sanitario,.
Con esta tarxeta tratase de acortar, na medida do posible, as esperas nas consultas dos centros de saúde ou consultas externas así como permitir aos acompañantes ou coidadores o acompañamento permanente durante a tempo que dure a asistencia sanitaria, acercándolles todo o posible á hora da mesma co fin de minimizar os tempos de espera.
  • Beneficios:
    • Horarios preferentes: Ao solicitar a cita nos centros de saúde ou para consultas podedes facelo de xeito presencial ou por teléfono (a través de internet de momento non se pode) e indicaredes ao persoal administrativo que se é beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” para obter así un horario preferente.
    • No caso do servizo de urxencias , prevalecerán os criterios clínicos aplicados polos facultativos en función da urxencia e gravidade da situación, tanto do paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” como do resto de pacientes.
    • Permiso de acompañante: Na realización de probas ou outros procedementos médicos, o paciente beneficiario da Tarxeta sanitaria “AA” poderá estar acompañado como mínimo por unha persoa coidadora , salvo que unha circunstancia clínica o impida

O SERGAS ten un apartado na súa páxina web con toda a información sobre a Tarxeta sanitaria “AA”, o que é, a quen está dirixida e como obtela.

sábado, 14 de octubre de 2023

ESTÁ CHEGANDO... O SAMAÍN!

A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro é a noite do Samaín. No noso cole xa se empeza a notar...
La noche del 31 de octubre al 1 de noviembre es la noche del Samaín. En nuestro cole ya se empieza a notar...


viernes, 13 de octubre de 2023

PLANTAMOS NAS MACETAS.

No 1º nivel teñen todo listo!
En el 1º nivel tienen todo listo!


A plantar nas macetas!
A plantar en las macetas!

CHEGOU A CHUVIA...

Chegou a chuvia e non puidemos saír ao patio... pero que ben o pasamos!
Llegó la lluvia y no pudimos salir al patio... pero que bien lo pasamos!


martes, 10 de octubre de 2023

SENTIMOS CO CARRIÑO DE CULTIVO!

E mentres no invernadoiro plantaban...
Y mientras en el invernadero plantaban...


Experimentamos e sentimos co carriño de cultivo!
Experimentamos y sentimos con el carrito de cultivo!

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

O noso alumnado transformouse en xardineiros e xardineiras, a plantar leitugas!!!
Nuestro alumnado se transformó en jardineros y jardineras, a plantar lechugas!


ESTAMOS DE VOLTA CUN SORRISO!

O 6 de outubro foi o Día Mundial do Sorriso e non hai sorriso máis bonito que o dos/das nosos/as nenos/as.
El 6 de octubre fue el Día Mundial de la Sonrisa y no hay sonrisa más bonita que la de nuestros/as niños/as.