miércoles, 7 de noviembre de 2018

O XARDÍN FLORIDO


Este ano nas gardas de tarde estamos a traballar unha obra moi coñecida de Hevé Tullet: “Diviérte, talleres de arte”. A través deste libro pretendemos realizar diferentes talleres de arte onde o/a mestre/a vai guiando aos nenos a facer diferentes composicións empregando materiais do máis variado.
Foi así como comezamos realizando un taller chamado “O xardín florido”, para o cal precisamos dúas sesións de tarde.
Nunha primeira sesión guiamos aos nenos a debuxar puntos, círculos e ata manchas deixando caer o pincel sobre a base de traballo, ao tempo que –ante as instrucións da mestra- os nenos tiñan que ir cambiándose de lugar ou incluso intercambiar os botes de pintura.
A sesión foi moi divertida, aínda que ao rematar a clase, os nenos preguntábanse que íamos a facer con tantos círculos, puntos e manchas de cores e tamaños diferentes. En realidade eles non se podían nin imaxinar que esa composición ía acabar sendo un fermoso xardín!.
Este año en las guardias de tarde estamos trabajando una obra muy conocida de Hevé Tullet: “ “Diviérte”, talleres de arte”. A través de este libro pretendemos realizar diferentes talleres de arte donde el/la maestro/a va guiando a los niños a hacer diferentes composiciones empleando materiales de lo más variado. Fue así como comenzamos realizando un taller llamado “El jardín florido”, para el que precisamos dos sesiones de tarde. En una primera sesión guiamos a los niños a dibujar puntos, círculos y hasta manchas dejando caer el pincel sobre la base de trabajo, al tiempo que –ante las instrucciones de la maestra- los niños tenían que ir cambiándose de lugar o incluso intercambiar los botes de pintura. La sesión fue muy divertida, aunque al finalizar la clase, los niños se preguntaban que íbamos a hacer con tantos círculos, puntos y manchas de colores y tamaños diferentes. En realidad ellos no se podían ni imaginar que esa composición iba a acabar siendo un hermoso jardín!.


Deste xeito, na nosa segunda sesión foi como animamos aos nenos a que converteran a súa obra nun xardín, para o que tiveron que facer talos e pétalos variados ás distintas flores que xa tiñamos feitas, as cales non eran outras máis que os puntos, círculos e manchas que fixeramos o día anterior.
Tanto lles gustou o traballo que ata eles mesmos propuxeron colgar a súa composición nun lugar do centro que fora visible a todos, e incluso chegaron a pedir dispor de láminas individuais para que en vindeiras sesións cada un poida facer esta obra e levala para decorar a súa habitación. Pero este xa será outro traballo do cal nos imos a encargar moi pronto!.
De este modo, en nuestra segunda sesión fue cómo animamos a los/las niños/as a que convirtieran su obra en un jardín, para lo cual tuvieron que hacer tallos y pétalos variados a las distintas flores que ya teníamos hechas, las cuáles no eran otras más que los puntos, círculos y manchas que habíamos hecho el día anterior. Tanto les gustó el trabajo que hasta ellos mismos propusieron colgar su composición en un lugar del centro que fuera visible a todos, e incluso llegaron a pedir disponer de láminas individuales para que en próximas sesiones cada uno pueda hacer esta obra y llevarla para decorar su habitación. Pero este ya será otro trabajo del cual nos vamos a encargar muy pronto!.








No hay comentarios: