viernes, 19 de junio de 2020

2º NIVEL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Ola nenos e nenas!!!!. Como estades?. Agora xa falta menos para que chegue o verán e poidades desfrutar da praia e da piscina como merecedes. Mandamosvos esta última entrega de actividades para que fagades na casa antes das vacacións. 
Pasade un bo verán!!!!. Vémonos en setembro. Un bico. Os titor@s do 2°nivel. 
Hola niños y niñas!!!!. Como estáis?. Ahora ya falta menos para que llegue el verano y podais disfrutar de la playa y la piscina como mereceis. Os mandamos esta última entrega de actividades para que hagais en casa antes de las vacaciones. 
Pasad un buen verano!!!!. Nos vemos en septiembre. Un beso. Los tutor@s del 2°nivel. 
  • Mirade que actividade máis divertida para facer cunha lanterna e descubrir os debuxos escondidos: 

  • Deixamosvos esta canción con pictogramas do" gallo Bartolito"que tanto vos gusta, e así tamen podedes traballar as onomatopeias nos animais. 

A modo de repaso do vídeo do Día do Medioambiente, mandámosvos unha serie de actividades para realizar con tino sobre toda a información extraída del. Lembrádesvos? 
Pois a facelas con xeitiño! 
ACTIVIDES PATRULLA RECICLADORA 

  • Actividades de grafomotricidad. Repasa la línea de puntos. 




  • Aqui vos deixamos para facer , unha bandexa sensorial con espaguetes pintados. Xa sabemos que é unha comida que vos gusta moito. Pois decídelle na casa que preparen algún de máis para preparar esta actividade. Poñemosvos o enlace para que saibades como pintalos: 

  • Que vos parece este xogo reciclando as botellas de plástico que temos na casa?. A nos parécenos moi divertido. Pegado ao fío podedes poñerlle unha bola de papel de aluminio no que envolverades algo , que podedes reutilizar. Animádevos a facelo!!!!!!.
  • Para descansar de tanto traballo deixamos uns cantos xogos que vos van encantarrrrr!!! 
A PESCAR COS PÉSSS!!! 
Necesitaremos un barreño con auga e outro sen auga. No que ten auga votamos unhas bolas de plástico. Sentados nunha cadeira intentaremos sacar as pelotas cos pes. Ánimo!!


ARCO DA VELLA DE M&M´S 
Só necesitamos unha bolsa de M&M´S, un plato fondo e unha pouca auga no fondo. Esperamos un pouco e walaaa!! Non vos resistiredes despois a comelos.


DIANA DE GLOBOS DE PINTURA. 
Vamos crear un cadro abstracto xogando ós dardos. Necesitamos: papel branco pegado nun corcho ou cartón grande, globos de auga, pintura lavable, dardos de plástico e chinchetas (para colgar os globos cheos de pintura no corcho ou cartón). Cando temos o taboleiro cos globos colgados, animamos ós nenos a que poñan a proba a súa puntería e exploten os máximos globos posibles. Cando non quede ningún, veremos unha auténtica obra de arte abstrata.


POMPAS DE XABÓN XIGANTES 
Creamos unha mezcla de auga xabonosa con xabón líquido de lavavaixelas e ½ de glicerina (podemos sustituir ésta por xel fixador do pelo ou azúcar glas). Mergullámolo nun soplador feito con dous paus e unha corda ou calquer obxeto en forma de aro con un pau nun extremo para sostelo, como por exemplo: raqueta sen rede, colador sen malla ou unha percha de arame dándolle a forma circular. Unha vez no líquido, movémolo lixeiramente para que se desprendan as burbullas. E a xogar!!!

  • Seguimos con unha boa colección de contos en directo. Esperamos que vos gusten:
  • E seguimos con contos, en galego e adaptados para TEA . Preciosos e abertos a todas e todos! 
Orellas de bolboreta:


 Chocolata: 

  • Por último decirvos que como temos por diante moitos días sen cole antes de reencontrarnos en setembro, ide repasando os números!!!                                                                                      Para o tal, e recomendable recurtar os números e traballalos coa axuda dunha persoa maior, atrevédesvos? 




RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
  1. Intentar que se manteñan activos/as e que sigan un horario de rutinas: que non se esperten moi tarde, manter constante as horas do almorzo, xantar, merenda e cea, non deixar que vexan moito a televisión... 
  2. Darlles autonomia nas actividades diarias e deixarlles facer aquelas cousas que sexan capaces de realizar eles sós. (vestirse, desvestirse, axudar nas tarefas do fogar……). 
  3. Que realicen actividades e que vaian a lugares de ocio onde se divirtan e o pasen ben (xogos, praia, piscina….). 
  4. Tamén quizáis vos interesen os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade que oferta a Xunta na seguinte ligazón:                    https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/planes-y-programas/campamentos-de-verano-especificos-para-personas-con-discapacidad-2020
  5. Tedes ata o día 30 para anotarvos! 
  6. Debedes tentar pasar xuntos tempos de calidade en familia: lerlles contos, ir pasear, visitar a outros familiares, escoitar música…lembrarlles que xuntos, elas e eles e vós, sodes un grande equipo. 

FELIZ VERÁN!!
 

AULAS 11 - 12. 1ºNIVEL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Juegos para estimular la escucha (Xogos para estimular a escoita):
  • Juego 1: Un amigo monicreque (Un amigo títere)
Unha maneira divertida para aprender e acompañar é ter un amigo que te ensina o mesmo tempo que faite compaña. 
Un amigo monicreque pode contarte historias, ensiñate normas, divertirse contigo e ser o teu confidente. 
Podemos contarlle contos có noso amigo monicreque e elixir un animal ou algún obxeto que sepamos que lles pode gustar. 
Una manera divertida para aprender y acompañar es tener un amigo que te enseña al mismo tiempo que te hace compañía. 
Un amigo títere puede contarte historias, enseñarte normas, divertirse contigo y ser tu confidente. 
Podemos contarle cuentos con nuestro amigo títere y elegir un animal o algún objeto que sepamos que les puede gustar. 
  • Juego 2: A busca do tesouro (La búsqueda del tesoro)
Os nenos son curiosos e seguro que o pasará en grande buscando un tesouro. Agacha calquiera cousa que se che ocorra, incluso ó noso amigo monicreque e pouco a pouco vaslle dando indicacións e guiándoo cara o lugar que lle describes, seguro que coñece a casa como a palma de súa man, pero así estará mais atento. 
Los niños son curiosos y seguro que se lo pasará en grande buscando un tesoro. Esconde cualquier cosa que se te ocurra, incluso nuestro amigo títere y poco a poco le vas dando indicaciones y guiándolo hacia el lugar que le describes, seguro que conoce la casa como la palma de su mano, pero así estará más atento. 
  • Juego 3: Con lanternas na oscuridade (con linternas en la oscuridad)
Pola noite ou nunha habitación as escuras, podéis xogar a iluminar cousas coa lanterna, así tamén podéis comprobar a capacidade para distiguir luz na oscuridade, se ten mellor visibilidade polo lado dereito ou esquerdo, arriba ou abaixo. E decirlle o que ides atopando polo camiño. 
Por la noche o en una habitación a oscuras, podéis jugar a iluminar cosas con linternas, así también podéis comprobar la capacidad para distiguir luz en la oscuridad, si tiene mejor visibilidad por el lado derecho o izquierdo, arriba o abajo. Y decirle lo que vais encontrando por el camino. 

Feliz verán a todos!!! 
As profes que esperan veros o próximo curso RITA e MARTA 

BIQUIÑOS A MONTÓNS

AULAS 9 - 10. 1ºNIVEL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Ola rapaces!! xa estamos no final do curso. Xa veñen as vacacións e tempo para disfrutar.
Como últimas actividades para este curso, propoñemos o seguinte
AULA 9
 ¿Qué tareas debemos hacer todos los días? y ¿Qué podemos hacer en la playa?


GALLETAS CON CREMA DE CHOCOLATE 


AULA 10
  • ACTIVIDADES SENSORIAIS.
Para a súa elaboración precisamos dunha caixa de cartón ( tipo caixa de zapatos) ou de plástico. Nela botaremos area, macarróns, fideos, lentellas, arroz, escuma de afeitar, boliñas de hidroxel, boliñas de porispan,.... e colocaremos obxectos ou xoguetes como cunchas da praia, pinturas, obxectos pequenos como bonecos, animaliños de xoguete, botóns, tapóns de colores, fichas de colores de colores, pezas de construcción, todos son obxectos que temos por casa.
En todo momento debemos vixiar ao neno xa que estamos xogando con pezas pequenas ou coa area,.. 
  • PINTAMOS CON XEO
Para refescarnos, agora que se achega o verán, imos pintar con xeo.
Para iso só tes que mesturar témpera ou colorante alimentario con auga e por a mestura no conxelador. Ao día seguinte a crear!!
Ánimo artistas!!!

E para finalizar, un pouquiño de música, espero que vos gusten
  • VACAS DE VERÁN (Uxía Lambona e a banda molona)
  • DE FESTA (Uxía Lambona e a banda molona)

  • DIME QUE FIXECHES (Migallas)

Disfrutade moito e un bico moi forte!!!!!
Feliz Verán.

EDUCACIÓN MUSICAL. BLOQUE VIII (Traballando na casa)

Chegou o final de curso e para despedirnos propóñovos unha batería de actividades para refrescar as vosas memorias con contidos traballados nas entradas do blogue. Desexando voltar a vervos o curso que ven, unha aperta grande. Feliz verán!!
Llegó el final del curso y para despedirnos os propongo una batería de actividades para refrescar vuestras memorias con contenidos trabajados en las entradas del blog. Deseando volver a vernos el curso que viene, un fuerte abrazo. Feliz verano!! 
  • ACTIVIDADE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA 
Aquí vos queda un compilatorio de sons que de seguro coñecedes. Anímovos a que xoguedes a acertalos.
Aquí os queda un compilatorio de sonidos que seguro conocéis. Os animo a que jugueis a acertarlos. 

  • ACTIVIDADE MUSICOGRAMA 
Leroy Anderson era un compositor norteamericano do século XX. Esta é unha das súas composicións máis populares, “O Reloxo Sincopado”. Espero que vos guste.
Leroy Anderson era un compositor norteamericano del siglo XX. Esta es una de sus composiciones más populares, “El Reloj Sincopado”. Espero que os guste.

  • ACTIVIDADE RITMICA 
As fórmulas rítmicas máis traballadas durante este curso forros a negra e as corcheas. Coa seguinte actividade aproveitaremos para reforzar este contidos.
Las fórmulas rítmicas mas trabajadas durante este curso fueron la negra y las corcheas. Con la siguiente actividad aprovecharemos para reforzar este contenidos.

  • ACTIVIDADE CANCIÓN “ESTAMOS NO VERÁN”/ “ESTAMOS EN VERANO”
Como ven sabedes o día 21 comeza o verán e con él o ansiado tempo de lecer. Con esta canción de Xoan Curiel todo aquel que se anime pode botar unha baila a ritmo desta música marchosa.
Como todos sabéis el día 21 comienza el verano y con él el ansiado tiempo de ocio. Con esta canción de Xoan Curiel todo aquel que quiera, que se arranque a bailar a ritmo de esta música tan marchosa.

  • ACTIVIDADE RELAJACIÓN 
Co delicioso son deste piano convídovos a facer unha viaxe pola vosa imaxinación. Mentres vos relaxades cos ollos pechados e deitados no chan.
Con el delicioso sonido de este piano os invito a hacer un viaje por vuestra imaginación. Mientras os relajáis con los ojos cerrados y acostados en el suelo.


AUDICIÓN E LINGUAXE XI (Traballando na casa)

Boas de novo: 
Chegou a hora de despedirnos ata o novo curso! Despois destes meses de traballo e de ter que adaptarnos a novas normalidades, comezan por fin as vacacións e esperamos de verdade que todos os nosos rapaces e rapazas poidan desfrutar un montón no verán. Oxalá que todo sexan novas experiencias e moito aire libre, que de casa xa estamos todos algo cansos, non? 
Esta vez, dende o equipo de AL vos ofrecemos varias actividades que podedes ir facendo ao longo do verán. 
  • O verán é unha época para novas experiencias. No verán experimentamos novas emocións e sentimentos e todas estas vivencias nos axudan a medrar e a coñecer mellor o mundo que nos rodea. Por iso vos recomendamos varias actividades relacionadas coas emocións (vocabulario básico relacionado, comprensión de situacións e a súa relación coas emocións, como actuar cando nos atopamos dun ou outro xeito...).                                                                        Ademais, animámosvos a recoller en fotografías feitos que asociedes a estas emocións. Podémolas ver cos rapaces e rapazas á volta de vacacións e seguro nos resultarán moi útiles para seguir traballando e para que o noso alumnado nos poida contar o que fixo no verán. 



  • Recomendamos tamén que durante o verán sigades fomentando, sobre todo, hábitos e habilidades comunicativas coas voso fillos e fillas. Para iso podedes seguir estimulando a través de xogos e actividades para facer en familia que fomentarán todos estes aprendizaxes: xogar, cantar, ler ou contar contos, ver fotografías familiares ou imaxes que lles interesen e poder falar sobre elas (vocabulario, preguntas...), provocar pequenas conversas para que se expresen, xogar a adiviñas, xogos ou aplicacións para tablet (tedes unha entrada no blog con algún recomendado), etc. 
Antes de despedirnos e para que poidades empezar, deixámosvos cancións adaptadas e contos cos que seguro desfrutaredes. 

A RIANXEIRA


EL TRACTOR AMARILLO


LA FAMILIA PIG VA A LA PLAYA



A TOUPIÑAQUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA


Moi bo verán e boas vacacións para todos e todas. Esperámosvos en setembro con moita ilusión por saber todo o que fixestes no verán! 

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

RELIXIÓN. BLOQUE IX (Traballando na casa)

MARIPOSA PRIMAVERAL 
NECESITAMOS: 
  • Pinzas para a roupa planas de madeira {unha por mariposa artesanal} 
  • Pintura artesanal: ¡calquera cor ou tipo que teñas! 
  • Prato de papel pequeno 
  • Pinceis Pequenos 
  • Tesoiras 
  • Pegamento ou cola. 
  • Papel de bloc de notas. Pensade en cores ou estampados brillantes de primavera! 
  • Lapis 
  • Marcador negro 
  • opcional: adhesivos pequenos, pedrería, Pegamento brillante 
INSTRUCIÓNS PARA CREAR A MARIPOSA: 
  • Primeiro botade un pouco de pintura artesanal no teu prato de papel. Faga que os nenos pinten un lado das suas pinzas para a roupa (un por mariposa) como queiran. Achegue ollos negros cun marcador negro. Deixádeo para que se seque. 
  • Logo, toma o papel de bloc de notas e un lapis. Trace as mans do seu fillo no papel. Repita para que teña dúas pegadas por mariposa. 
  • Agora corta as pegadas coas tesoiras e tamén algunhas antenas (dúas por mariposa). 
  • Unha vez que se cortan as pegadas das mans, sigue adiante e pegámolas xunto cos recortes de antena na parte posterior das túas pinzas para a roupa pintadas. 
  • Para rematar a artesanía de marionetas coas pegadas das mans, faga que os nenos/as decoren as ás e o corpo como queiran. 
  • Logo o deixamos a secar e cando estea seco, xa podemos xogar con elas. 
MARGARIDAS CON TIRAS DE PAPEL. 

NECESITAMOS 
  • Necesitamos: 
  • Papel de cores. 
  • Tesoiras. 
  • Pegamento. 
INSTRUCIÓNS PARA FACER MARGARIDAS DE CORES
Cortamos o papel en tiras delgadas e despois unimos os extremos das tiras para formar ondas. Posteriormente, as pegamos directamente sobre a folla de papel ou cartón. Logo podes utilizar pequenos recortes de papel, gomets ,etc. para engadir os pequenos detalles. 


POMBA DO ESPÍTITO SANTO 
  1. Tedes que colorear según está marcado. 
  2. Recortade e pegade como a foto nun folio de cor azul ou verde. 


Se vos apetece podedes facer una pomba que simboliza o Espírito Santo. 
  • Necesitades un prato de cartón branco. 
  • Un lapis para debuxar a silueta da pomba. 
  • Unhas tesoiras para recortar. 
  • Uns rotuladores para pintar os ollos e o pico. 
  • Pegamento. 
SEI QUE FAI TEMPO QUE NON NOS VEMOS EN PERSOA PERO EU NON ME ESQUENZO DOS ALUMNOS/AS. 
QUERO DESEXARLLES A TODOS UN MOI FELIZ VERÁN E SE É POSIBLE SEN COVI-19. OGALLÁ POIDAMOS VERNOS EN SETEMBRO E TEÑAMOS UN CURSO MÁIS NORMAL QUE ESTE.

EDUCACIÓN FÍSICA IX (Traballando na casa)

Boas a todas e todos. 
Agardo que esteades ben e adaptados á nova normalidade que nos tocou vivir neste tempo. 
O curso remata así que propóñovos unha serie de tarefas que espero que vos gusten. 
Disfrutade moito do verán e explotade todos os recursos que tedes para pásalo xenial nos ratos de ocio. Xa sabedes que, cando vos deades de conta, estamos de volta no cole e con moitas gañas de comezar de novo espero. 
Unha forte aperta a todas e todos. 

Buenas a todos. 
Espero que estéis bien y adaptados a la nueva normalidad que hemos tenido que vivir en este momento. 
El curso termina, así que os propongo una serie de tareas que espero que os gusten 
Disfrutad mucho del verano y explotad todos los recursos que tenéis para pasar un buen rato en los momentos de ocio. Sabéis que cuando os deis cuenta ya estamos de vuelta en la escuela y con ganas de comenzar de nuevo, espero. 
Un fuerte abrazo a todos y todas. 

Xogos para o verán e para xogar en espazos abertos os días de calor, sexa na praia, campo, parque, ... 
Juegos para el verano y para jugar en espacios abiertos en días calurosos, ya sea en la playa, campo, parque, ... 

  • A MOLLARSE 
Como levamos un par de cursos sen festa da auga, gustaríame que vos lembrarades do ben que o pasábamos e busquedes un día ou varios días de moita calor e xoguedes coa familia, cos amigos,.. a diferentes xogos con auga: guerra de globos de auga, mollar coa mangueira, facer pompas xigantes, mollarse con caldeiros, carreira de vasos con auga, pista deslízante cun plástico e auga con lavalouzas, tamén usade pistolas de auga coas amigas e amigos ou esponxas de auga, o importante é pasar un bo rato, ou incluso podedes inventar algún xogo e á volta mo contades e igual o poñemos en práctica no cole, vale?
  • A MOJARSE 
Como llevamos un par de cursos sin una fiesta acuática, me gustaría que recordarais lo bien que lo pasábamos y que busquéis un día o varios días de calor y juguéis con familiares, amigos, ... a diferentes juegos con agua: guerra de globos agua, mojar con una manguera, hacer pompas gigantes, mojarse con calderos, carrera de vasos con agua, deslizarse con un plástico y agua con lavavajillas, también usar pistolas de agua con amigas y amigos o jugar con esponjas de agua. Lo importante es pasar un buen rato , o incluso podéis inventar un juego y al volver me contáis y así lo ponemos en práctica en la escuela, ¿de acuerdo? 
  • O BALÓN XIGANTE 
Outro dos xogos que vos gusta bastante é o do balón xigante, onde buscaremos que non toque o chan dándolle con diferentes partes do noso corpo, tamén podemos inchar un globo grande ou incluso enchelo con algo de auga a ver se lle estoupa a alguén. Cantos máis sexamos mellor, ou incluso podemos facer dous equipos a ver quen dá máis toques ou roubarse a pelota. 
  • EL BALÓN GIGANTE 
Otro juego que os gusta mucho es la bola gigante, donde tratamos de no tocar el suelo golpeando la pelota con diferentes partes de nuestro cuerpo, también podemos inflar un globo grande o incluso llenarlo con un poco de agua para ver si le explota a alguien. Cuantos más seamos, mejor, o incluso podemos hacer dos equipos para ver quién da más toques o roba el balón. 
  • A ENSUCIARNOS 
A este xogo podemos xogar en diferentes lugares, o importante é mellorar o coñecemento do noso corpo, a sensibilidade,... 
Buscaremos embarrarnos a nós mesmos ou a outra persoa, ou outra persoa a nós, con diferentes materiais que teñamos: area de praia, mollada ou seca,pintura de dedos pola cara, brazos ou pernas, barro, crema protectora para o sol,... iso si facelo con sentidiño.
  • A ENSUCIARNOS 
Podemos jugar a este juego en diferentes lugares, lo importante es mejorar el conocimiento de nuestro cuerpo, la sensibilidad, ... Trataremos de embadurnarnos a nosotros mismos o a otra persona, u otra persona a nosotros. Con diferentes materiales que tengamos: arena de playa, húmeda o seca, pintura de dedos en la cara, en brazos o piernas, barro, protector solar, etc. Eso sí con sentido y con el permiso de la familia. 
  • REALIZAR UNHA GYMKANA OU BÚSQUEDA DO TESOURO 
Podedes inventar unha gymkana ou coa axuda da familia que vos fagan unha e logo a traedes ao cole para realizala alí en setembro ou cando poidamos. 
Tedes que realizar diferentes xogos sinxelos que coñezades ou inventados por vós, para traballar diferentes habilidades , enigmas, equilibrio,...en base ao número de xogadores que sexades, os equipos, os materiais dos que dispoñades,... 
Tamén podedes facer unha busca do tesouro onde un esconde algo e dá pistas ao resto para atopar o tesouro, ou incluso en grupo buscar cunchas na praia, pedriñas, piñas,... no campo. Incluso podedes facer mapas do tesouro ou facer recontos de quen atopou máis cousas. 
  • REALIZA UNA GYMKANA O BÚSQUEDA DEL TESORO 
Podéis inventar una gymkana o con la ayuda de la familia que os hagan una para vosotras y luego llevarla a la escuela para hacerla allí en septiembre o cuando podamos. 
Tenéis que hacer diferentes juegos simples que conozcáis o inventéis por vosotros, para trabajar diferentes habilidades, acertijos, equilibrio, ... según la cantidad de jugadores que seáis, los equipos, los materiales que tengáis, ... 
También podéis hacer una búsqueda del tesoro donde alguien esconde algo y da pistas al resto para encontrar el tesoro, o incluso en grupos, buscando conchas en la playa, guijarros, piñas, ... en el campo. Incluso podéis hacer mapas del tesoro o hacer recuento de quién encontró más objetos. 
  • FACER UN PEQUENO DIARIO 
Por último pedirvos, se vos acordades, que fagades ou vos axuden a facer un pequeno diario con aquelas cousas divertidas: xogos, anécdotas, contos, fazañas,cousas incribles,... que vos acontezan durante as vacacións para que logo no las poidades contar á volta ou as manden as vosas familias e as poidamos ler ao resto de compañeiras e compañeiros do cole.
  • HACER UN PEQUEÑO DIARIO 
Por último, si os acordáis, que hagáis solos o con ayuda un pequeño diario con aquellas cosas divertidas: juegos, anécdotas, historias, hazañas, cosas increíbles, ... que os sucedieron durante las vacaciones, para que luego podáis contarlas en clase la vuelta o que las manden vuestras familias y podamos leérselo al resto de los compañeros de clase. 

Desexando vervos pronto e que pasedes un verán xenial, un saúdo para todas e todos. 
Deseando veros pronto y que paséis un gran verano, un saludo a todos y todas. 

Jorge, mestre de Educación Física