miércoles, 13 de enero de 2016

PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS E DA VIDA DIARIA

Co fin de ofrecer ao noso alumnado unha maior calidade de vida e de educación, o pasado mes de decembro o Departamento de Orientación puxo en marcha un Programa de Habilidades Sociais e da Vida Diaria,para desenvolver cun grupo de alumnos/as do colexio.
Unha vez a semana,en pequeno grupo, traballaremos aspectos que incidan positivamente na súa autonomía,integración e independencia.

Desde pequenos,vivimos e desenvolvémonos dentro dunha sociedade,as relacións sociais e as habilidades  da vida diaria   dótannos de estratexias que nos permiten desenvolvernos dentro desa sociedade dunha maneira máis ou menos positiva.
Este Programa ten como obxectivo ofrecer os/as nosos alumnos/as experiencias e estratexias que lles doten de recursos para desenvolverse mellor na vida diaria.          
Pretendese que:
  • Sexan capaces de  elixir entre varias opcións.(a película que queren ver, o xogo ó que queren xogar, a roupa que queren mercar ou poñer,..)
  • Aprendan a expresar e recoñecer as emocións propias e alleas.  
  • Aprendan a dicir “no”
  • Recoñezan o seu proio corpo, e os cambios que nel vanse producindo. (pubertade, mestruación, masturbación,..)
  • Recoñezan e posúan recursos para evitar os abusos
  • Alcancen uns coñecementos mínimos sobre os cartos e para que se utilizan.
  • Recoñezan certos documentos imprescindibles nas nosas vidas: D.N.I, tarxeta sanitaria, tarxeta do bus,…
    PICTOGRAMAS ARASAAC
  • Aprendan a desenvolverse e actuar ante certas situacións: un incendio, perderse na rúa,…
  • Teñan capacidade para iniciar vínculos socias (iniciar conversacións, compartir cousas, facer cumpridos,dar queixas,quedar con amigos/as…)
Si tedes algunha inquedanza ou hai algún tema que pensedes sexa de interese para tratar dentro dese programa non dubidedes en poñervos en contacto co departamento de Orientación do colexio.
Ó longo do curso xa vos iremos informando con máis detalle da evolución do programa.
Un cordial saúdo


Departamento de Orientación do CEE A Barcia

lunes, 11 de enero de 2016

MENÚ DE XANEIRO!



Remataron as vacacións e volvemos a escola!, non hai mellor forma de coller forzas que cunha boa e rica comida.



DÍA
COMIDA DO MEDIODÍA
7
Lentellas
Croquetas con leituga
Natillas
8
Porrusalda
Empanada de polo
Iogur
11
Crema Dubarri
Tenreira con macarróns
Iogur
12
Potaxe de garabanzos
Melva en salsa verde
Flan
13
Ensalada mixta con froitos e salsa de iogur
Arroz con bacallau e pasas
Iogur
14
Caldo galego
Coello estofado con gornición
Natillas
15
Chícharos com xamón
Fideuá
Iogur
18
Sopa de pasta
Guiso de tenreira com patacas
Iogur
19
Fabas con polbo
Bacallau rebozado con ensalda
Flan
20
Grelos con xamón
Espaguetis á boloñesa
Iogur
21
Sopa xuliana
Arroz á mariñeira
Natillas
22
Crema de cenoria
Polo asado con patacas cocidas
Iogur

25
Caldo verde
Tenreira con arroz
Iogur
26
Lentellas guisadas
Croquetas con ensalada
Flan
27
Brócoli con chourizo
Atún con tomate e patacas
Iogur
  28
Crema de cenoria, porro e patacas
Polo con gornición
Natillas
29
Xudías con ovo
Luras fritidas con arroz con cogumelos
Iogur