miércoles, 26 de noviembre de 2014

BLOG DE PRENSA-ESCUELA DA AULA 5

Varias aulas do noso centro participan no programa de prensa-escuela organizado pola Voz de Galicia.

Na aula 5 puxeron en funcionamento un blog e dende aquí queremos animarvos a que o visitedes:

CEE A BARCIA A5



SAMAÍN - MAGOSTO 2014

Tras un largo parón xa estamos de volta!. 

Como cada Novembro no centro celebramos o Samaín e o Magosto. Unha festa que ao noso alumnado gústalle moito. Este ano fixemos unha festa de disfraces, realizamos uns xogos, comemos as castañas e para finalizar un pouquiño de música para animarnos.

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos!


 


Tras un largo parón ya estamos de vuelta!
Como cada Noviembre en nuestro centro celebramos el Samaín y el Magosto. Una fiesta que a nuestro alumnado le gusta mucho.
Este año hicimos una fiesta de disfraces, realizamos unos juegos, comemos las castañas y para finalizar un poco de música para animarnos.
En el siguiente vídeo podeis ver lo bien que lo pasamos!

miércoles, 14 de mayo de 2014

Visita ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Os alumnos do PCPI disfrutaron moitísimo dunha excursión ó Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Aquí tedes un video con tódalas cousas que alí fixeron.


Los alumnos del PCPI disfrutaron muchísimo de una excursión al Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Aquí tenéis un video con todas las cosas que allí hicieron.

jueves, 8 de mayo de 2014

Contos adaptados da biblioteca


Este curso, dende a biblioteca, propuxémonos a tarefa de adaptar dous contos tradicionais para adecualos ás necesidades e capacidades do noso alumnado. Os contos son PINOCHO e CINCENTA.
O proceso de adaptación consiste no tratamento de imaxes , do texto e no apoio visual dos contidos con pictogramas. As páxinas dos contos están plastificadas para facilitar a manipulación das mesmas e a súa conservación.


En canto o tratamento das imaxes, tratamos de achegar o estímulo visual ós alumnos e alumnas. Para conseguilo, ampliamos ditas imaxes para facilitar a súa percepción.
Estos bonitos dibuxos son proporcionados pola revista  de recursos didácticos "Maestra de infantil" da editorial EDIBA.




O texto narrativo adaptouse mediante a simplificación dos contidos, tentando unha linguaxe sinxela e adaptada á capacidade de entendemento do noso alumnado, así como a utilización de pictogramas de ARASAAC como apoio visual e conceptual da narración.
O resultado é o que vos mostramos nas imaxes. Esperamos que sexan ben acollidos polo alumnado, familias e docentes.




Este curso, desde la biblioteca, nos propusimos la tarea de adaptar dos cuentos tradicionales para adecuarlos a las necesidades y capacidades de nuestro alumnado. Los cuentos son PINOCHO y CINCENTA.
El proceso de adaptación consiste en el tratamiento de imágenes , del texto y en el apoyo visual de los contenidos con pictogramas. Las páginas de los cuentos están plastificadas para facilitar la manipulación de las mismas y  su conservación.
En cuanto al tratamiento de las imágenes, tratamos de acercar el estímulo visual a los alumnos y alumnas. Para conseguirlo, ampliamos dichas imágenes para facilitar  su percepción.
Estos bonitos dibujos son proporcionados por la revista de  recursos didácticos "Maestra de infantil" de la editorial EDIBA.
El texto narrativo se adaptó mediante la simplificación de los contenidos,intentando un lenguaje sencillo y adaptado a la capacidad de entendimiento de nuestro alumnado, así como la utilización de pictogramas de ARASAAC como apoyo visual y conceptual de la narración.
El resultado es lo que os mostramos en las imágenes. Esperamos que sean bien acogidos por el alumnado, familias y docentes.


lunes, 5 de mayo de 2014

Contacontos na biblioteca



 Aproveitando a celebración do día do libro, dende a biblioteca organizouse un contacontos para todo o colexio. Fixemos dúas tandas para que non houbera tanto ruido e puideramos escoitar os contos máis tranquilamente. Os títulos elexidos foron "No bosque", "Tío Lobo" e "Os tres porquiños".




Para contar o conto de "No bosque", utilizouse un panel gráfico e figuras recortadas para reforzar a súa lectura e que resultara máis atractivo para os rapaces.



 Lucía contou "Tío Lobo" a través dunha marioneta que xa é coñecida polos nosos alumnos. Gústalles moito.


 


E para contar "Os tres porquiños" utilizáronse uns libros feitos polo equipo da biblioteca que en próximas entradas poderedes ver en detalle.




A xornada foi un éxito. Esperamos que vos gusten as fotos. Ata pronto!

 Aprovechando la celebración del día del libro, desde la biblioteca se organizó un cuentacuentos para todo el colegio. Hicimos dos tandas para que no hubiera tanto ruido y pudiéramos escuchar los cuentos más tranquilamente. Los títulos elegidos fueron "No bosque", "Tío Lobo" e "Os tres porquiños".


Para contar el cuento de "No bosque", se utilizó un panel gráfico y figuras recortadas para reforzar  su lectura y que resultara más atractivo para los chicos.

Lucía contó "Tío Lobo" a través de una marioneta ya conocida por nuestros alumnos. Les encanta.

Y para contar "Os tres porquiños" se utilizaron unos libros hechos por el equipo de biblioteca y que en próximas entradas podréis ver en detalle.

La jornada fue un éxito. Esperamos que os gusten las fotos. ¡Hasta pronto!

viernes, 25 de abril de 2014

Despedimos a Julia



Despois de tantos anos, chegou o momento de dicirlle adeus a nosa querida Julia. Julia foi enfermeira deste centro durante trinta e dous anos. Desenvolveu o seu labor con toda a profesionalidade e o cariño do mundo, sempre cun sorriso e unha palabra amable para os alumnos. Moitos dos maiores tamén botamos en falta os seu mimos, porque ela tiña abondo para todos. Por iso, querida Julia, desexámoste de corazón unha estupenda xubilación, chea de bos momentos coa túa familia, cos preciosos netos que teñen a sorte de terte como avoa e coa tranquilidade que che vai dar o traballo ben feito. Botarémoste moitísimo de menos. 


Después de tantos años, llegó el momento de decirle adiós a nuestra querida Julia. Julia fue enfermera de este centro durante treinta y dos años, y de eso hace ya mucho tiempo. Desarrolló su labor con toda la profesionalidad y el cariño del mundo, siempre con una sonrisa y una palabra amable para los alumnos. Muchos de los mayores también echamos de menos sus mimos, porque ella tenía de sobra para todos. Por eso, querida Julia, te deseamos de corazón una estupenda jubilación, llena de buenos momentos con tu familia, con esos preciosos nietos que tienen la suerte de tenerte como abuela, y con la tranquilidad que da el trabajo bien hecho. Te echaremos muchísimo de menos.

jueves, 10 de abril de 2014

Cómo traballamos coas tablets


O traballo que realizamos co noso alumnado, varía en función das caracterísiticas e necesidades de cada alumno en concreto. Sobre todo centrámonos nos seguintes aspectos para seleccionar as actividades a realizar con cada un:
  • Capacidade cognitiva do alumno.
  • Se é capaz de tocar a tablet cun dedo (xesto de sinalar).
  • Se é capaz de traballar cando se lle presentan diferentes estímulos ó mesmo tempo.
  • Se é capaz de controlar, en certa medida, a súa impulsividade.
  • Se é quen de realizar unha actividade por si mesmo ou si necesita supervisión continua.
A única adaptación que fixemos nas tablets foi aumentar o tempo de bloqueo que pasou a ser de 30 minutos.
As aplicacións coas que traballamos descargámolas en Google Play e son gratuítas (con algunhas so podemos traballar ata certa pantalla) e outras elaborámolas coa Araboard, Lim e Power Point,
Exemplo de actividades cas que traballamos:
  • Actividades para entrar en contacto coa tablet e traballar causa-efecto:



  • Actividades de atención:




  • Actividades de memoria:

  • Labirintos:

  • Actividades de grafomotricidade:

  • Actividades de pintar:

  • Os sentimentos:

  • Actividades de vocabulario:

  • Varios contidos:

  • Comunicadores: Elaboramos comunicadores para o alumnado co PictoDroid Lite:

  • Contos elaborados no colexio en formato video:

  • Presentacións en power point.




  • Actividades Lim elaboradas (algunhas actividades non se poden realizar):

O listado de aplicacións que realizamos no grupo de traballo atópase no seguinte enlace: