jueves, 16 de noviembre de 2023

ANAQUIÑOS DE OUTONO

Nas aulas 11 e 12 levamos semanas traballando e sentindo o outono a través de xogos, cancións, arte e pintura, contos, experimentación, excursións ao patio...
En las aulas 11 y 12 llevamos semanas trabajando y sintiendo el otoño a través de juegos, canciones, arte y pintura, cuentos, experimentación, excursiones al patio...


E de tanto falar do outono, quedounos a cara ao estilo de Arcimboldo!
¡Y de tanto hablar del otoño, nos quedó la cara al estilo de Arcimboldo!

domingo, 12 de noviembre de 2023

OUTONO XOVE

O pasado 27 de outubro abriu o prazo para inscribirse no programa da Xunta Outono Xove 2023. Un programa de educación non formal durante os fins de semana do outono con actividades formativas e de lecer para a mocidade durante os meses de novembro e decembro.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda para a que se presenta a solicitude. Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.
As actividades comezarán a partir do 3 de novembro.

A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisaran.

A reserva de praza efectuarase unicamente a través do formulario de inscrición que se poderá cubrir directamente na páxina web xuventude.xunta.es. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez esgotadas crearase unha lista de reserva, tamén por orde de chegada.

Para máis información consultade o FOLLETO OUTONO XOVE (xunta.es)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA

sábado, 11 de noviembre de 2023

SAMAÍN VIII: FESTA

E para rematar unha mañá tan divertida... festa na sala de xogos!
Y para acabar una mañana tan divertida... fiesta en la sala de xogos!

viernes, 10 de noviembre de 2023

SAMAÍN VII: OBRADOIRO 3

No apartamento do cole fixemos unha comida que daba moito medooooo....
En el apartamento del cole hicimos una comida que daba mucho miedooooo...
  • ATAÚDES SABROSOS.

  • OLLOS SANGUENTOS.

CLUB DE LECTURA IV: ANDANDO Á ESCOLA

O Club dos raros estivo a traballar co conto interactivo "Andando á escola".
El Club de los raros estuvo trabajando con el cuento interactivo "Andando a la escuela"

jueves, 9 de noviembre de 2023

SAMAÍN VI: OBRADOIRO 2

Mentres que na Biblioteca tocaban cousiñas un pouquiño noxentas, no salón de actos pintabamos a cara e as uñas e creabamos monstros!
Mientras que en la Biblioteca tocaban cositas un poquito asquerosas, en el salón de actos pintábamos la cara y las uñas y creábamos monstruos. 

PINTADO DE CARA E UÑAS

CREACIÓN DE MONSTROS



Aquí están os nosos monstro! (aquí están nuestros monstruos!)


Apagamos a luz e acendemos a luns negra?
Apagamos la luz y encendemos la luz negra?

martes, 7 de noviembre de 2023

SAMAÍN V: OBRADOIRO I

Na Biblioteca sentimos coas caixas e bolsas sensoriais e cos experimentos (aínda que moitos deles non os puidemos realizar por falta de tempo, tocará esta semana!).
Aquí están as nosas caixas!.
En la Biblioteca sentimos con las cajas y bolsas sensoriales y con los experimentos (aunque muchos de ellos no los pudimos realizar por falta de tiempo, tocará esta semana!). Aquí están nuestras cajas!


A tocar e a sentir!
A tocar y a sentir!


E como soará o Samaín?
Y cómo sonará el Samaín?