lunes, 10 de diciembre de 2018

BOLAS DE NADAL

Xa é Nadal nas aulas 11 e 12, así que quixemos facer cós nosos nenos unha fermosas bolas coas súas manciñas. Aquí tedes unha montaxe do proceso e do resultado final. A nós parécenos que quedaron ben chulas. 
Ya es Navidad en las aulas 11 y 12, así que quisimos hacer con nuestros niños unas preciosas bolas con sus manitos. Aquí tenéis un montaje del proceso y del resultado final. A nosotras nos parece que quedaron bien chulas.

domingo, 9 de diciembre de 2018

XORNADA DE CONVIVENCIA

Dentro dos actos programados con motivo da celebración do 25 aniversario do centro, o pasado luns 3 de decembro coincidindo co día da DISPACIDADE, organizamos unha xornada de convivencia co C.E.I.P “Rosalía de Castro” de Padrón. 
O grupo estaba formado por 36 nenos/as de 6º de Ed. Primaria, que cruzaron as portas do noso colexio, cheos de ledicia e ilusión. 
No salón de actos, Esperanza a orientadora, explicoulles un pouco as características, funcionamento e actividades que realizamos todos os días. 
Despois os nosos invitados, divididos en dous grupos, contáronnos uns contos moi bonitos: “Corre, corre ,cabaciña” e “Chivos, Chivóns”. Foi moi divertido 
A continuación mentres os nosos pequechos ían ao recreo, Jorge o mestre de Ed. Física organizou uns xogos moi divertidos na sala de xogos, para que os/as alumnos/as do outro colexio evidenciaran na súa propia pel o tema da discapacidade. 
E como non hai festa que se prece, para rematar a xornada de convivencia, chegou a merenda e o baile. 

Dentro de los actos programados con motivo de la celebración del 25 aniversario del centro, el pasado lunes 3 de diciembre coincidiendo con el día de la DISPACIDADE, organizamos una jornada de convivencia con el C.E.I. P “Rosalía de Castro” de Padrón. El grupo estaba formado por 36 niños/as de 6º de Ed. Primaria, que cruzaron las puertas de nuestro colegio, llenos de alegría e ilusión. En el salón de actos, Esperanza la orientadora, les explicó un poco las características, funcionamiento y actividades que realizamos todos los días. Después nuestros invitados, divididos en dos grupos, nos contaron unos cuentos muy bonitos: “Corre, corre, cabaciña” y “ Chivos, Chivóns”. Fue muy divertido. A continuación mientras nuestros pequeños iban al recreo, Jorge el maestro de Ed. Física organizó unos juegos muy divertidos en la sala de juegos, para que los/las alumnos/as del otro colegio experimentaran en su propia piel el tema de la discapacidad. Y como no hay fiesta que se precie, para finalizar la jornada de convivencia, llegó la merienda y el baile.






TERAPIA CANINA.

Un venres máis temos a visita dos nosos amiguiños de catro patas. Por moitas fotos que vos ensinemos non podemos explicar todo o mundo de sensación e emocións que o noso alumnado amosa con estes animaliños. 
Un viernes más tenemos la visita de nuestros amiguitos de cuatro patas. Por muchas fotos que os enseñemos no podemos explicar todo el mundo de sensaciones y emociones que nuestro alumnado muestra con estos animalitos.





MAGOSTO 2018

O venres 16 de novembro celebramos o Magosto.  O día empezou no apartamento onde o alumnado das aulas 3 e 5 fixeron castañas cocidas, ao mesmo tempo que o noso "castañeiro" preparaba as castañas asadas. Cando estiveron listas todo o centro xuntámonos no patio cuberto a saborear as ricas castañas. Despois realizamos diferentes xogos/actividades en grupo:
  • Lanza - castañas.
  • Pesca - castañas.
  • Caixa sorpresa.
  • Maquillaxe e photocall.
Pasámolo xenial e como non!, xa estamos pensando na seguinte festa...

El viernes 16 de noviembre celebramos el Magosto. El día empezó en el apartamento donde el alumnado de las aulas 3 y 5 hicieron castañas cocidas, al mismo tiempo que nuestro "castañero" preparaba las castañas asadas. Cuando estuvieron listas todo el centro nos juntamos en el patio cubierto a saborear las ricas castañas. Después realizamos diferentes juegos/actividades en grupo: Lanza-castañas / Pesca-castañas / Caja sorpresa / Maquillaje y photocall. Lo pasamos genial y como no!, ya estamos pensando en la siguiente fiesta...


jueves, 6 de diciembre de 2018

O MAGOSTO EN FAMILIA

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega pedimos a colaboración das familias do CEE A Barcia para que nos contaran como celebraban o Magosto (é unha festa tradicional galega que se celebra de diferentes formas dependendo do lugar). Queremos agradecer a vosa colaboración e así celebran as nosas familias o MAGOSTO!
Desde el Equipo de Dinamización de la Lengua Gallega pedimos la colaboración de las familias del CEE A Barcia para que nos contaran como celebran el Magosto (es una fiesta tradicional gallega que se celebra de diferentes formas dependiendo del lugar). Queremos agradecer vuestra colaboración y así celebran nuestras familias el MAGOSTO!










miércoles, 5 de diciembre de 2018

MAGOSTO. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

Queremos agradecer ás familias do CEE A BARCIA por axudarnos a encher a nosa árbore dos desexos de castañas. 
MOITAS GRAZAS!

Queremos agradecer a las familias del CEE A Barcia por ayudarnos a llenar nuestro árbol de los deseos de castañas. Muchas Gracias!




OUTONO CREATIVO

O Outono é unha temática que se traballa en tódolos niveis do noso cole e a verdade é que os/as nosos/as alumnos/a e mestres/as sempre nos sorprenden coa súa creatividade e orixinalidade. Noutras entradas do blog xa compartimos diferentes formas de traballar esta estación e as que vos deixamos agora vanvos encantar!
El Otoño es una temática que se trabaja en todos lo niveles de nuestro cole y la verdad es que nuestros/as alumnos/as y profesores/as siempren nos sorprenden con su creatividad y orginalidad. En otras entradas del blog ya compartimos diferentes formas de trabajar esta estación y las que os dejamos ahora os van a encantar!