miércoles, 12 de febrero de 2014

Elaboramos material de estimulación táctil

Seguindo as recomendacións da asesora da ONCE estamos a realizar material para unha alumna do noso centro que presenta unha deficiencia visual, centrándonos na estimulación táctil.
 





Recoñecer de que material se trata: arroz, fariña, papel, la ou algodón.











Atopar o que ten un tacto diferente.











Grandes e pequenos: atopar as parellas (buscar os dous círculos que estean feitos co mesmo  material)











Atopar o rectángulo que ten o mesmo tacto que o modelo.

















Siguiendo las recomendaciones de la asesora de la ONCE estamos realizando material para una alumna de nuestro centro que presenta una deficiencia visual, centrándonos en la estimulación táctil.

Foto 1: reconocer de qué material se trata: arroz, harina, papel, lana o algodón.
Foto 2: Encontrar lo que tiene un tacto diferente.
Foto 3: Grandes y pequeños. Encontrar las parejas (buscar los dos círculos que estén hechos con el mismo material).
Fotos 4 y 5: Encontrar el rectángulo que tiene el mismo tacto que el modelo.
 

domingo, 9 de febrero de 2014

Día da paz 2014



O pasado Xoves 30 de xaneiro celebramos no colexo o día da paz. En realidade xa levábamos un tempo traballando no tema a través de fichas , cancións e unha exposición de libros cun bonito mural colocados na entrada do centro . O mural está construído con pequenos debuxos que realizaron algúns dos nosos alumnos e a verdade é que nos encantou o resultado.

A canción que bailamos e cantamos toda a semana foi "Paz paz paz" do cantante Juanes, unha canción cunha bonita mensaxe e con moitísimo ritmo, como nos gusta a nós.

O xoves, reunímonos todos na entrada do colexio. Alí algúns dos rapaces leron ou dixeron frases relacionadas coa paz. 

 




Tamén escoitamos " Un can e un gato" da editorial OQO.


               
                        







Cando empezou a soar a canción, fixemos un percorrido polos corredores do colexio levando un maio da paz que elaboraron os alumnos máis maiores.


E para rematar o acto fixemos unha solta de pombas coma símbolo da paz. As pombas pertencen o pai da mestra María e dende aquí dámoslle as grazas por ser tan xeneroso e deixárnolas. A verdade é que se está a converter nunha tradición.

Deixámosvos un video da canción de Juanes que atopamos en youtube. Que a disfrutedes!
         



El pasado Jueves 30 de enero celebramos en el colegio el día de la paz. En realidad ya llevábamos un tiempo trabajando en el tema a través de fichas , canciones y una exposición de libros con un bonito mural colocados en la entrada del centro . El mural está construído con pequeños dibujos que realizaron algunos de nuestros alumnos y la verdad es que nos encantó el resultado.

La canción que bailamos y cantamos toda la semana fue "Paz paz paz" del cantante Juanes, una canción con un bonito mensaje y con muchísimo ritmo, como nos gusta a nosotros. 
El jueves, nos reunímos todos en la entrada del colegio. Allí algunos de los chicos leyeron o dijeron frases relacionadas con la paz. 

También escuchamos el cuento "Un can e un gato" de la editorial OQO.

Cuando empezó a sonar la canción hicimos un recorrido por los pasillos del colegio llevando un maio de la paz elaborado por los alumnos más mayores.

Y para acabar el acto hicimos una suelta de palomas como símbolo de la paz. Las palomas pertenecen al padre de la maestra María. Desde aquí le damos las gracias por ser tan generoso y dejárnoslas. La verdad es que se está convirtiendo en toda una tradición.
Os dejamos con un video de la canción de Juanes que encontramos en Youtube. Que la disfrutéis!

martes, 4 de febrero de 2014

Imos visitar a Leo


Ola a todos e todas. Somos o grupo do PCPI de xardineiría do Cole, tiñamos moitas ganas de presentarnos:


 Hoxe estamos preparando o noso traballo na Biblioteca. Tódolos venres imos ver a Leo. Collemos un libro para levar a fin de semana para casa e podelo compartir coa nosa familia.



Nos andeis da nosa Biblioteca temos moitos libros onde elexir: contos clásicos, libros para reflexionar, para aprender cousas  novas ou simplemente para pasar un tempiño vivindo histórias fantásticas.






 Cando xa temos o noso libro, rexistrámolo e collemos unha ficha de traballo para cubrila unha vez lido.




A que traballamos moito?


 Somos el grupo de PCPI de Jardinería del cole, teníamos muchas ganas de presentarnos.
Hoy estamos preparando nuestro trabajo en la Biblioteca. Todos los viernes vamos a ver a Leo. Cogemos un libro para llevar el fin de semana para casa y poderlo compartir con nuestras familias. 
En las estanterías de nuestra biblioteca tenemos muchos libros dónde elegir: cuentos cñásicos, libros para reflexionar, para aprender cosas nuevas o simplemente para pasar un tiempo viviendo histórias fantásticas.
Cuando ya tenemos nuestro libro, lo registramos y cogemos una ficha de trabajo para cubrirla una vez leído.
¿A que trabajamos mucho?

miércoles, 29 de enero de 2014

Despedimos ó noso querido Honorato



Co remate do ano 2013, chegou ó seu fin a carreira profesional do noso querido Honorato. E recalco o de  profesional, porque na súa carreira persoal quédanlle millóns de cousas que facer e millóns de cousas das que disfrutar. Creo que todos aqueles que chegamos a este centro, sentímonos acollidos por un home traballador, comprensivo, "escoitador", preocupado pola nosa adaptación, disposto a ter unha boa conversa diante dun café nos tempos de descanso, repetuoso coas opinións contrarias e todo iso mesturado cun xeito de mirar a vida dunha maneira resolutiva e serea. Desexámoste todo o mellor compañeiro. Terás que vir de visita, aínda que sexa a traer unhas froitiñas dese xardín que tanto estarás a coidar. Botámoste de menos. Con moito cariño:
 
                                                            A comunidade do Cee A Barcia


Con el final del año 2013, llegó a su fin la carrera profesional de nuestro querido Honorato. Y recalco lo de profesional, porque en su carrera personal le quedan millones de cosas que hacer y millones de cosas de las que disfrutar. Creo que todos aquellos que llegamos a este centro nos sentimos acogidos por un hombre trabajador, comprensivo, "escuchador", preocupado por nuestra adaptación, dispuesto a tener una buena conversación delante de un café en los tiempos de descanso, respetuoso con las opiniones contrarias y todo esto mezclado con una manera de ver la vida resolutiva y serena. Te deseamos todo lo mejor compañero. Tendrás que venir de visita, aunque sea a traer unas frutitas de ese jardín que tanto estarás cuidando. Te echamos de menos.Con mucho cariño:

                                                              La comunidad del Cee A Barcia

lunes, 20 de enero de 2014

Festival de Nadal

Seguimos poñendonos ó día con cousas que nos quedaron pendentes do ano pasado. Nesta ocasión deixámosvos as fotos do festival de Nadal. Seguro que vos van gustar.

Seguimos poniéndonos al día con cosas  que nos quedaron pendientes del año pasado. En esta ocasión os dejamos las fotos del festival de Navidad. Seguro que os van a gustar.


sábado, 11 de enero de 2014

Unha de cociña ( mouse de turrón á mandarina)

Antes de nada, dende o Cee A Barcia, queremos desexarvos un feliz ano para todos aqueles que nos acompañades e nos seguides tan asiduamente. Esperamos que este ano veña cargado de cousas boas e que sigades a compartir con nós todas as nosas experiencias. 

 Todavía nos quedan cousas estupendas do ano pasado por contarvos. Despois de recibir ós Reis Magos, tivemos unha sorpresa no comedor. Temos a sorte de contar cun estupendo equipo de cociña que ademáis de alimentarnos moi ben, mímanos moito como así o demostrou coa comida do último día antes das vacacións de Nadal. Tratábase dun menú sorpresa, composto por un coctel de marisco e un xarrete estofado con guarnición de verduriñas. Todo estaba tan ben presentado e con tanto cariño que nos puxemos moi contentos. Foi todo un agasallo.

O noso equipo de cociña


Coctel de marisco

Xarrete con verduriñas

 Tamén tivemos un postre moi especial. Tratouse dunha mouse de turrón á mandarina que tivo moitísimo éxito. Ímosvos a deixar a receita porque aínda que xa pasou o Nadal, seguro que tedes algunha tableta de turrón que vos sobrou e non sabedes que facer con ela. Seguro que triunfaredes.

MOUSE DE TURRÓN Á MANDARINA


Ingredientes:
-700 ml de nata líquida
-300 gr. de turrón brando
-1 vaso de leite
-100 gr. de améndoas crocantes

Para a xuliana de mandarina confitada:
-1 mandarina
-2 culleradas de auga
- 2 culleradas de aceite de xirasol
-4 culleradas de azúcre

Preparación da xuliana:  
Cortar a monda da mandarina moi fina. Colocar todos os ingredientes nunha tixola. Deixar a lume baixo uns 30 minutos. Escorrer a monda para un coador e separar ben. Arrefriar.






 Preparación da mouse:
-Quentar o leite e disolver nel o turrón. Triturar.

 
-Deixar arrefriar esta mestura .
-Montar a nata engadíndolle o zume de media mandarina. 


-Mesturar a mandarina coa crema (mouse) de turrón con movementos envolventes.
-Encher copas ou cuncas e deixar na nevera unhas horas.
-No momento de servir engadirlle o crocante de améndoas  e a xuliana de mandarina confitada.


Esperamos que vos guste. Bo proveito!

jueves, 26 de diciembre de 2013

Viñeron os Reis Magos!!!

Qué emoción!. O último día do cole estabamos tan tranquilos nas nosas aulas esperando á hora do festival cando chamaron á porta e recibimos unha agradable visita. Eran nin máis nin menos que os Reis Magos de Oriente!!!!. 
Estiveron un ratiño con nós e deixáronnos uns agasallos moi bonitos. Gustóunos moitísimo a súa visita.
Aquí vos deixamos unhas fotos. Perdoade a calidade, pero cos nervios e a emoción movíamonos moito e algunhas delas non son moi claras. Esperamos que vos gusten.



¡Qué emoción!. El último día del cole estábamos tan tranquilos en nuestras aulas esperando la hora del festival cuando llamaron a la puerta y recibimos una agradable visita. ¡¡ Eran ni más ni menos que los Reyes Magos de Oriente!!!!. 
Estuvieron un ratito con nosotros y nos dejaron unos regalos muy bonitos. Nos gustó muchísimo su visita.
Aquí os dejamos unas fotos. Perdonad la calidad, pero con los nervios y la emoción nos movíamos mucho y algunas de ellas no son muy claras. Esperamos que os gusten.