LOMBO DE PORCO A LARANXA (4 persoas)
INGREDIENTES:
-Cinta de lombo enteira (500 g)
-Cebola (2)
-Porro (1)
-Cenoria (5)
-Laranxas (dous vasos de zume)
-Aceite ó gusto
-Viño branco ó gusto
-Sal, pementa ó gusto
-Maicena
-Champiñóns laminados
ELABORACIÓN:
Picamos as verduras e cubrimos a bandexa do forno con elas. Colocamos o lombo nesta cama e rociamos con aceite, viño branco e salpementamos ó gusto.
Prequentamos o forno uns minutos a 180ª C. Cando estea coa temperatura adecuada introducimos a bandexa que tiñamos previamente preparada e deixamos asar durante unha hora e media aproximadamente ata conseguir un ton dourado.
Retiramos a bandexa e reservamos as verduras e o seu xugo para posteriormente trituralas.
Deixamos enfriar o lombo para logo proceder a cortalo en toros.
PARA A SALSA:
Facer zume de laranxa e reservar. Trituramos as verduras e pasámolas por un chinés. Nunha cazola engadimos as verduras tamizadas co seu xugo e un pouco de caldo (no seu defecto un pouco de auga), maicena ó gusto (para ir espesando a salsa) e deixamos mermar. Finalmente engadímoslle o zume de laranxa e os champiñóns.
Cortamos o lombo, colocámolo nunha bandexa e tapamos con esta salsa.
Pódese dar un toque de forno ó final para quentar a mestura.
Bo proveito!
O equipo de cociña



