lunes, 10 de septiembre de 2012

Benvidos!!!



Xa estamos de volta!

Unha vez máis estamos encantados de poder saludarvos dende este Recuncho tan especial.Este curso chegamos cargados de forza e ilusión para poder facer moitísimas cousas bonitas e poder compartilas con vós. 
Levamos unha semana traballando para que todo estea perfectamente preparado para poder recibir os nosos rapaces. Xa queda pouco e a verdade é que xa estamos desexando velos. Botaremos de menos os que xa non nos acompañan, tanto alumnos como compañeiros,  e desexámoslle dende aquí moi boa sorte a todos nas cousas que emprendan. Seguro que vos vai a ir moi ben, pero non nos olvidedes....
E nada máis. As portas do recuncho volven a estar abertas!! Ata o mércores! 


¡Ya estamos de vuelta!

Una vez más estamos encantados de saludaros desde este Recuncho tan especial. Este curso llegamos cargados de fuerza e ilusión para poder hacer muchísimas cosas bonitas y poder compartirlas con vosotros.
Llevamos una semana trabajando para que todo esté perfectamente preparado para poder recibir a nuestros chicos. Ya queda poco y la verdad es que ya estamos deseando verlos. Echaremos de menos a los que ya no nos acompañan, tanto alumnos como compañeros, y les deseamos desde aquí mucha suerte en todas las cosas que emprendan. Seguro que nos va a ir muy bien, pero no nos olvidéis...
Y nada más. ¡Las puertas del recuncho vuelven a estar abiertas! ¡Hasta el miércoles!


Aproveitamos para deixarvos o menú correspondente ó mes de setembro:

CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA

MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE SETEMBRO

        CURSO 2012/2013

DÍA
BOCADILLO DA MAÑÁ
COMIDA DO MEDIODÍA
12
BOCADILLO  DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
ENSALADA DE XOUBAS CON TOMATE
GUISO DE POLO CON COGOMELOS
PLÁTANO
13
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
MINESTRA DE VERDURAS
ARROZ CON BACALLAU
XEADO
14
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
ENSALADILLA RUSA
ESPAGUETES Á BOLOÑESA
KIWI
17
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
CREMA DE VERDURAS
TENREIRA CON CHAMPIÑÓNS
PERA
18
BOCADILLO DE MORTADELA OU FROITA (1)
ESPINACAS CON BECHEMEL
PEIXE ESPADA CON PATACAS /XEADO
19
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
ENSALADA DE PASTA
MELVA Á GALEGA/AMORODOS
20
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
ACELGAS CON ALLADA
POLO CON ALLO E PATACAS E IOGUR
21
BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA (1)
EMPANADA GALEGA DE BONITO
FILETE DE BACALLAU CON ENSALADA
PIÑA
24
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
SOPA DE PASTA
FILETE DE TENREIRA CON PATACAS COCIDAS
PELADILLO
25
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
TORTILLA DE PATACAS CON CABACIÑA
TALLARÍNS CON CHAMPIÑÓNS
QUEIXO GALEGO CON MARMELO
26
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVOOU FROITA (1)
SOPA DE BRÓCOLLI , CENORIA E PASTA
ATÚN Ó FORNO/PLÁTANO
27
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
MACARRÓNS CON TOMATE
LURAS Á ROMANA CON ENSALADA
IOGUR
28
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
SOPA DE TAPIOCA
ARROZ CON CARNE/PERA


 (1) Toman froita a media mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso.

SEGUIMOS COS MENÚS DE VERÁN ATA O MES DE OUTUBRO.

lunes, 2 de julio de 2012

Despedidas...

O día do festival dixémoslle adeus a sete dos nosos alumnos. A maioría deles levaban no centro moitos anos, enchendo de vida os nosos pasillos e as nosas aulas. Botarémolos  moitísimo de menos, pero isto no é un adeus, é un ata pronto xa que esperamos a súa visita nesta que xa é a súa casa. Deixámosvos cunha montaxe de fotos que proxectamos no festival, e que quixo ser o noso agasallo para eles e as súas familias. Moita sorte rapaces!





Ista é a última entrada deste curso. O noso recuncho estará valeiro durante os meses de verán xa que os nosos protagonistas están de vacacións. Dámosvos as grazas por ler as nosas entradas, seguir de preto o noso día a día e vivir dalgunha maneira connosco as nosas experiencias. 

Iste espazo encherase de novo en Setembro, e virá cargado de cousas boas que nos gustará seguir compartindo con todos vos. Grazas de novo por estar ó outro lado da pantalla.

sábado, 30 de junio de 2012

XA É FIN DE CURSO NO CEE A BARCIA!

Con motivo do fin de curso, o pasado venres día 15 de Xuño, A ANPA organizou unha merenda moi sabrosa da que participamos tódolos integrantes do CEE A Barcia. Seguidamente, a compañía de Títeres Cachirulo amenizou a mañá cunha obra da que tanto nenos, coma adultos desfutamos moito.

Xa o día 22 de Xuño, organizamos o festival de fin de curso no centro, unha festa na que os verdadeiros protagonistas foron os nosos alumnos, pero que contou coa asistencia de moitos papás e familias.

Deixámosvos cunha montaxe destos dous eventos. Esperamos que vos guste!.



jueves, 28 de junio de 2012

Últimas actividades

Aínda que o tempo non nos acompañou demasiado neste fin de curso, sí que tivemos algúns días cunha temperatura agradable no mes de xuño. Xa sabedes que nos encanta estar ó aire libre e disfrutar dun pouco de sol e bos ritmos. Por iso o noso profe de música, Telmo, impartiu algunhas das súas clases no patio exterior, e a verdade é que os rapaces pasáronno xenial  tocando e bailando algunhas pezas ó son da gaita e os tambores.

Ademáis disto, a profesora de educación Física, Cristina, organizou unha charla dentro do noso centro sobre colombofilia. Un señor moi simpático dounos unhas explicacións moi interesantes sobre o adestramento de pombas para convertilas en pombas mensaxeiras. Puidemos tocalas e acaricialas e ó final da charla saímos ó patio para soltalas. Aprendimos moito e pasámolo moi ben.

E dentro das actividades do proxecto Arce, algunhas aulas do cole visitaron a praza de abastos de Santiago. Fixeron algunhas compras de productos da nosa terra, falaron con algúns dos vendedores do mercado e deron un paseíño pola zona vella. Antes de voltar, tomaron algo nuha cafetería cercana ó mercado. 

De todo isto hai testimonio gráfico nestas fotos que vos deixamos a continuación. Desexamos que vos guste.

                     

martes, 26 de junio de 2012

Subxestións do departamento de A.L: Xa non son pequeno

Son un ser en desenvolvemento, e este é un proceso lento, pero...



- Non me deas todo feito. Dáme responsabilidades adaptadas a miña idade e capacidade.








- Teño que aprender a comer cada vez menos triturado ata facelo de forma sólida. (O contacto con diferentes texturas e sabores é imprescindible para o desenvolvemento dunha boa función mastigatoria).







  - Preciso ser cada vez máis autónomo
non me axudes máis do necesario.                              








- Fomenta a miña actividade e actitudes exploratorias.









 - Dáme a oportunidade de elixir sinalando e collendo obxectos, isto motivarame a usar e desenvolver as habilidades comunicativas.







- Fálame sempre mentres realizamos todo tipo de tarefas (comer, baño, vestido...).







 - A atención conxunta (onde ti e teu fillo facedes, mirades e escoitades as mesmas cousas) desenvolven habilidades necesarias para aprender e comunicar.








- Utilizar os xestos naturais sempre, para apoiar a palabra falada.






-Acepta as miñas limitacións, pero ten en conta as miñas posibilidades e o valor da estimulación, a motivación e o esforzo conxunto (é imprescindible para a aprendizaxe da linguaxe).






* A permisividade fai que non se controlen as condutas. A concesión das demandas contribúe a formar persoas inmaduras, sen interese, apáticas.

lunes, 18 de junio de 2012

Soñando na Aula Multisensorial

Dende a aula multisensorial do CEE A Barcia querémosvos achegar o noso traballo diario coa realidade do colexio.

Tras moitos esforzos para poder dispor dun lugar do noso centro axeitado e có equipamento específico, no curso académico 08-09 comeza o seu funcionamento. Xa neste ano, esta aula está sendo levada por dúas mestras do noso centro: María José Motellón e Rita Nogueira, as cales traballan coa meirande parte do alumando da Barcia nunha ou dúas sesións semanais (en función do grao de afectación), de 25 minutos de duración.

As principais áreas de intervención nesta aula son as seguintes:

-       Estimulación visual: mediante o traballo coa columna de burbullas, a fibra óptica e todo tipo de luces e estímulos visuais.
-       Estimulación auditiva: a través de CDs variados, cancións e instrumentos musicais.
-       Estimulación táctil-háptica: con texturas variadas, panel táctil…
-       Estimulación vibratoria: mediante a vibración da columna de burbullas ou a colchoneta de vibromasaxe.
-       Estimulación olfactiva e respiratoria: con caixas de olores, froitas…
-       Estimulación psicomotriz: movementos e movilizacións variadas, masaxes…
-       Estimulación comunicativa: xa dende a entrada dos alumnos na aula, temos un panel de petición para que –en función das súas posibilidades- escollan a actividade que queren facer. Asemade, empregamos o panel de comunicación con luz, de maneira que cando un alumno emite un son, este ilumínase.
-       Estimulación somática e vestibular: traballamos na cama de auga mediante diferentes balanceos e cambios de posición, potenciando a relaxación do neno.

A continuación deixámosvos unha montaxe para que vexades o noso traballo diario. Esperamos que vos guste:


sábado, 9 de junio de 2012

Un día coas fisios do CEE A Barcia

PERSOAL
  •  Dúas físioterapéutas.

ESPAZO
  • Sala de fisioterapia: equipada con material específico.
  • Piscina do centro: realizamos a actividade de hidroterapia diariamente.
  • Aqueles espazos do colexio que resultan funcionáis para traballar aspectos como a a utonomía nos desprazamentos como rampas e escaleiras.
ALUMNADO
  •  Alumnos con grave afectación respiratoria.
  • Alumnos con trastornos da mobilidade e do desenvolvemento.
  • Alumnos con alteracións puntuais susceptibles de recibir tratamento de fisioterapia.
  • Alumnos con alteracións ortopédicas de distinta gravidade: escolioses, cifoses, pés equinos, varos...
FUNCIÓNS

As funcións que realizamos son as propias da nosa categoría profesional, entre outras:
  • Avaliación do estado motor dos alumnos.
  • Aplicación de procedementos e técnicas específicas de fisioterapia.
Todo isto co obxectivo de conseguir o maior desenvolvemento das posibilidades motrices e previr a aparición de deformidades ortopédicas e complicacións motoras. O obxectivo final é mellorar a calidade de vida do noso alumnado.

TIPOS DE INTERVENCIÓN 

Intervención directa:
  • Sesións individualizadas de trinta minutos de duración
  • Avaliación do estado motor dos alumnos: a principio de curso e de forma continuada.
  • Elaboración e revisión das historias de fisioterapia.
  • Avaliación da hixiene postural.
  •  Elaboración de recomendacións posturais.
  • Supervisión de dispositivos ortopédicos como corsés o férulas.
  • Supervisión de axudas técnicas para o desprazamento como cadeiras de rodas ou andadores.
  • "Grupo de espalda": actividade que se realiza tres veces á semana co obxectivo de previr e tratar alteracións raquídeas.
Intervención indirecta:
  • Coordinación coa médico do centro.
  • Realización de informes.
  • Recomendacións realizadas ós pais .
  • Colaboración cos servicios externos como o Servizo de Atención Temperá e ortopedia.
 E aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste:

                                                                            Mar Portela e Nuria López