Por fin tivemos a visita de profesores dos centros CEE Enrique Viviente (La Unión) y CEE Son Ferriol (Palma de Mallorca). Foron dous días de intercambio de información entre o profesorado participante no programa Arce e o profesorado dos devanditos centros.
Preparamos no Centro unha xornada onde puideron observar e compartir as actividades que se realizan no noso colexio e coñecer ao noso alumnado. Durante a visita e na posterior posta en común, comentamos as similitudes e as diferenzas no referente á organización e funcionamento dos centros. Quedamos con ganas de compartir máis experiencias pero o tempo non se puido alongar máis.
Desta xuntanza xurdiu o esquema de traballo para a próxima visita. Agora tócanos a nós trasladarnos e viaxar pero non só os profes senón tamén un grupo de cinco alumnos/as que compartirán experiencias durante tres días con chicos/as de Palma de Mallorca e de Murcia. Xa vos contaremos!
O venres 24 de Marzo, fomos de visita ó Parlamento de Galicia. Alí tivemos un guia que nos ensinou as diferentes salas. Os nosos rapaces experimentaron o que se sinten ao falar dende os asentos parlamentarios.
Esta visita vainos servir para preparar o concurso do "Parlamento de Galicia" no que imos participar.
Hoxe, dende o primeiro ciclo, traémosvos un par de recomendacións. Trátase dun cómic e dun libro que estamos seguros de que van a ser do voso agrado e interés.
"María y yo" é un fantástico cómic firmado polo historietista Miguel Gallardo. Baséase nas experiencias vividas coa súa filla María, de 14 anos, durante unha viaxe a Canarias. María é unha nena con autismo. Miguel fai innumerables debuxos para ela moitos dos cales están incluídos no cómic. O libro tivo un éxito considerable e traduciuse a varios idiomas.
Baseada no cómic está a película que leva o mesmo nome. Está dirixida por Félix Fernández de Castro e protagonizada polos propios María e Miguel Gallardo.
Se o libro é estupendo, a película non o é menos. Gústanos o ton realista e positivo da história, a beleza dos seus planos e sobre todo quedamos prendados da simpatía arrolladora que desprende a súa protagonista.
Por todo isto, dende o primeiro ciclo, queremos animarvos a que vos fagades con ela e que pasedes un bo rato co seu visionado. Como adianto, aquí vos deixamos o trailer.
Aquí vos deixamos o menú correspondente ó mes de Abril:
CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA
MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE ABRIL
CURSO 2011-2012
DÍA
BOCADILLO DA MAÑÁ
COMIDA DO MEDIODÍA
10
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
TORRADAS INTEGRAIS CON TOMATE E QUEIXO
ARROZ CON LURAS/KIWI
11
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
PISTO DE CABACIÑA
LURAS Á ROMANA COM ENSALADA/PÉXEGO EM XAROPE
12
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
MINESTRA DE VERDURAS
ARROZ CON BACALLAU/AMORODOS
13
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
ENSALADILLA RUSA/ESPAGUETES Á BOLOÑESA
NECTARINA
16
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
CREMA DE VERDURAS/TENREIRA CON CHAMPIÑÓNS
FROITA
17
BOCADILLO DE MORTADELA OU FROITA (1)
ESPINACAS CON BECHEMEL
FILETE DE PESCADA FRITO CON PATACAS
XEADO
18
BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
ENSALADA DE PASTA
MELVA Á GALEGA
AMORODOS
19
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
ACELGAS CON ALLADA
POLO CON AMÉNDOAS E PATACAS
IOGUR
20
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
EMPANADA GALEGA DE BONITO
FILETE DE BACALLAU CON ENSALADA
PIÑA EN XAROPE
23
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
SOPA DE PASTA
FILETE DE TENREIRA CON PATACAS COCIDAS
PELADILLO
24
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
TORTILLA DE PATACAS E CABACIÑA
TALLARÍNS CON CHAMPIÑÓNS
QUEIXO GALEGO CON MARMELO
25
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
SOPA DE BROCOLI, CENORIA E PASTA
ATÚN Ó FORNO
PERA
26
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
MACARRÓNS CON TOMATE
LURAS Á ROMANA CON ENSALADA
IOGUR
27
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA
SOPA DE TAPIOCA
ARROZ CON CARNE
KIWI
30
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA
MINESTRA DE VERDURAS
PASTEL DE CARNE
AMORODOS
(1)Toman froita a media mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso. Merendarán os alumnos/as que xantan na segunda quenda do comedor ás 15h.
Non podía ser doutro xeito. No noso cole celebramos a entrada da primavera facendo un precioso mural. Os encargados foron os rapaces das aulas 3 e 7, que axudados polas súas profes colaboraron na realización desta casiña tan primaveral que está adornando a entrada do noso recuncho. Esperamos que vos guste!
Este ano, as aulas de Educación Infantil (aulas 11 e 12) recibiron un novo recurso: a cuna de estimulación vestibular “Rocking Boat”.
Para describir con exactitude este tipo de tratamento e os seus beneficios, utilizamo-lo libro do autor Alfonso Lázaro Lázaro, “Aulas multisensoriales y de psicomotricidad” (2002, Ed. Mira), que di o seguinte:
“A estimulación vestibular forma parte da Área de Integración Sensorial e Estimulación Corporal Basal.[…] O sistema laberíntico vestibular está situado no oído interno e inclúe as partes non auditivas do mesmo. Esta estimulación serve para asociar experiencias visuais, táctis e propioceptivas cos movementos do propio corpo. Ademais incrementa as reaccións de equilibrio, a mellora atencional, a capacidade de comunicación e a integración sensoperceptiva[…].
A utilización das sensacións vestibulares, tanto para calmar coma para activar ao ser humano en diversas situacións, coñécese dende tempos inmemoriais. Poñemos, por exemplo, a maneira eficaz de tranquilizar ó bebe intranquilo, nervioso, que chora...e que consiste en mecelo rítmicamente. […] Pero tamén a situación contraria, a de activación: pensemos en deportes de risco e aventura que teñen unha alta dose de sensacións vestibulares, coma parapente, puenting,…
[…]Respecto aos nenos e nenas con dificultades moi diversas, a estimulación vestibular contribúe á tranquilidade cando é necesario lograr a calma e á activación cando se trata de aumentar o tono. Entre os beneficios educativos deste tipo de estimulación pódense sinalar melloras en reaccións posturais, equilibrio, marcha, coordinacións perceptivo-motrices, capacidade de atención e maior grao de comunicación.”
A continuación podedes ver os nenos e nenas do ciclo de Educación Infantil, disfrutando do novo balancín, en distintas situación de xogo, relaxación,…
Esta semana estamos de noraboa. Veñen a visitarnos profesores doutros centros de educación especial procedentes de La Unión (Murcia) e de Palma de Mallorca.
É un proxecto subvencionado polo MEC "PROGRAMA ARCE". Este tipo de programas promoven, por unha banda o desenvolvemento de actividades encamiñadas á innovación educativa e por outra banda o intercambio de experiencias con centros doutras comunidades autónomas, e polo tanto con outras realidades.
Deste intercambio de profesionais vai xurdir o máis importante...o intercambio de alumnado!. Será en xuño cando poderemos convivir co alumnado do CEE Son Ferriol de Palma de Mallorca e co alumnado do CEE Enrique Viviente, de La Unión (Murcia).
Seguro que será unha experiencia moi proveitosa.
PROGRAMA ARCE (cursos 2011-2013) Proxecto: "Ya somos mayores" Centros agrupados: CPEE A Barcia (Santiago de Compostela) CPEE Enrique Viviente (La Unión, Región de Murcia) CPEE Son Ferriol (Palma de Mallorca)