miércoles, 21 de marzo de 2012

Programa Arce: "Ya somos mayores"


Esta semana estamos de noraboa. Veñen a visitarnos profesores doutros centros de educación especial procedentes de La Unión (Murcia) e de Palma de Mallorca.

 É un proxecto subvencionado polo MEC "PROGRAMA ARCE". Este tipo de programas promoven, por unha banda o desenvolvemento de actividades encamiñadas á innovación educativa e por outra banda o intercambio de experiencias con centros doutras comunidades autónomas, e polo tanto con outras realidades.

Deste intercambio de profesionais vai xurdir o máis importante...o intercambio de alumnado!. Será en xuño cando poderemos convivir co alumnado do CEE Son Ferriol de Palma de Mallorca e co alumnado do CEE Enrique Viviente, de La Unión (Murcia).

Seguro que será unha experiencia moi proveitosa.

PROGRAMA ARCE  (cursos 2011-2013)
Proxecto: "Ya somos mayores"
Centros agrupados
CPEE A Barcia (Santiago de Compostela)
CPEE Enrique Viviente (La Unión, Región de Murcia)
CPEE Son Ferriol (Palma de Mallorca)

martes, 20 de marzo de 2012

Esgrima no colexio

Este ano, o CEE A Barcia, participamos nas actividades deportivas e lúdicas promovidas dende a Xunta de Galicia a través do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar.

Nesta ocasion, os rapaces/as achegáronse a unha nova disciplina deportiva, A ESGRIMA, usando o xogo como ferramenta educativa.

E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixamos unhas fotos:




* Se pinchades nas catro frechas da dereita, veredes a presentación en grande

jueves, 15 de marzo de 2012

Grandes sorrisos



Todos aqueles que nos atopamos no mundo da educación especial, sabemos a sorte que é poder adicarse a un traballo que che reporta moitísimas satisfaccións. Coma en tódolos traballos, hai días duros, pero sempre nos descubrimos pensando en que somos afortunados por contar cada día con sorrisos coma este que vedes na foto.

Onte, cando abrimos o correo onde recibimos os mails relacionados con este blogue, encontrámonos cunhas palabras que nos emocionaron moito e que non fan máis que confirmar que somos uns grandes afortunados por traballar neste recuncho. Moitísimas grazas Xunqueira.


"Gracias por facernos soñar

Emocioneime ao entrar neste recuncho... Gracias aos que facedes posible que "vivir neste mundo diferente" sexa máis levadeiro.
Gracias pola ilusión, o empeño, a preocupación, o traballo, a comprensión, a implicación, a fortaleza... Gracias por soñar.
Son nai dunha nena que está neste cole, por 5º ano, e cada día que pasa, a vexo máis feliz... Non hai palabras que poidan expresar o agradecemento a tódolos profesionais que fan esto posible, dende as súas coidadoras, persoal de conserxería, persoal de comedor, de limpeza... ata o seu profesorado...
Moito ánimo para que non decaia, e o sorriso destes nenos estea sempre presente".

                                                                                                                  Xunqueira Mouzo




martes, 13 de marzo de 2012

Equipo de audición e linguaxe do CEE A Barcia



QUEN SOMOS?:
  • Está formado por tres profesores especialistas en A. L.
  • O obxectivo fundamental do equipo é desenvolver a comunicación, xa sexa oral ou empregando sistemas alternativos ou aumentativos (SAAC).
  • "O mestre de A.L ten como finalidade a prevención, o diagnóstico, o pronóstico, o tratamento e a avaliación integral dos trastornos de comunicación humana: xa sexan trastornos da fala ou da linguaxe". *Definición traducida e compartida de:
 *http://centros1.pntic.mec.es/cp.juan.arrabal/Ana%20Maestra%20de%20Audicion%20y%20Lenguaje.htm




QUE FACEMOS?:
  • Traballámo-la comunicación en coordinación co profesor titor e coa familia de cada alumno.
  • As sesións no gabinete duran 25 minutos e son de traballo individual.
  • Cando é preciso o profesor  de A.L. tamén intervén na aula do propio alumno.
  • A programación coordínase cos diferentes profesionais que interveñen no alumnado.
  • A metodoloxía é funcional partindo de situacións concretas de comunicación e usando preferentemente as novas tecnoloxías por seren motivadoras e máis atractivas.




QUE ALUMNADO ASISTE?:
  • O alumnado que determina o equipo conxuntamente coa orientadora do centro e xefatura de estudios, oído o claustro.
  • A selección faise en base a criterios fixos aprobados polo claustro.




 Enlaces recomendados:

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com/
http://www.aulapt.org/educación-especial/a-

    viernes, 9 de marzo de 2012

    El cazo de Lorenzo

    Dende o ciclo de Educación Infantil recoméndannos este libro, "El cazo de Lorenzo", de Isabel Carrier. Como adianto, deixámosvos este bonito montaxe audiovisual baseado nel. Agardamos que vos guste!



    jueves, 8 de marzo de 2012

    Día da muller traballadora

    Tal día como hoxe, non queriamos deixar de facer a nosa particular homenaxe a todas aquelas mulleres que traballan arreo, ben sexa dentro ou fora da casa. Para elas vai adicada esta entrada.
    Navegando pola rede, atopamos estas reflexións do debuxante Forges que nos parecen do máis interesantes:





    E xa para rematar, deixámosvos esta preciosa montaxe de fotos esperando que vos guste.

    Feliz día da muller traballadora para todos!


    viernes, 2 de marzo de 2012

    Entroido III

    Aquí vos deixamos as fotos da festa de entroido que disfrutamos  no colexio o venres 17 de Febreiro. Esperamos que vos gusten.




    * Se pinchades nas catro frechiñas da dereita da presentación, poderedes velas en grande.