martes, 20 de marzo de 2012

Esgrima no colexio

Este ano, o CEE A Barcia, participamos nas actividades deportivas e lúdicas promovidas dende a Xunta de Galicia a través do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar.

Nesta ocasion, os rapaces/as achegáronse a unha nova disciplina deportiva, A ESGRIMA, usando o xogo como ferramenta educativa.

E para que vexades o ben que o pasamos, aquí vos deixamos unhas fotos:




* Se pinchades nas catro frechas da dereita, veredes a presentación en grande

jueves, 15 de marzo de 2012

Grandes sorrisos



Todos aqueles que nos atopamos no mundo da educación especial, sabemos a sorte que é poder adicarse a un traballo que che reporta moitísimas satisfaccións. Coma en tódolos traballos, hai días duros, pero sempre nos descubrimos pensando en que somos afortunados por contar cada día con sorrisos coma este que vedes na foto.

Onte, cando abrimos o correo onde recibimos os mails relacionados con este blogue, encontrámonos cunhas palabras que nos emocionaron moito e que non fan máis que confirmar que somos uns grandes afortunados por traballar neste recuncho. Moitísimas grazas Xunqueira.


"Gracias por facernos soñar

Emocioneime ao entrar neste recuncho... Gracias aos que facedes posible que "vivir neste mundo diferente" sexa máis levadeiro.
Gracias pola ilusión, o empeño, a preocupación, o traballo, a comprensión, a implicación, a fortaleza... Gracias por soñar.
Son nai dunha nena que está neste cole, por 5º ano, e cada día que pasa, a vexo máis feliz... Non hai palabras que poidan expresar o agradecemento a tódolos profesionais que fan esto posible, dende as súas coidadoras, persoal de conserxería, persoal de comedor, de limpeza... ata o seu profesorado...
Moito ánimo para que non decaia, e o sorriso destes nenos estea sempre presente".

                                                                                                                  Xunqueira Mouzo




martes, 13 de marzo de 2012

Equipo de audición e linguaxe do CEE A Barcia



QUEN SOMOS?:
  • Está formado por tres profesores especialistas en A. L.
  • O obxectivo fundamental do equipo é desenvolver a comunicación, xa sexa oral ou empregando sistemas alternativos ou aumentativos (SAAC).
  • "O mestre de A.L ten como finalidade a prevención, o diagnóstico, o pronóstico, o tratamento e a avaliación integral dos trastornos de comunicación humana: xa sexan trastornos da fala ou da linguaxe". *Definición traducida e compartida de:
 *http://centros1.pntic.mec.es/cp.juan.arrabal/Ana%20Maestra%20de%20Audicion%20y%20Lenguaje.htm




QUE FACEMOS?:
  • Traballámo-la comunicación en coordinación co profesor titor e coa familia de cada alumno.
  • As sesións no gabinete duran 25 minutos e son de traballo individual.
  • Cando é preciso o profesor  de A.L. tamén intervén na aula do propio alumno.
  • A programación coordínase cos diferentes profesionais que interveñen no alumnado.
  • A metodoloxía é funcional partindo de situacións concretas de comunicación e usando preferentemente as novas tecnoloxías por seren motivadoras e máis atractivas.




QUE ALUMNADO ASISTE?:
  • O alumnado que determina o equipo conxuntamente coa orientadora do centro e xefatura de estudios, oído o claustro.
  • A selección faise en base a criterios fixos aprobados polo claustro.




 Enlaces recomendados:

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com/
http://www.aulapt.org/educación-especial/a-

    viernes, 9 de marzo de 2012

    El cazo de Lorenzo

    Dende o ciclo de Educación Infantil recoméndannos este libro, "El cazo de Lorenzo", de Isabel Carrier. Como adianto, deixámosvos este bonito montaxe audiovisual baseado nel. Agardamos que vos guste!



    jueves, 8 de marzo de 2012

    Día da muller traballadora

    Tal día como hoxe, non queriamos deixar de facer a nosa particular homenaxe a todas aquelas mulleres que traballan arreo, ben sexa dentro ou fora da casa. Para elas vai adicada esta entrada.
    Navegando pola rede, atopamos estas reflexións do debuxante Forges que nos parecen do máis interesantes:





    E xa para rematar, deixámosvos esta preciosa montaxe de fotos esperando que vos guste.

    Feliz día da muller traballadora para todos!


    viernes, 2 de marzo de 2012

    Entroido III

    Aquí vos deixamos as fotos da festa de entroido que disfrutamos  no colexio o venres 17 de Febreiro. Esperamos que vos gusten.




    * Se pinchades nas catro frechiñas da dereita da presentación, poderedes velas en grande.

    jueves, 1 de marzo de 2012

    Menú Marzo

    CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA

    MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE MARZO

            CURSO 2011-2012


    DÍA
    BOCADILLO DA MAÑÁ
    COMIDA DO MEDIODÍA
    1
    BOCADILLO  DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
    CREMA DE CENORIA, PORRO E PATACA
    POLO CON GORNICIÓN/PLÁTANO
    2
    BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA (1)
    SOPA DE TAPIOCA
    LURAS FRITAS CON ENSALADA DE TOMATE/PERA
    5
    BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
    ENSALADA DE ESPÁRRAGOS/PASTEL DE CARNE/MANDARINA
    6
    BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
    FABAS CON ARROZ/PEIXE ESPADA CON ENSALADA/IOGUR
    7
    BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
    SOPA DE CUSCÚS
    POLO FRITO CON PURÉ DE PATACA E GORNICIÓN/PLÁTANO
    8
    BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
    CALDO GALEGO/LOMBOS DE PESCADA CON CHAMPIÑÓNS
    QUEIXO GALEGO CON MARMELO
    9
    BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA (1)
    COLIFLOR CON BECHEMEL/PASTA CON ATÚN/KIWI
    12
    BOCADILLO DE CHOCOLATE  OU FROITA (1)
    ENSALADA MIXTA
    TENREIRA CON FIDEOS E SALSA DE TOMATE/PEXEGO EN XAROPE
    13
    BOCADILLO DE  SALCHICHÓN OU FROITA (1)
    CONSOMÉ/COCIDO/MANDARINA
    14
    BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
    CREMA DE VERDURAS/FIDEOS CON XIBA/IOGUR
    15
    BOCADILLO DE CHOURIZO DE  OU FROITA (1)
    COLIFLOR CON RUSTRIDO
    RAXO Á LARANXA CON PATACAS FRITAS/PERA
    16
    BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
    POTAXE DE ACELGAS/CROQUETAS COM ENSALADA DE TOMATE/KIWI
    20
    BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
    CHÍCHAROS CON PATACAS E XAMÓN COCIDO
    ARROZ CON POLO E LURAS /PERA
    21
    BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO  OU FROITA (1)
    ENSALADIÑA RUSA/ESPAGUETES Á BOLOÑESA/MANDARINA
    22
    BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU      FROITA (1)
    SOPA XULIANA/ARROZ CON BACALLAO/PLÁTANO
    23
    BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA
    CREMA DE CENORIA
    POLO CON PATACAS COCIDAS/PIÑA EN XAROPE
    26
    BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA
    CALDO VERDE/ TENREIRA CON ARROZ BRANCO/MANDARINA
    27
    BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA
    LENTELLAS GUISADAS/CROQUETAS CON ENSALADA/KIWI
    28
    BOCADILLO DE XAMÓN COCIDO OU FROITA
    ESPINACAS CON BECHEMEL/MELVA Á GALEGA/IOGUR
    29
    BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
    CREMA DE CENORIA, PORRO E PATACA
    POLO CON GORNICIÓN/PLÁTANO
    30
    BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA
    SOPA DE TAPIOCA/LURAS FRITAS CON ENSALADA DETOMATE/PERA


    (1) Toman froita a media mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso. A MERENDA DE MEDIA MAÑÁ A TOMAN O ALUMNADO QUE COME NA 2º QUENDA DO COMEDOR, ÁS 15H.

    MENÚS DE OUTONO-INVERNO.