lunes, 6 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: 3º NIVEL (BLOQUE II)

Ola rapaces e rapazas das aulas 3 e 5. Laura e Paula (as vosas titoras) esperan que todos e todas esteades ben!. Pero o curso non rematou, así que toca seguir traballando.

1- PARA EMPEZAR: 
Agora toca que elixades a canción para empezar o día con moita alegría!. O que vos pedimos e que nos digades as cancións que elixiron a través do noso blog: https://cadadiaeespecial.blogspot.com/
2- RUTINA DIARIA: 
Damos continuidade as rutinas da semana pasada!. 
  • DATA: Día, número, mes e ano 
    • QUE DÍA É HOXE?, SE HOXE É …….. MAÑÁ SERÁ?, SE HOXE É …… ONTE FOI…? 
    • O NÚMERO DO DÍA (se tedes un calendario pode ir tachando os días que van pasando, tamén podedes contar desde o 1 ata o día que sexa…) 
    • EN QUE MES ESTAMOS? (podedes preguntarlle cantos meses ten o ano e dicir o seu nome). 
    • EN QUE ANO ESTAMOS? 
    • Por último dicir a data completa. 
  • QUE TEMPO FAI? 
    • Podedes mirar pola fiestra e describirlle o día (os que teñades terraza, finca…) podedes saír e que experimenten co tempo. 
    • Tamén podedes entrar na páxina de meteogalicia (https://www.meteogalicia.gal/web/inicio.action) e buscar a vosa localidade para indicar o tempo que di que vai facer. 
  • EN QUE ESTACIÓN ESTAMOS? 
  • AS COMIDAS DO DÍA: Que ides xantar, merendar e cear hoxe (que ingredientes levan e cómo se fan). E non vos olividedes de axudar nas tarefas habituais dunha casa: limpeza e alimentación. 
  • ACTIVIDADES QUE VAN REALIZAR AO LONGO DO DÍA: Que ides facer hoxe?
3- ACTIVIDADES: 

LECTURA (COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA) 

a- CLUB DE LECTURA: 
Non nos enviastes ningún logo!, así que a tarefa que teredes estas semana é de facer un logo do “Club de lectura” e repasar os 3 primeiros capítulos (en próximas entradas colgaremos a adaptación doutros capítulos!). 
b- CONTOS OQO EN YOUTUBE:
Seguro que aínda non vistes tódolos contos, así que seguide véndoos. Queremos que nos contedes no blog cal foi o que máis vos gustou! 
c- INICIACIÓN Á LECTURA 
d- COMPRENSIÓN ORAL 
Visualizar as seguintes curtametraxes: 
E a continuación facer un breve resumo escrito contando o que nos narra cada un deles. 
Tamén lle podedes contar a vosa familia de que trata o documental (aula 5) 
Queremos que nos escribades no blog algún comentario sobre os vídeos. 

HABILIDADES MOTRICES COAS MANS. 

a- FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE (en caso de non dispoñer de impresora en casa podedes copiar as fichas). 

b- PINTAR (os que non pintastes o arco da vella, xa tedes traballo!)

c- REALIZAR ACTIVIDADES DE: Continuamos coas actividades da semana pasada. 
  • Facer nudos.
  • Desatar nudos. 
  • Subir e baixar cremalleras.
  • Abotoar e desabotoar botóns. 
  • Resgar papel. 
  • Recortar papeis. 
e- APLICACIÓNS: 
Se vos gustaron as aplicacións da semana pasada podedes seguir traballando con elas. Aquí vos deixamos outras poucas. 
ACTIVIDADES DE ATENCIÓN, PERCEPCIÓN E MEMORIA: 

a- Novas actividades para traballar a atención e percepción elaboradas no cole. 
(no caso de non ter impresora podedes debuxar as fichas nun folio ou realizar unha captura de pantalla coa tablet/móbil e traballar co lapis/dedo. Para realizar o traballo usando o sentido do tacto podedes usar diferentes texturas para as formas, dar relevo coa roda dentada/silicona, facer presión co bolígrafo/lapis ao debuxar as formas e traballar pola parte de atrás do folio xa que o relevo será maior) 
b- REALIZAR CLASIFICACIÓNS: 
Seguimos realizando diferentes clasificacións con obxectos que tedes na casa (diferente tipo de pasta, moedas, botóns…) 
c- APPs PARA TRABALLAR 
Seguimos traballando coas aplicacións da semana pasada. 
Esperamos que nos enviedes algunha nova aplicación que vos guste, que nos digades se vos gustan as que vos propoñemos... 

CONCEPTOS MATEMÁTICOS: 
Seguide traballando nas tarefas da semana pasada!. Deixámosvos aquí máis recursos: 

a- XOGAMOS COAS MATES (AULA 3) 

b- APLICACIÓNS: 
O XORNAL 
Como xa sabedes as aulas 3 e 5 traballan co xornal tódalas semanas dentro do programa “Prensa Escuela” de “La Voz de Galicia”. Así que vos recomendamos que miredes o xornal cos/coas nenos/nenas e comentedes con eles as noticias que consideredes importantes ou curiosas. 
A continuación deixámosvos o enlace a dous xornais: 
Seguro que nas vosas casas cada día pasa algo diferente que podedes converter en noticia. Así que esperamos que nos contedes algunha noticia que acontecera na vosa casa! 

PROXECTO “A ALDEA” 
Rapaces e rapazas non recibimos ningún comentario sobre “Os montes e fragas” (actividade da semana pasada!), así que esta semana esperamos contar con elas. 
EDUCACIÓN RESPONSABLE. 
No blog do centro tedes 2 actividades de Educación Responsable: 
XOGOS E ACTIVIDADES EDUCATIVAS 
Non vos esquezades que Jorge (Educación Física), Marta e Telmo (Educación Musical), Rita (Relixión) e Javier (AL) tamén vos mandan actividades!

Podedes descargar as actividades en PDF aquí:

No hay comentarios: