miércoles, 23 de febrero de 2022

Campaña #1Cole1Bosque

Queremos animarvos a participar na campaña #1Cole1Bosque, a campaña para involucrar nesta iniciativa os centros educativos de Galicia.
Plantar un novo bosque, e que este leve o nome do voso colexio é posible! Todos xuntos podemos contribuír cun gran beneficio ao medio, á calidade do noso aire e á sustentabilidade das nosas cidades. Achegamos una presentación con toda a información.
Presentamos un reto colectivo a cada colexio: votar conxuntamente todos os integrantes do colexio polo Carballo do Banquete de Conxo no concurso europeo “Tree of the Year”. Haberá que facelo nunha franxa de tempo determinada, cun máximo de 3 horas.


En Galicia, somos os orgullosos candidatos nacionais ao recoñecemento "Árbore de Europa 2022" no concurso Tree of the Year.
O noso candidato galego, o Carballo do Banquete de Conxo de Santiago, ten unha historia incrible; serviu de inspiración a grandes artistas como Rosalía de Castro, sobreviviu a importantes tallas e foi testemuña do histórico Banquete de Conxo. Queres saber máis acerca do noso carballo? Temos un vídeo que deberías ver 🎥.
E o mellor é que por cada voto, o Concello de Santiago plantará unha árbore autóctona contribuíndo á mellor do medio natural das nosas cidades. #1Voto1Árbore.
 

Instrucións para o voto, non te levará máis de 1 min!
1.      💻 Accede á ligazón para ir á páxina do concurso. https://www.treeoftheyear.org/Vote
2.      🌳🌳 Para poder votar, debes seleccionar DÚAS ÁRBORES, que un sexa o Carballo do Banquete, e outro que tamén che guste (dos que teñan menos votos, claro 🙈).
3.      🗳 Click sobre "¡Vamos a votar!", onde debes introducir o teu email e confirmar polo menos a súa política de protección de datos.
4.      📩 Verificar o email, pulsando sobre a ligazón que che envían para que o voto sexa válido (ollo! se non confirmas o email, o voto non se terá en conta).
5.      🔁 Xa está! Agora, podes repetir o proceso con outro email ;)
Axúdanos a conseguilo! Vota e plantaremos unha nova árbore!

No hay comentarios: