sábado, 2 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: RELIXIÓN CATÓLICA IV

Ola!
Que tal estades?, espero que ben e que teñades ganas de traballar. 
Propóñovos realizar estas actividades:
Hola!. ¿Qué tal estáis?, espero que bien y que tengáis ganas de trabajar. Os propongo realizar estas actividades:

1º- Coloreade e despois recortade estes elementos para facer una maceta que podedes pegar nunha cartolina e facer un cadro para agasallar a mamá no seu día: 


2º- Imos facer outra manualidade de flores para maio: 
A. Animádevos a pintar as vosas mans con pintura de dedos de diversos cores. 
B. Despois, plasmades as vosas mans nun folio e facedes flores. 
C. Por último, fai os talos das flores de cor verde. 


3º- Imos facer o cactos do amor. Esta tarxeta coa forma dun cactos faise coa silueta da man do neno/a. 
Materiais
  • Cartolinas de cores verde, rosa e fucsia. 
  • Pegamento. 
  • Lapis. 
  • Rotulador negro. 
  • Pegatinas con forma de flor ou detalles con forma de flor. 
Pasos:
1. Dobra a cartolina verde pola metade e debuxa a silueta da man do teu fillo. Recórtala de tal forma que quede en forma da tarxeta que se poda abrir e escribir dentro. 
2. Coas cartolinas de cor rosa e fucsia, fai a forma da maceta e a pegas na cara principal. 
3. Usa o rotulador para facer trazos que simulen as espiñas e finalmente pon as pegatinas para darlle un toque máis colorido.


Podedes descargar as actividades aquí (Podéis descargar las actividades aquí)

No hay comentarios: