Como todos
sabemos o 21 de marzo da comezo a
primavera. Pero o que moitos non saben e que tamén é o Día Internacional do
Síndrome de Down.
Esta data foi
escollida pola característica conxénita da trisomía 21, que determina o
Síndrome de Down, en un pequeno xogo entre o número 21 e o número 3.
Calcúlase que en
España hai máis de 35.000 persoas con Síndrome de Down, (os estudos din que
somos o país do planeta con menor número
de persoas con esta discapacidade intelectual.).Pero o que si sabemos seguros,
e que, non hai 2 persoas con síndrome de
Down iguais. A mochila que todos levamos a costas, fainos diferentes.
O estilo de
aprendizaxe, as familias coas conviven, as súas vivencias,as características
físicas e de saúde, fan que cada unha das persoas sexa única.
Dende o noso
centro queremos poñer o noso pequeno gran de área, en favor deste colectivo.
Por eles e para
eles pedimos:
Máis medios educativos
Atención temperá
Unha vida de respecto e dignidade
Unha maior autonomía
Liberdade para tomar decisións
Igualdade de oportunidades laborais
Máis compresión
Escoitemos a súa voz
O mural co que empezamos esta entrada foi elaborado polo grupo de alumnos/as que está con mestres/as pola tarde.