domingo, 28 de noviembre de 2021
MAGOSTO 2021.
FADEMGA Plena Inclusión Galicia
A Asociación FADEMGA Plena inclusión Galicia nace en 1979 como unha entidade sen ánimo de lucro, integrada por varias asociacións, repartidas entre as catro provincias galegas. Ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e a das súas familias.
ACTIVIDADES E SERVIZOS QUE OFERTA ÁS FAMILIAS
1.-Información, orientación e asesoramento familiar.
Consultas e dúbidas formuladas polas familias naqueles aspectos que o precisen. Ofrecen tamén un Servizo de Asesoría Xurídica a través de consultas individuais e de charlas xurídicas.
2.-Apoio emocional.
A través de grupos formados por nais, pais, irmáns ,etc. que se reúnen periodicamente para compartir experiencias, sentimentos, e que puntualmente poden recibir a charla dun experto sobre algunha materia que lles interese.
3.-Dinamización.
Organizan e facilitan a participación en charlas, encontros, obradoiros e outro tipo de actividades (congresos, foros, etc.) a nivel local, autonómico e estatal. Deste xeito os familiares poden expoñer e compartir temas do seu interese: a educación, a saúde, os recursos e servizos aos que poden acudir, as emocións, o futuro, etc.
4.-Formación.
Ofrecen talleres monográficos ou accións formativas puntuais demandadas polas familias sobre distintas temáticas: autodeterminación, calidade de vida persoal e familiar, ética, emocións,...
5.-Fondo documental.
Publicación de documentos de interese para ás familias, como a Guía Xurídica (manual para os titores), e tamén conta cunha biblioteca con materiais e libros aos que poden acceder os familiares interesados.
É un servizo dirixido aos familiares-coidadores orientado a evitar a sobrecarga dos familiares que coidan diariamente a persoas con discapacidade intelectual.
Este servizo traballa ofrecendo prestacións ás persoas con discapacidade intelectual ou o desenvolvemento, para que os seus coidadores habituais poidan gozar duns días de descanso.
As quendas de respiro familiar concéntranse habitualmente en pontes e períodos non lectivos. Neste tempo, os monitores organizan unha serie de actividades que responden os intereses dos/as nenos/as e que na medida do posible trátanse de acordar. As actividades inclúen excursións á praia, piscina, paseos... así como outras actividades en lugares pechados: cinema, teatro, museos, exposicións...
Cada familia pode utilizar un máximo de 20 días de servizo ao ano nas estancias en instalacións comunitarias, así como 60 horas de apoios individuais, excepto aqueles con familiares que presentan algún problema de conduta, casos nos que a atención pode chegar aos 30 días anuais..
Actualmente existen 3 modalidades:
Estancias longas, medias ou de fin de semana en quendas programadas. Existen varias quendas ao longo do ano e realízanse en instalacións comunitarias.
Estancias sen aloxamento. Esta modalidade realízase cando a asociación organiza unha actividade dirixida ás familias. A atención é durante as horas que dura a actividade (por exemplo durante os encontros ou xornadas de familias).
Apoios puntuais (canguros). A atención realízase no domicilio familiar ou no hospital.
Para máis información podedes consultar a sección de Atención a Familias, ou informarvos no 981 51 96 50.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEE A BARCIA
viernes, 26 de noviembre de 2021
MILLA DIARIA - EDUSAÚDE: CAMIÑO DE SANTIAGO
- Unha Milla Diaria (Proxecta: Proxectos de Vida Activa e Deportiva - PVAD)
- Aliméntate ben! (Leite e Froita na Escola)
- Edusaúde (CPInnova)
- PERCORRIDO MILLA DIARIA (para bo tempo e mal tempo)
- SINALIZACIÓN DO CAMIÑO:
- RUTA CAMIÑO FRANCÉS.
- CUNCHAS PARA O CAMIÑO.
- PACO CANSADO (Mascota Bo Camiño do CEE A BARCIA)
- MURAL INICIO CAMIÑO: Bo Camiño!
- PANEL INFORMATIVO DO CAMIÑO:
Queremos animar a toda a comunidade educativa a participar no noso Camiño!
- RECORRIDO MILLA DIARIA (para buen tiempo y mal tiempo).
- SEÑALIZACIÓN DEL CAMINO.
- RUTA CAMINO FRANCÉS
- CONCHAS PARA EL CAMINO.
- PACO CANSADO (Mascota Buen Camino del CEE A BARCIA)
- MURAL INICIO CAMINO: Buen Camino
lunes, 22 de noviembre de 2021
22 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA
FORMACIÓN Y EVACUACIÓN DEL CENTRO. SIMULACRO
- Analizar as posibles situacións de emerxencia.
- Adoptar nocións básicas en primeiros auxilios-
- Promover a formación do persoal en temas relacionados coa prevención
- Analizar las posibles situaciones de emergencia.
- Adoptar nociones básicas en primeros auxilios.
- Promover la formación del personal en temas relacionados con la prevención.