Estimadas
familias!!!!!!!!!!!!.:
Esperamos
que esteades tod@s ben. Como estes días os nen@s non poden ir ao cole e non
podemos saír da casa, suxerímosvos unhas
actividades sinxelas que podedes facer cos vosos fill@s , e así que todo sexa o máis levadeiro posible.
Moito
ánimo, e esperamos vervos prontiño!!!!!. Que teñades unha boa semana
Os
titores do 2º nivel.
1.-ACTIVIDADE DO TEMPO
ATMOSFÉRICO: Cada mañá, antes de comezar coas
tarefas, é importante que a nena/neno escolla entre as diferentes posibilidades
climatolóxicas a que máis se adecúe ao tempo que vai. Para isto é preciso que
estableza o hábito de mirar pola xanela ao ceo. Seguidamente debe escoller a
tarxeta axeitada para colocala no centro (axudada pola adulta ou adulto).
2.- ACTIVIDADE DO BINGO
DA PRIMAVERA:
INSTRUCIÓNS
DE USO:
Para
xogar a este bingo primeiramente debedes fotocopiar un mínimo de 2 veces a
ficha modelo: unha
servirá de modelo
e coa outra
recortaremos cada elemento da
primavera.(Para darlle maior grao de
fortaleza e rixidez, , podemos utilizar
unha cartolina coma base sobre a cal pegaremos os elementos).
O xogo
consistirá en ir
localizando os diferentes
elementos: primavera, árbore,
cereixas... dentro da
ficha modelo. Para
darlle maior significatividade podemos vencellar cada un
deles con aspectos da vida da rapaza ou
rapaz (ex. Camiseta: a camiseta é unha prenda que usamos moito en primavera, como esta que levas posta ti
agora mesmo).
Nesta
actividade poden xogar varias persoas (óptima para toda a familia) aínda que
todos terán o mesmo modelo pois recordade que a finalidade obviamente non é
gañar senón que xogamos para aprender todas e todos xuntos.
3.- ACTIVIDADE OS
ESTADOS ANÍMICOS: Con esta actividade a rapaza ou rapaz
será consciente de tres estados diferenciados: contento, triste ou enfadado.
Poderemos facer un mínimo de 2 fotocopias e utilizalas do mesmo xeito que no
bingo: unha que funcione coma modelo mentres que da outra recortaremos os 3
elementos que deberá emparellar.
Sería
axeitado que durante estes días, cando a nena/neno esté visiblemente
contenta/o, triste ou enfadada/o, saquémoslle unha foto utilizando o teléfono
móbil. Secundariamente vencellaremos dita fotografía coas imaxes
correspondentes nesta actividade.
4.- ACTIVIDADE A DARLLE
COR Á PRIMAVERA: Utilizando diferentes técnicas en
base aos recursos que teñamos na casa
(ceras, rotuladores, plastidecors, lapis de cores, pasta diferente
pegada con cola, témperas…) tentaremos
motivar á rapaza/rapaz para que pinte. É bo momento para interactuar con ela ou
el e referenciar o cambio de estación. Unha vez realizado colocaremos o
resultado na parede do lugar onde se traballe.
5.- Actividades para
mellorar a motricidade fina como por exemplo:
- Resgar
diferentes tipos de papel e facer boliñas de distintos tamaños.
- Formar
diferentes debuxos con gomets.
- Dobrar
calcetíns.
- Facer
xogos como a roda das cores: só precisades cartón, témperas ou cores e pinzas
de cores. Consiste en colocar cada pinza na porción correspondente.
6.- Manualidades:
Se tendes plastilina podedes facer unhas xoaniñas , que é un animal que sae na Primaveira.
Outra
idea é facer este xogo de anillas con material de refugallo, gardando os
cartóns do papel de cociña ou do papel hixiénico . Decóranse como queirades (
telas, pintura.....) e listos para xogar .
7.- Visionado de contos:
Mandámosvos
o enlace de diferentes contos que podedes ver na casa se queredes:
8.- E xa para rematar,
mandámosvos o enlace desta páxina, onde
veñen 24 receitas para cociñar con nen@s.