martes, 23 de octubre de 2012

Novos alumnos

Dende este recuncho, queremos darlles a benvida ós novos alumnos que estas últimas semanas  incorporáronse ó noso colexio. Estamos encantados de que esteades con nós .Esperamos que aprendades moitísimas cousas e que vos divirtades moito facendoo. Benvidos a todos!

Desde este "recuncho" queremos darles la bienvenida a los nuevos alumnos que estas últimas semanas se  incorporaron a nuestro colegio. Estamos encantados de que estéis con nosotros. Esperamos que aprendáis muchísimas cosas y que os divirtáis mucho haciéndolo. ¡Bienvenidos a todos !




sábado, 20 de octubre de 2012

Na aula 10 fan brochetas de froitas


Os rapaces e rapazas da ula 10 están feitos uns verdadeiros cociñeiros. Esta vez, atrevéronse coas “brochetas de froita” que levaban melocotón, piña, cereixas e uvas. Para faenar, vestímonos os delantais e gorros de cociñeiros ademáis de lavarmos ben as mans e puxemos unhas luvas de vinilo para manipular os alimentos (cortar a froita e pinchala na brocheta): Todos uns expertos!!!. 




Los chicos y chicas del aula diez están hechos unos verdaderos cocineros. Esta vez se atrevieron con las " brochetas de fruta" que llevaban melocotón, piña, erezas y uvas. Para faenar, nos vestimos con los delantales y gorros de cocineros además de lavarnos bien las manos y nos pusimos unos guantes de vinilo para manipular los alimentos (cortar la fruta y pincharla en la brocheta). Todos unos expertos!

viernes, 12 de octubre de 2012

Simulacro de incendio

O luns día 8 de outubro fíxose un simulacro de evacuación conforme ao novo Plan de Autoprotección do centro (PAU).
O novo PAU realizouno un equipo externo de técnicos conforme estipula a normativa vixente.
Neste simulacro apareceron problemas relacionados coa evacuación do alumnado en cadeira de rodas da planta superior en determinada banda horaria.
Destacar que a evacuación realizouse en pouco tempo e así aprendemos a actuar por si algún día é necesario facelo.
Antes do simulacro un dos técnicos impartiu un curso ao persoal que traballa neste centro para dar instruccións de cómo actuar.
Ao longo do presente curso faranse máis simulacros.




El lunes día 8 de octubre se hizo un simulacro de evacuación conforme al nuevo Plan de Autoprotección del Centro (PAU).
El nuevo PAU lo realizó un equipo externo de técnicos conforme estipula la normativa vigente.
En este simulacro aparecieron problemas relacionados con la evacuación del alumnado en silla de ruedas de la planta superior en determinada banda horaria.
Destacar que la evacuación se realizó en poco tiempo y así aprendimos a a actuar por si algún día es necesario hacerlo.
Antes del simulacro uno de los técnicos impartió un curso al personal que trabaja en este centro para dar instrucciones de cómo actuar.
A lo largo del presente curso se harán más simulacros.

martes, 9 de octubre de 2012

Reunión de pais

O pasado día 1 de outubro, celebramos no centro unha reunión de pais. Dámosvos as grazas a todos aqueles que asistíchedes, e animamos ós que non o fixeron para que o vindeiro curso participedes.
Recibíronse ás familias no Salón de actos, onde o equipo directivo presentou ó profesorado e a nova Xefa do departamento de Orientación, Carmen.
A reunión resultou moi interesante, xa que se tocaron temas importantes que resumiremos aquí:
  • Aínda estamos á espera da escolarización dalgún alumno. En concreto temos catro alumnos que esperamos que en breve se escolaricen no noso colexio. Isto pode provocar algunhas modificacións en canto a tema de persoal, xa que esperamos que nos doten cun titor máis.

  • O comedor escolar estivo en obras durante o verán co fin de ampliar o espazo e facelo máis cómodo para o noso alumnado. Isto levou consigo un cambio no horario do comedor. Agora todo o alumnado xanta á mesma hora. O profesorado asume labores educativas e pedagóxicas dentro do comedor.

  • O centro continúa a participar dentro do programa ARCE. Está prevista unha viaxe a Murcia no mes de Novembro despois da boa experiencia que resultou ser a viaxe a Palma de Mallorca

  • Este curso tamén está prevista a organización dunha xornada de portas abertas, onde alumnos, profesionais e familias poidan visitarnos.

  • Asímesmo tentarase impulsar o uso e aproveitamento das novas tecnoloxías. O profesorado levará a cabo un grupo de traballo sobre este campo, co que esperamos aprender moitas cousas que nos poidan servir para o mellor desenvolvemento da nosa labor docente.

  • Plan de autoprotección do centro: O día 8 de outubro tivo lugar unha charla e posterior simulacro para o persoal do colexio.  
Tamén se fixeron algunhas recomendacións:
  • Para nós é moi importante que as comunicacións persoais que fagades ó centro, sexan en sobre pechado á atención da persoa á quen vai dirixido. Tamén podedes utiliza-lo teléfono. Evitaremos na medida do posible, que as comunicacións sexan a través dos conductores ou acompañantes do autobús, xa que son persoal alleo ó centro que non ten por qué asumir esas labores.

  • Non deberá asistir ó colexio alumnado enfermo. Temos que evitar na medida do posible o contaxio, xa que hai rapaces que están moi delicados de saúde. No centro contamos cunha médica e dúas enfermeiras, pero non contamos cun espazo físico no que un alumno poida estar ó seu coidado. Isto sumado a que o equipo médico está en continuo movemento polo centro atendendo as necesidades que poidan xurdir. Isto será fundamental para o benestar físico dos vosos fillos, xa que pensamos que non resulta moi cómodo estar nunha aula se te atopas mal.

  • En canto a roupa, pedímosvos que enviedes os rapaces con roupa cómoda, que lle dea liberdade de movementos e que ó mesmo tempo promova a súa autonomía. O calzado será preferible con velcro, xa que para eles é máis fácil de poñer. Evitaremos no posible botóns ou cremalleiras. Non estaría de máis contar cun mandilón para evitar manchas de pintura ou de comida na roupa. Para o alumnado en cadeira de rodas sería importante que trouxeran unha capa abrigosa para poder poñer e quitar con facilidade. Isto evitaría manipulacións innecesarias e aforraría moito tempo.

  • Será moi importante que as familias manteñan unha relación fluída cos profesionais do centro para facilitar a continuidade da nosa labor.

  • Fomentaremos a autonomía dos rapaces. Normalizaremos en todo o posible a súa vida. Será moi importante que usedes unha linguaxe adecuada a súa idade, evitando dirixirnos a eles con expresións infantiles. É importante que non se lles dea todo feito, encomendarlle tarefas dentro das súas posibilidades.

  • A partir das 15:00, os alumnos serán atendidos por outros profesionais do centro que non son os mestres (educadoras e coidadores). As actividades que se fan son básicamente de ocio. Lévanse a cabo cambios posturais, algúns descansan un pouco, ven a tele, xogan cos xoguetes etc.
Dende o DEPARTAMENTO MÉDICO, tamén se deron algunhas recomedacións:



  • Non enviedes a medicación sen receita, nin en blisters abertos  na mochila do alumno.
  • Calquera cambio que se produza na medicación será comunicado ó centro, ainda que non se vaia a suministrar en horario escolar. Así mesmo comunicaredes calquera alteración de saúde, alimentación etc.
  • Debedes enviarnos unha copia dos informes médicos ou psicopedagóxicos que sexan novos para telos nos expedientes dos alumnos baixo a ley de confindencialidade e protección de datos.
Agradecemos a vosa colaboración para mellorar na medida do posible o funcionamento do noso colexo.