Con motivo do fin de curso, o pasado venres día 15 de Xuño, A ANPA organizou unha merenda moi sabrosa da que participamos tódolos integrantes do CEE A Barcia. Seguidamente, a compañía de Títeres Cachirulo amenizou a mañá cunha obra da que tanto nenos, coma adultos desfutamos moito.
Xa o día 22 de Xuño, organizamos o festival de fin de curso no centro, unha festa na que os verdadeiros protagonistas foron os nosos alumnos, pero que contou coa asistencia de moitos papás e familias.
Deixámosvos cunha montaxe destos dous eventos. Esperamos que vos guste!.
Aínda que o tempo non nos acompañou demasiado neste fin de curso, sí que tivemos algúns días cunha temperatura agradable no mes de xuño. Xa sabedes que nos encanta estar ó aire libre e disfrutar dun pouco de sol e bos ritmos. Por iso o noso profe de música, Telmo, impartiu algunhas das súas clases no patio exterior, e a verdade é que os rapaces pasáronno xenial tocando e bailando algunhas pezas ó son da gaita e os tambores.
Ademáis disto, a profesora de educación Física, Cristina, organizou unha charla dentro do noso centro sobre colombofilia. Un señor moi simpático dounos unhas explicacións moi interesantes sobre o adestramento de pombas para convertilas en pombas mensaxeiras. Puidemos tocalas e acaricialas e ó final da charla saímos ó patio para soltalas. Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
E dentro das actividades do proxecto Arce, algunhas aulas do cole visitaron a praza de abastos de Santiago. Fixeron algunhas compras de productos da nosa terra, falaron con algúns dos vendedores do mercado e deron un paseíño pola zona vella. Antes de voltar, tomaron algo nuha cafetería cercana ó mercado.
De todo isto hai testimonio gráfico nestas fotos que vos deixamos a continuación. Desexamos que vos guste.
Son un ser en desenvolvemento, e este é un proceso lento, pero...
- Non me deas todo feito. Dáme responsabilidades adaptadas a miña idade e capacidade.
- Teño que aprender a comer cada vez menos triturado ata facelo de forma sólida. (O contacto con diferentes texturas e sabores é imprescindible para o desenvolvemento dunha boa función mastigatoria).
- Preciso ser cada vez máis autónomo
non me axudes máis do necesario.
- Fomenta a miña actividade e actitudes exploratorias.
- Dáme a oportunidade de elixir sinalando e collendo obxectos, isto motivarame a usar e desenvolver as habilidades comunicativas.
- Fálame sempre mentres realizamos todo tipo de tarefas (comer, baño,vestido...).
- A atención conxunta (onde ti e teu fillo facedes, mirades e escoitades as mesmas cousas) desenvolven habilidades necesarias para aprender e comunicar.
- Utilizar os xestos naturais sempre, para apoiar a palabra falada.
-Acepta as miñas limitacións, pero ten en conta as miñas posibilidades e o valor da estimulación, a motivación e o esforzo conxunto (é imprescindible para a aprendizaxe da linguaxe).
* A permisividade fai que non se controlen as condutas. A concesión das demandas contribúe a formar persoas inmaduras, sen interese, apáticas.
Dende a aula multisensorial do CEE A Barcia querémosvos achegar o noso traballo diario coa realidade do colexio.
Tras moitos esforzos para poder dispor dun lugar do noso centro axeitado e có equipamento específico, no curso académico 08-09 comeza o seu funcionamento. Xa neste ano, esta aula está sendo levada por dúas mestras do noso centro: María José Motellón e Rita Nogueira, as cales traballan coa meirande parte do alumando da Barcia nunha ou dúas sesións semanais (en función do grao de afectación), de 25 minutos de duración.
As principais áreas de intervención nesta aula son as seguintes:
-Estimulación visual: mediante o traballo coa columna de burbullas, a fibra óptica e todo tipo de luces e estímulos visuais.
-Estimulación auditiva: a través de CDs variados, cancións e instrumentos musicais.
-Estimulación táctil-háptica: con texturas variadas, panel táctil…
-Estimulación vibratoria: mediante a vibración da columna de burbullas ou a colchoneta de vibromasaxe.
-Estimulación olfactiva e respiratoria: con caixas de olores, froitas…
-Estimulación psicomotriz: movementos e movilizacións variadas, masaxes…
-Estimulación comunicativa: xa dende a entrada dos alumnos na aula, temos un panel de petición para que –en función das súas posibilidades- escollan a actividade que queren facer. Asemade, empregamos o panel de comunicación con luz, de maneira que cando un alumno emite un son, este ilumínase.
-Estimulación somática e vestibular: traballamos na cama de auga mediante diferentes balanceos e cambios de posición, potenciando a relaxación do neno.
A continuación deixámosvos unha montaxe para que vexades o noso traballo diario. Esperamos que vos guste:
Sala de fisioterapia: equipada con material específico.
Piscina do centro: realizamos a actividade de hidroterapia diariamente.
Aqueles espazos do colexio que resultan funcionáis para traballar aspectos como a a utonomía nos desprazamentos como rampas e escaleiras.
ALUMNADO
Alumnos con grave afectación respiratoria.
Alumnos con trastornos da mobilidade e do desenvolvemento.
Alumnos con alteracións puntuais susceptibles de recibir tratamento de fisioterapia.
Alumnos con alteracións ortopédicas de distinta gravidade: escolioses, cifoses, pés equinos, varos...
FUNCIÓNS
As funcións que realizamos son as propias da nosa categoría profesional, entre outras:
Avaliación do estado motor dos alumnos.
Aplicación de procedementos e técnicas específicas de fisioterapia.
Todo isto co obxectivo de conseguir o maior desenvolvemento das posibilidades motrices e previr a aparición de deformidades ortopédicas e complicacións motoras. O obxectivo final é mellorar a calidade de vida do noso alumnado.
TIPOS DE INTERVENCIÓN
Intervención directa:
Sesións individualizadas de trinta minutos de duración
Avaliación do estado motor dos alumnos: a principio de curso e de forma continuada.
Elaboración e revisión das historias de fisioterapia.
Avaliación da hixiene postural.
Elaboración de recomendacións posturais.
Supervisión de dispositivos ortopédicos como corsés o férulas.
Supervisión de axudas técnicas para o desprazamento como cadeiras de rodas ou andadores.
"Grupo de espalda": actividade que se realiza tres veces á semana co obxectivo de previr e tratar alteracións raquídeas.
Intervención indirecta:
Coordinación coa médico do centro.
Realización de informes.
Recomendacións realizadas ós pais .
Colaboración cos servicios externos como o Servizo de Atención Temperá e ortopedia.
E aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo. Esperamos que vos guste: