miércoles, 25 de abril de 2012

O conto viaxeiro



 Unha das actividades que fixemos esta semana para celebrar o día do libro foi a realización conxunta dun conto viaxeiro. Nesta actividade participaron tódalas aulas do centro .Cada clase, con axuda dos titores, decorou con diferentes técnicas e estilos unha páxina correspondente ó conto "Vitor vai de excursión". Dito conto, será contado no colexio por un grupo de alumnos e profesores. 









¿Qué vos parece o resultado?

lunes, 23 de abril de 2012

Día do libro

Hoxe celébrase o día do libro. Ó longo da semana iremos facendo distintas actividades relacionadas coa lectura das que vos daremos boa conta neste blogue.
Para comezar, deixámosvos a foto do mural que decora a nosa biblioteca. ¡Feliz día do libro!


viernes, 20 de abril de 2012

Proxecto Arce: Visita de profesores de Mallorca e Murcia

Por fin tivemos a visita de profesores dos centros CEE Enrique Viviente (La Unión) y CEE Son Ferriol (Palma de Mallorca). Foron dous días de intercambio de información entre o profesorado participante no programa Arce e o profesorado dos devanditos centros.


Preparamos no Centro unha xornada onde puideron observar e compartir as actividades que se realizan no noso colexio e coñecer ao noso alumnado. Durante a visita e na posterior posta en común, comentamos as similitudes e as diferenzas no referente á organización e funcionamento dos centros. Quedamos con ganas de compartir máis experiencias pero o tempo non se puido alongar máis.




Desta xuntanza xurdiu o esquema de traballo para a próxima visita. Agora tócanos a nós trasladarnos e viaxar pero non só os profes senón tamén un grupo de cinco alumnos/as que compartirán experiencias durante tres días con chicos/as de Palma de Mallorca e de Murcia. Xa vos contaremos!

martes, 17 de abril de 2012

Visita ó Parlamento de Galicia



O venres 24 de Marzo, fomos de visita ó Parlamento de Galicia. Alí tivemos un guia que nos ensinou as diferentes salas. Os nosos rapaces experimentaron o que se sinten ao falar dende os asentos parlamentarios.

Esta visita vainos servir para preparar o concurso do "Parlamento de Galicia" no que imos participar.







jueves, 12 de abril de 2012

María y yo

Hoxe, dende o primeiro ciclo, traémosvos un par de recomendacións. Trátase dun cómic e dun libro que estamos seguros de que van a ser do voso agrado e interés.



"María y yo" é un fantástico cómic firmado polo historietista Miguel Gallardo. Baséase nas experiencias vividas coa súa filla María, de 14 anos, durante unha viaxe a Canarias. María é unha nena con autismo. Miguel fai innumerables debuxos para ela moitos dos cales están incluídos no cómic. O libro tivo un éxito considerable e traduciuse a varios idiomas.

Baseada no cómic está a película que leva o mesmo nome. Está dirixida por Félix Fernández de Castro e protagonizada polos propios María e Miguel Gallardo.

Se o libro é estupendo, a película non o é menos. Gústanos o ton realista e positivo da história, a beleza dos seus planos e sobre todo quedamos prendados da simpatía arrolladora que desprende a súa protagonista.

Por todo isto, dende o primeiro ciclo, queremos animarvos a que vos fagades con ela e que pasedes un bo rato co seu visionado. Como adianto, aquí vos deixamos o trailer.


martes, 10 de abril de 2012

Menú Abril

Aquí vos deixamos o menú correspondente ó mes de Abril:


CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL A BARCIA                             

MENÚS CORRESPONDENTES Ó MES DE ABRIL

        CURSO 2011-2012

DÍA
BOCADILLO DA MAÑÁ
COMIDA DO MEDIODÍA
10
BOCADILLO  DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
TORRADAS INTEGRAIS CON TOMATE E QUEIXO
ARROZ CON LURAS/KIWI
11
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
PISTO DE CABACIÑA
LURAS Á ROMANA COM ENSALADA/PÉXEGO EM XAROPE
12
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
MINESTRA DE VERDURAS
ARROZ CON BACALLAU/AMORODOS
13
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
ENSALADILLA RUSA/ESPAGUETES Á BOLOÑESA
NECTARINA

16
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA (1)
CREMA DE VERDURAS/TENREIRA CON CHAMPIÑÓNS
FROITA
17
BOCADILLO DE MORTADELA OU FROITA (1)
ESPINACAS CON BECHEMEL
FILETE DE PESCADA FRITO CON PATACAS
XEADO
18
BOCADILLO DE  XAMÓN COCIDO OU FROITA (1)
ENSALADA DE PASTA
MELVA Á GALEGA
AMORODOS
19
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
ACELGAS CON ALLADA
POLO CON AMÉNDOAS E PATACAS
IOGUR
20
BOCADILLO DE QUEIXO  OU FROITA (1)
EMPANADA GALEGA DE BONITO
FILETE DE BACALLAU CON ENSALADA
PIÑA EN XAROPE
23
BOCADILLO DE CHOCOLATE  OU FROITA (1)
SOPA DE PASTA
FILETE DE TENREIRA CON PATACAS COCIDAS
PELADILLO
24
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA (1)
TORTILLA DE PATACAS E CABACIÑA
TALLARÍNS CON CHAMPIÑÓNS
QUEIXO GALEGO CON MARMELO
25
BOCADILLO DE CHOURIZO OU FROITA (1)
SOPA DE BROCOLI, CENORIA E PASTA
ATÚN Ó FORNO
PERA
26
BOCADILLO DE QUEIXO OU FROITA (1)
MACARRÓNS CON TOMATE
LURAS Á ROMANA CON ENSALADA
IOGUR
27
BOCADILLO DE PEITUGA DE PAVO OU FROITA
SOPA DE TAPIOCA
ARROZ CON CARNE
KIWI
30
BOCADILLO DE CHOCOLATE OU FROITA
MINESTRA DE VERDURAS
PASTEL DE CARNE
AMORODOS

(1)                           Toman froita a media mañá, en lugar de bocadillo, aqueles nenos que teñen tendencia ó sobrepeso. Merendarán os alumnos/as que xantan na segunda quenda do comedor ás 15h.