Dende o Plan Proxecta e a través do Programa “Aliméntate ben” ponse en marcha a iniciativa “Móvete connosco na casa”.
Trátase dunha programación semanal relacionada coa actividade física e as técnicas de relaxación para axudar aos nosos nenos e nenas a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento
Os vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, diseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa.
O mellor de todo isto, é que o podemos disfrutar en familia. Aquí vos deixamos a ligazón cos vídeos.
Desde el Plan Proxecta y a través del Programa "Aliméntate bien" se pone en marcha la iniciativa "Muévete con nosotros en casa".
Se trata de una programación semanal relacionada con la actividad física y las técnicas de relajación para ayudar a los niños y niñas a mantener la calma y seguir protegiendo la salud durante el tiempo de confinamiento.
Los vídeos constan de una serie de actividades físicas con una duración de 15 minutos aproximadamente, diseñadas para ser realizadas en casa, sin apenas material específico y de una manera sencilla, divertida y significativa.
Unha semana máis, propoñemos una serie de pautas para traballar a Estimulación Multisensorial do noso alumnado nos seus fogares…. Xa somos expertos en estimular sensorialmente aos máis peques da casa!!!... E, por iso, imos recordar e ter presente, en todo momento, aqueles aspectos metodolóxicos máis importantes (xa comentados nas sesión anterires):
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS
Realizar a actividade nun lugar agradable e tranquilo, coidando as condicións do entorno coma temperatura, luminosidade adecuada, aroma, música relaxante si procede, materiais motivantes e accesibles.
Convertirémonos en persoas facilitadoras das capacidades comunicativas, é dicir, intérpretes. Facer de mediadores entre as conductas, ás veces, difíciles de interpretar e dotalas de significado, contido e intención.
O xogo debe ser o motor fundamental de cada sesión de estimulación sensorial o psicomotricidade que lle brindemos ao neno.
Para ampliar as nosas competencias neste ámbito e porque “una imaxe vale máis que mil palabras”, aconséllase o visionado de numerosos e interesantes videos e páxinas web en Internet para tomar ideas en relación a materiais, técnicas… (WWW. HOPTOY.ES , estimulación multisensorial en YOUTUBE )
ACTIVIDADES TIPO (4º semana)
Estimulación Táctil: Nun balde cuberto de área, esconderanse pelotas de diferentes cores e tamaños. O neno que terá que atopar todas as pelotas no menor tiempo posible.
Estimulación Visual: Vendarlle ao neno os ollos con distintos panos con diferentes grados de transparencias (tul, grasas,…). Poñer varios obxectos iluminados: xoguetes, mascota, lámpada, etc… E comprobar que algúns panos permiten percibir obxectos e outros non permiten ver nada.
Estimulación Auditiva: Dispoñer tres botes iguales con diferentes materiais. Por exemplo: tornillos, xudías e arroz. Axitar os botes e identificalos según a intensidade do sonido que produzan.
Estimulación Olfativa- Gustativa: Acercar ao neno diferentes algodóns impregnados con olores agradables e desagradables. Algúns olores agradables poden ser: colonia, aromas florais, herbas olorosas, alimentos dulces… Outros desagradables: cinza, vinagre, limón… O neno deberá ulir os diferentes algodóns, identificalos e expresar o seu agrado/ desagrado ante eles.
Dentro das actividades que realizamos no noso cole queremos destacar 3: a terapia canina (con Candamín), as emocións e a comunicación.
Se as mesturamos e deixamos voar a imaxinación e creatividade temos como resultado este precioso conto que elaborou Juan (titor da aula 9). Esperamos que vos guste!
Dentro de las actividades que realizamos en nuestro cole queremos destacar 3: la terapia canina (con Candamín), las emociones y la comunicación. Si las mezclamos y dejamos volar la imaginación y creatividad tenemos como resultado este precioso cuento que elaboró Juan (tutor del aula 9). Esperamos que os guste.
Aquí vos deixamos actividades para realizar esta semana!
PARA EMPEZAR:
Rapaces e rapazas, non recibimos ningunha canción para empezar o día con alegría, así que escribídenos no blog algunha canción que vos guste e que vos anime!
Nesta ocasión nos propoñemos a canción do momento, “RESISTIRÉ”.
RUTINA DIARIA:
Damos continuidade ás rutinas da semana pasada!.
É importante manter moitas das rutinas diarias que tiñan (xa que lle darán seguridade e tranquilidade):
DATA: Día, número, mes e ano
QUE TEMPO FAI?
EN QUE ESTACIÓN ESTAMOS?
Seguimos a traballar co recurso da Primavera (hai novas actividades)
Non recibimos ningún comentario da visualización das curtametraxes....
Lembrades a Bosco e Venus?, os canciños que viñan a visitarnos ao cole?. Seguro que si. Esta semana queremos propoñervos que escoitedes o conto “Amelia quiere un perro” de Kalandraca”.
Despois de escoitar o conto 2 veces seguro que sodes capaces de facer esta actividade:
Tedes algunha mascota na casa?. Queremos que nos contedes no blog que mascota tedes, como se chama e que coidados necesita. Se non tedes mascota queremos que nos contedes que mascota vos gustaría ter, que nome lle poriades e que coidados necesita.
Escolle un entre os 37 títulos para descargar gratuitamente.
3- Facer un “Maratón de lectura ” que consiste en ler un libro durante un tempo, anotar o tempo que se leu e a continuación escoller dúas ou tres palabras que nos gustaran, facer con elas unha frase e un debuxo relacionado coa mesma e contar un sinxelo conto de dúas ou tres liñas nas que aparezan esas palabras.
INICIACIÓN Á LECTURA
Repasamos o traballo realizado na semana pasada.
Traballamos estas novas sílabas “SA – SE – SI – SO - SU”.
(no caso de non ter impresora podedes debuxar as fichas nun folio ou realizar unha captura de pantalla coa tablet/móbil e traballar co lapis/dedo. Para realizar o traballo usando o sentido do tacto podedes usar diferentes texturas para as formas, dar relevo coa roda dentada/silicona, facer presión co bolígrafo/lapis ao debuxar as formas e traballar pola parte de atrás do folio xa que o relevo será maior)
REALIZAR CLASIFICACIÓNS:
Seguimos realizando diferentes clasificacións con obxectos que tedes na casa (diferente tipo de pasta, moedas, botóns…)
APPs PARA TRABALLAR
Seguimos traballando coas aplicacións da semana pasada.
Esperamos que nos enviedes algunha nova aplicación que vos guste, que nos digades se vos gustan as que vos propoñemos...
4- CONCEPTOS MATEMÁTICOS:
Seguide a traballar nas tarefas das semanas pasadas.
Non vos esquezades que Jorge (Educación Física), Marta e Telmo (Educación Musical), Rita (Relixión) e Javier (AL) tamén vos mandan actividades!
Recordade que no blog das aulas 3 e 5 temos organizadas tódalas actividades (https://cadadiaeespecial.blogspot.com/)
Aquí podedes descargar as actividades en PDF (en galego e castelá)
Ola familias!!!!!. Como vai todo?. Esperamos que esteades tod@s ben. Como isto de quedar na casa estase alargando, seguimos mandándovos unha serie de actividades que podedes facer cos vosos fill@s, e que así o tempo pase da mellor forma posible.
Botámosvos moito de menos e desexamos que isto remate pronto. !!!!!
Un biquiño. Os titor@s do 2º nivel .
1- ACTIVIDADES DE ALIMENTACIÓN:
Nesta ocasión, as actividades centraranse fundamentalmente na alimentación. Así que unha vez visualizado o vídeo da “Barcia come ben” as nenas e nenos realizarán diferentes exercicios onde se remarque o exposto.
a- Actividades de seguir a forma a diferentes froitas. As froitas forman parte dos alimentos reguladores do organismo, por tanto son esenciais na alimentación. Así pois, deberemos telas sempre presentes. A nena ou neno deberá realizar a contorna (axudaráselle o imprescindible). Secundariamente poderá encher o deseño perfilado con ceras, rotuladores, lapis de cor … co que teñamos na casa e máis nos preste!.
Podemos imprimir a mazá varias veces, pintándoa en diferentes cores, de xeito realista (vermello, verde e amarelo).
b- Actividades de emparellar comidas iguais
AS FROITAS: A nena ou neno deberá emparellar as froitas iguais, dirémoslle o nome e secundariamente tamén poderá pintalas.
c- AS VERDURAS: Outros alimentos esenciais son as verduras.
No centro traballámolas facendo un grande mural “A horta de Balbina” baseándonos nesta canción:
A HORTA DE BALBINA
Para realizar esta actividade, a nena ou neno deberá identificar as parellas que nela se agochan e unilas cun lapis, bolígrafo ou cera (cando máis groso máis doado é de agarrar).
2- ACTIVIDADES DE RELACIONAR.
a- Colorear o que máis che gusta e o que almorzaches ese día
b- Colorear as froitas e vencellar o alimento-traballador do sector primario do que parte.
c- Seleccionar os alimentos que metemos no frigorífico e relacionar as tendas de alimentación coa comida
d- Actividades Modelo de Lista da compra.
Tal actividade pódese completar recortando os produtos que veñen no catálogo do supermercado ou pegando os produtos nun folio.
e- Actividades Receita. Aínda que xa pasou a Semana Santa, deixámosvos por aquí unha receita de torrixas. Tendes que probar a facelas coa axuda de alguén. Son moi doadas e están boísimas!!!!!!!!!!!!!. Pero antes de empezar non esquezades de facer a lista da compra, para que así non falte ningún ingrediente.
Bo proveito!!!!!!!!!!!
f- Actividades-xogo coa Pirámide dos alimentos. Mandámosvos tamén un enlace para xogar á pirámide dos alimentos, É moi divertido. Atrevédesvos?
g- Cancións de Pica Pica vencelladas coa comida. Este grupo, que tanto vos gusta, ten dúas cancións dos alimentos, lembrádelas?
EL BAILE DE LA ENSALADA
EL BAILE DE LA FRUTA
3- ACTIVIDADE DE ATENCIÓN E SERIACIÓN CON OBXECTOS DA CASA.
4- ACTIVIDADE DO POLO PEPE.
Como lembrades da canción do anterior bloque, o Polo Pepe, por comer tanto… non podía saltar!.
Así pois, imos axudalo tachando desta lista de alimentos aqueles que non lle aportan máis que calorías e son perfectamente prescindibles para a dieta.
Ollo! Debedes tachar 7.
5- ACTIVIDADES DE GRAFOMOTRICIDADE: Como este aspecto é algo que cómpre seguir tendo en conta sempre, proseguiremos coas secuencias das actividades iniciadas na anterior ocasión: contorno de figuras grandes e visión espacial
Esta semana imos traballar cos animais (Esta semana vamos a trabajar con los animales)
A primeira proposta é practicar a comprensión a través da vista e do sorriso ademais por suposto de aproveitar as posibilidades de cada alumno (La primera propuesta es practicar la comprensión a través de la vista y de la sonrisa además por supuesto de aprovechar las posibilidades de cada alumno)
EL SONIDO DE LOS ANIMALES
Preguntamos quen fai así?
Esperamos respostas a través do sorriso cando acerten ou movementos da cabeza cara a respostas si/non (coma traballamos nos contos a través de carteis de Si/Non) . Preguntamos quién hace así? Esperamos respuestas a través de la sonrisa cuando acierten o movimientos de la cabeza hacia las respuestas si/no (como trabajamos en los cuentos a través de carteles Si/No)
Escoitamos música relacionada cos animais (Escuchamos música relacionada con los animales):
EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES
OS ANIMAIS
Proposta de traballo do conto COCORICO (Propuesta de trabajo de COCORICO)
A través da seguinte proposta imos a traballar o conto de Cocorico, un conto xa traballado na aula e no centro e que, polo tanto, o noso alumnado xa coñece.
A través de la siguiente propuesta vamos a trabajar el cuento de Cocorico, un cuento ya trabajado en el aula y en el centro y que, por lo tanto, nuestro alumnado ya conoce.
Lectura do conto ou visionado e escoita do conto COCORICO de OQO EDITORES. Enfatizamos a parte emocional do conto (contento, triste, medo, dor…). Lectura del cuento o visionado y escucha del cuento COCORICO de OQO EDITORES. Enfantizamos la parte emocional del cuento (contento ,triste, miedo, dolor…).
Escoita da canción (Escucha de la canción)
Preguntas sobre o conto onde terán que respostar si/no (coa mirada ou movemento do corpo útil). Preguntas sobre el cuento en dónde tendrán que responder si/no (con la mirada o movimiento del cuerpo útil).
Traballamos as emocións con preguntas e respostas de si/non. Por exemplo: “Cocorico terá medo coa chegada de Gato Pelado?”, ou “Cocorico estará contento facendo o biscoito con Mamá Galiña?”. Trabajamos las emociones con preguntas y respuestas de si/no. Por ejemplo: “¿Cocorico tendrá miedo con la llegada de Gato Pelado?”, o “¿Cocorico estará contento haciendo el bizcocho con Mamá Gallina?”.
Traballamos os sons representativos dos animais: poñer o son da galiña, do pitiño e do gato e facer preguntas de si ou non. Trabajamos los sonidos representativos de los animales: poner el sonido de la gallina del pollito y del gato y hacer preguntas de si y no.
Facemos o biscoito do conto Cocorico. Esta pode ser unha boa receita. Hacemos el bizcocho del cuento Cocorico. Esta puede ser una
buena receta:
Na realización do biscoito conxunta có neno/a enfatizamos non so o facer, senón todo o relativo á parte multisensorial: ruído da batizora ou do batido de ovos á man, cheiro dos ingredientes, probamos os ingredientes, tocamos as diferentes texturas (a fariña, o azucre…).
En la realización del bizcocho conjunto con el niño/a enfatizamos no solo el hacer, sino que también todo lo relativo a la parte multisensorial: ruido de la batidora o del batido de los huevos a mano, olor de los ingredientes, probamos los ingredientes, tocamos las diferentes texturas (la harina, el azúcar…).
Visionado da representación do libro levada a cabo polo Equipo de Biblioteca do centro á que asistiron tódolos nenos/as do centro. Visionado de la representación del libro llevada a cabo por
el Equipo de Biblioteca del centro a la que asistieron todos los niños/as del
centro.
O mestre Juan elaborou un conto precioso que nos vai axudar a coñecer moito mellor aos nosos amigos os cans ao mesmo tempo que traballamos as emocións!
Ola nenos e nenas, como estamos na primavera, propoñemos as seguintes actividades.
TAREFA 1: A proposta que vos facemos é plantar unha semente (lentellas, xudías, fabas...).
Nun recipiente que teñades pola casa e poidades reciclar (un vaso de iogur por exemplo) poñeredes a xerminar unha semente. Seguiredes o seguinte proceso:
Enchede medio vaso con algodón húmido.
Metede as sementes no medio do algodón.
Por último colocádea nun lugar cálido e luminoso.
A continuación tedes un vídeo explicativo.
Pois agora toca agardar e ir observando!!
A continuación deixámosvos dous contos que esperamos que vos guste.
TAREFA 2: Distinguimos as diferentes partes da planta
TAREFA 3: ADIVIÑAS SOBRE A PRIMAVERA
A continuación presentamos 3 adiviñas que teñen que ver coa primavera, vos atrevedes?
(Sinalar cal é a imaxe que corresponde á solución da adiviña)
TAREFA 4: POCOYO TAMÉN NOS EXPLICA
TAREFA 5: non nos podemos olvidar de que temos que lavar as mans a miudo. Deixamos o vídeo de Migallas para facelo máis doado.
TAREFA 6: Morfosintaxis con Pocoyó:material para construir frases sinxelas, e como protagonista Pocoyó. Son frases sinxelas, formadas tan so por suxeito + verbo.
As dúas últimas diapositivas teñen pictogramas para recortar e pegar según corresponda.
O material é realizado por Tamara Rojo Martín: miradaespecial.com
1- Para realizar estas actividades le tenemos que preguntar al niño qué palabra corresponde a la solución.
Ejemplo:
¿La siguiente niña tiene DOLOR o quiere COMER?
2- Mis compañeros en el colegio son (contestar sí o no):
3- Elige entre pequeño o grande.
Preguntamos así: ¿El ELEFANTE es pequeño o grande?
4- Debemos repasar palabras que ya trabajamos (todos los días): Nombres: Sara, Juan, Pili, Marta, Rita y Paula; también los nombres de los compañeros Noel, Alba, José, …
1- Preguntamos cómo nos sentimos con cada uno de estos dibujos (tristes o contentos)
2- ¿Cómo está el niño?
Los 2 últimos símbolos pictográficos utilizados son propiedad del Gobierno de Aragón y han sido creador por Sergio Palao para ARASAAC (http://arasaac.org) que los distribuye bajo licencia Creative Commons (BY-NC-SA).
3- A VECES ME SIENTO
4- ¿Cómo me siento si?
Os dejamos el PDF de las actividades por si las queréis descargar!
Que tal a semana pasada? Puidestes xogar a moitas cousas, agardo que sí.
Parece que xa falan de deixar saír un pouco aos nenos e nenas, así como intentar volver as clases o antes posible, que ben!
Para esta semana seguimos con máis xogos coa mesma dinámica cos anteriores, a ver que tal se vos dan.
Imos traballar facendo xoguetes reciclados.
O primeiro que faremos serán avións de papel para facelos voar e que cheguen moi lonxe ou voen moi alto, pintalos e decoralos da forma que máis vos guste.
Arocesto. Co cartón grande dun papel de cociña, papel de aluminio,... pegado a unha base de cartón ou plástico faremos a base e os aros con cartón, papel de alumino,... Decorándoos de diversas cores.
Yogurcesto. Cun envase de iogur, un cordel e unha pelota de papel de alumino, plastilina,... tratamos de meter a pelota dentro do iogur. Moita sorte.
Indiaca caseira. Collemos unha bolsa de plástico e papel engurrado máis cinta adhesiva ou calquera adhesivo. Para xogar de maneira individual ou en parellas, tríos,...
Encestar pelotas de ping pong soplando. As cadeiras de rodas poden probar este divertido xogo, pegando uns vasos de plástico ao final da mesa.
Torre de rollos de papel hixiénico. No segundo nivel gozarán derrunbándoo.
Xogos de canicas con tubos de papel hixiénico con puntuacións.
Pescar tapóns de plástico nunha cubeta con palillos longos, 2 culleres ou só con 1.
Pista de obstáculos con cartóns.
Penso que podedes pasar un bo rato en familia facendo estes ou outros xogos con material reciclado que hai pola rede que son moitos.
Claro que si podedes intentar todos pois mellor.
Non traducín ao castelán porque a explicación dos xogos non contén palabras moi difíciles e tamén porque unha imaxe vale máis que mil palabras.
Desexando vervos pronto a todas e todos, que pasedes unha boa semana.
Jorge.
Aquí tedes o arquivo en PDF por se o queredes descargar!