martes, 21 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: 2º NIVEL (BLOQUE III). AULAS 1-2-4-7

Ola familias!!!!!. Como vai todo?. Esperamos que esteades tod@s ben. Como isto de quedar na casa estase alargando, seguimos mandándovos unha serie de actividades que podedes facer cos vosos fill@s, e que así o tempo pase da mellor forma posible. 
Botámosvos moito de menos e desexamos que isto remate pronto. !!!!! 
Un biquiño. Os titor@s do 2º nivel . 

1- ACTIVIDADES DE ALIMENTACIÓN

Nesta ocasión, as actividades centraranse fundamentalmente na alimentación. Así que unha vez visualizado o vídeo da “Barcia come ben” as nenas e nenos realizarán diferentes exercicios onde se remarque o exposto. 



a- Actividades de seguir a forma a diferentes froitas. As froitas forman parte dos alimentos reguladores do organismo, por tanto son esenciais na alimentación. Así pois, deberemos telas sempre presentes. A nena ou neno deberá realizar a contorna (axudaráselle o imprescindible). Secundariamente poderá encher o deseño perfilado con ceras, rotuladores, lapis de cor … co que teñamos na casa e máis nos preste!. 


Podemos imprimir a mazá varias veces, pintándoa en diferentes cores, de xeito realista (vermello, verde e amarelo).



b- Actividades de emparellar comidas iguais 

  • AS FROITAS: A nena ou neno deberá emparellar as froitas iguais, dirémoslle o nome e secundariamente tamén poderá pintalas. 

c- AS VERDURAS: Outros alimentos esenciais son as verduras. 

No centro traballámolas facendo un grande mural “A horta de Balbina” baseándonos nesta canción:

A HORTA DE BALBINA


Para realizar esta actividade, a nena ou neno deberá identificar as parellas que nela se agochan e unilas cun lapis, bolígrafo ou cera (cando máis groso máis doado é de agarrar). 



2- ACTIVIDADES DE RELACIONAR. 

a- Colorear o que máis che gusta e o que almorzaches ese día


b- Colorear as froitas e vencellar o alimento-traballador do sector primario do que parte.


c- Seleccionar os alimentos que metemos no frigorífico e relacionar as tendas de alimentación coa comida 


d- Actividades Modelo de Lista da compra. 
Tal actividade pódese completar recortando os produtos que veñen no catálogo do supermercado ou pegando os produtos nun folio. 


e- Actividades Receita. Aínda que xa pasou a Semana Santa, deixámosvos por aquí unha receita de torrixas. Tendes que probar a facelas coa axuda de alguén. Son moi doadas e están boísimas!!!!!!!!!!!!!. Pero antes de empezar non esquezades de facer a lista da compra, para que así non falte ningún ingrediente.


Bo proveito!!!!!!!!!!! 

f- Actividades-xogo coa Pirámide dos alimentos. Mandámosvos tamén un enlace para xogar á pirámide dos alimentos, É moi divertido. Atrevédesvos? 

g- Cancións de Pica Pica vencelladas coa comida. Este grupo, que tanto vos gusta, ten dúas cancións dos alimentos, lembrádelas?

EL BAILE DE LA ENSALADA



EL BAILE DE LA FRUTA



3- ACTIVIDADE DE ATENCIÓN E SERIACIÓN CON OBXECTOS DA CASA. 





4- ACTIVIDADE DO POLO PEPE. 

Como lembrades da canción do anterior bloque, o Polo Pepe, por comer tanto… non podía saltar!. 


Así pois, imos axudalo tachando desta lista de alimentos aqueles que non lle aportan máis que calorías e son perfectamente prescindibles para a dieta. 
Ollo! Debedes tachar 7. 



5- ACTIVIDADES DE GRAFOMOTRICIDADE: Como este aspecto é algo que cómpre seguir tendo en conta sempre, proseguiremos coas secuencias das actividades iniciadas na anterior ocasión: contorno de figuras grandes e visión espacial






Podedes descargar as actividades en PDF aquí:

No hay comentarios: