martes, 12 de mayo de 2020

AULAS 9-10 (BLOQUE V). 1º NIVEL: TRABALLANDO NA CASA

ACTIVIDADES PARA OS PAIS 
  • A AXENDA 
Nesta actividade temos que intentar conseguir unha lista das 5 tarefas, cousas, ... (poden ser máis) que máis lle gusta ao neno/a. 
Exemplo: o ruído das motos, Pepa Pig, as caricias, o baño e o cacao. 
Logo temos que anotar os desexos do neno/a na orden en que llas podemos ofrecer ao longo do día e intentar representar esa actividade, obxecto, xogo, ... de calquera maneira (foto, debuxo, recorte de revista ou catálogo, etc). 
Seguindo co listado do exemplo anterior: representamos a modo de axenda, pegando as fotos ou debuxos dos gustos do neno/a nun papel, cartolina, cartón, ... (en calquera superficie) 
Primeiro pegamos un debuxo do baño, logo o cacao, despois Pepa Pig, seguido das caricias e, por último o ruído das motos. Non fai falta ter impresora ou saber debuxar ben, o importante é que cando lle sinalamos o debuxo dicimos o nome/ruído intentando que lle agrade ao neno/a.


Despois da colocación imos a intentar ofrecerlle (mostrar/sinalar) tódolos días esta axenda a modo de “recompensa”. O noso fillo/a ten que aprender que si mira/sinala cara a un de estos debuxos llo podremos dar (ao principio de inmediato, logo tamén ten que aprender a esperar). 
No seguinte exemplo: 


Situados fronte ao neno/a lle ensinamos 2 fotos, unha dun alimento, agasallo, ..., pero que se lle pode ofrecer e outra do baño, o neno/a aprende que si mira cara a esquerda darémoslle un pouco de torta, pero si mira ou sinala a dereita irá ó baño (de aí que as recompensas teñen que estar ordenadas e non lle podemos ensinar a foto do baño en calquera momento, xa que si mira cara a foto temos que actuar consecuentemente). 
  • DISCRIMINACIÓN VISUAL POR TAMAÑOS 

A continuación seguiremos a traballar cos distintos tamaños. Para iso temos o visionado do conto “Chivos Chivones” da Editorial Kalandraka. 

  • LETRAS GALEGAS 
    • VOCABULARIO: 
Nesta actividade os pais debedes intentar repetir o nome de cada animal, alimento e contorna para que o neno/a sexa capaz de aprendelo (cada un ao seu nivel, con algúns nenos/as podémonos parar na escritura e con outros nos sons “cacarexando” ou simplemente intentando que miren cara o animal que lle indicamos). 
En esta actividad los padres debéis intentar repetir el nombre de cada animal, alimento y entorno para que el niño sea capaz de aprenderlo (cada uno a su nivel, con algunos niños nos podemos parar en la escritura y con otros nos paramos en los sonidos “cacarexando” o simplemente intentando que miren hacia el animal que le indicamos. 

  • Une (ou busca coa vista) os debuxos que teñen relación.


DESCARGA DAS ACTIVIDADES

No hay comentarios: