miércoles, 22 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: RELIXIÓN CATÓLICA III

Ola nenos e nenas!
Aquí vos deixo unhas actividades para facer na casa estes días. Espero que vos e as vosas familias esteades moi ben!
Un saúdo
Rita

TRABALLOS PARA REALIZAR NA CASA EN TEMPO PASCUAL

1- Con que inxenio sodes capaces de montar este coelliño de Pascua! 
  • Podedes colorealo ó voso gusto. 
  • Poñédelle os ollos porque sen eles non vos pode ver. 
  • Facédelle a boca cos seus dentes e os bigotes. 
  • Recortade tódalas partes e pegade. 
  • Facédelle una foto para que todos o podamos desfrutar. 

2º- Cales son as vosas dotes para colorear o noso amigo que quer saír do ovo! 


3º- Tedes que ir unindo os números en orden e despois, coloreades o debuxo. 


4º- Facede este sinxelo coelliño da seguinte maneira: 
  • Calcade a vosa man nunha folla. 
  • Recortar a man. 
  • Dobrar o dedo polgar e o medique como está na imaxe. 
  • Recortar o dedo medio ou corazón. 
  • Debuxar nos dedos índice e anular as orellas e debaixo a cara do noso coelliño.

Aquí vos deixo as actividades en PDF por se as queredes descargar!

No hay comentarios: