jueves, 31 de octubre de 2019

CONCURSO DE PORTAS DO SAMAÍN

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) convocou o "I CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN". Houbo unha gran participación (persoal docente e non docente) e son poucas as portas do centro que non están decoradas. 
El Equipo de Dinamización de la Lengua Gallega (EDLG) convocó el "I Concurso de Decoración de puertas del Samaín". Hubo una gran participación (personal docente y no docente) y son pocas las puertas del centro que no están decoradas.






 A resolución do concurso foi onte... pero tedes que esperar á entrada da Festa do Samaín.
La resolución del concurso fue ayes...pero tenéis que esperar a la entrada de la Fiesta del Samaín.


FOMOS AO CONCELLO DE SANTIAGO!

O venres 25 de outubro tivemos unha recepción no Concello de Santiago con membros da corporación local. O noso alumando leu un pequeno discurso e realizou unha pequena entrevista á Concelleira de Educación. 
El viernes 25 de octubre tuvimos una recepción en el Concello de Santiago con miembros de la corporación local. Nuestro alumnado leyó un pequeño discurso y realizó una pequeña entrevista a la Concejala de Educación.



Queredes saber o que dicía o noso discurso? (queréis saber lo que decía nuestro discurso?)

Bos días.
Estimada Señora Concelleira, Señor Alcalde e demais membros da corporación.
O alumnado do CEE A Barcia, pensamos que a vida é como unha viaxe en tren.
Un tren moi grande con moitos vagóns. Hai vagóns de primeira, de segunda, de terceira, de mercancías,…
Os que van no vagón de primeira clase, paran en estacións con fermosos nomes: “igualdade”, “sen barreiras”, “emprego”, “educación”,“respecto”,”dignidade”,… e tantos outros cheos de ledicia e sorrisos.
Os nenos e nenas do colexio da Barcia, estamos aquí para dicirlles, que nós queremos un billete en primeira clase, para desfrutar de todas esas marabillosas paradas.
Moitas grazas a todos e todas por facilitar que hoxe, o noso tren parara, nesta marabillosa estación que é o Concello de Santiago de Compostela
Grazas.
Buenos días. Estimada Señora Concejala, Señor Alcalde y demás miembros de la corporación. El alumnado del CEE A Barcia, pensamos que la vida es como un viaje en tren. Un tren muy grande con muchos vagones. Hay vagones de primera, de segunda, de tercera, de mercancías... Los que van en el vagón de primera clase, paran en estaciones con hermosos nombre "igualdad", "sin barreras", "empleo", "educación", "respecto", "dignidad"..., y tantos otros llenos de alegría y sonrisas. Los niños y niñas del colegio de la Barcia, estamos aquí para decirles, que nosotros queremos un billete de primera clase, para disfrutar de todas esas maravillosas paradas. Muchas gracias a todos y todas por facilitar que hoy nuestro tren parara en esta maravillosa estación que es el Ayuntamiento de Santiago de Compostela.
´
Antes de irnos convidamos a Concelleira de Educación a visitar o noso centro, e ela aceptou encantada. Así que xa sabe, esperámola (Antes de irnos invitamos a la Concejala de Educación a visitar nuestro centro, y ella aceptó encantada. Así que ya sabe, la esperamos!).


Despois fomos á Praza de Abastos de Santiago.
(Después fuimos a la Plaza de Abastos de Santiago)


Para rematar cun pequeno "piscolabis (Para acabar con un pequeño piscolabis)


A nosa visita ao Concello foi publicada na web do Concello e na Voz de Galicia! (nuestra visita al Ayuntamiento fue publicada en la web del Ayuntamiento y en La Voz de Galicia).


miércoles, 30 de octubre de 2019

E HOXE.... SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín!. Obradoiros, contos, diversión e moito, moito medoooooo
Hoy celebramos el Samaín!. Talleres, cuentos, diversión y mucho, mucho miedooooo


COMEZAN A CHEGAR AS CABAZAS!

Se entrades no cole tedes que facer unha pequena parada na exposicións de cabazas do Samaín!. Moitas grazas ás familias que participaron nesta actividade. Que medo!
Si entráis en el cole tenéis que hacer una pequeña parada en la exposición de calabazas del Samaín!. Muchas gracias a las familias que participaron en esta actividad. Qué miedo!


APETÉCEVOS UN CONTO DE MEDO?

Dende fai uns días na entrada do cole podedes ver unha exposición de libros terroríficos!!!
Que vos parece se colledes un e deixades voar a vosa imaxinación? (Animamos ás familias do noso alumnado a solicitar un préstamo de libro!).
Desde hace unos días en la entrada del cole podéis ver una exposición de libros terroríficos!. Que os parece si cogéis uno y dejáis colar vuestra imaginación? (animamos a las familia de nuestro alumnado a solicitar un préstamo de libros!)


lunes, 28 de octubre de 2019

SUSPENSIÓN FESTA DOS INCHABLES

Debido as condicións meteorolóxicas adversas suspéndese a Festa dos Inchables de mañá 29 de outubro.
Debido a las condiciones meteorológicas adversas se suspende la Fiesta de los Inchables de mañana 29 de octubre.


lunes, 14 de octubre de 2019

TAPÓNS SOLIDARIOS

O curso pasado iniciamos a recollida de tapóns solidarios. Así que xa sabedes, colaborade con nós e depositade tapóns neste contedor.
El curso pasado iniciamos la recogida de tapones solidarios. Así que ya sabéis, colaborar con nosotros y depositar tapones en este contenedor.


miércoles, 9 de octubre de 2019

QUE MEDO!

Este Samaín ímolo a pasar de medo na Barcia. Estade ben atentos!
Este Samaín lo vamos a pasar de miedo en la Barcia. Estar bien atentos!