martes, 31 de marzo de 2020

FLAN DE COCO: EDUCADORES BLOQUE III

Ola¡¡¡¡¡. Seica nestes días estalle dando a todo o mundo por cociñar, e nós non imos a ser menos. Apetécevos algo doce?. Que vos parece este FLAN DE COCO??? Seguro que deixades a todos impresionados cando o poñadas na mesa. 
Así que lavade ben as máns, que xa sabedes o importante que é, poñer o mandíl e A COCIÑAR.
Hola!. En estos días le está dando a todo el mundo por cocinar, y nosotros no vamos a ser menos. Os apetece algo dulce?. Que os parece este FLAN DE COCO???? Seguro que dejaréis a todos impresionados cuando lo pongáis en la mesa.



TRABALLANDO NA CASA: MULTISENSORIAL II

Este documento contén a continuación da programación que, a semana pasada, comenzamos a poner en práctica: o traballo de estimulación multisensorial que as familias están a realizar nos seus fogares. Para continuar e dar sentido á actividade teremos presente, en todo momento, as orientacións metodolóxicas xa comentadas no documento anterior, así como tamén, añadiremos as seguintes reflexións:
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICA
  1. A nosa intervención non só vai posibilitar a estimulación dos sentidos, senón tamén aproveitar a estimulación dos sentidos como un medio, como unha ponte que nos posibilita acercarnos ao neno e comunicarnos con el, conectarnos.
  2. Debemos reaccionar de forma inmediata, esaxerada e con forte emotividade, ante calquer intento de comunicarse do neno.
  3. Convertirémonos en persoas facilitadoras das capacidades comunicativas, é dicir, intérpretes. Facer de mediadores entre as conductas, ás veces, difíciles de interpretar e dotalas de significado, contido e intención.
  4. Nestas actividades que se proponen teremos como obxectivos prioritarios: potenciar a relaxación, a comunicación e a elección.  
ACTIVIDADES TIPO  (2º semana) para favorecer a integración corporal e sensorial do neno, así como potenciar a súas capacidades comunicativas.
  • Estimulación vestibular (reaccións do equilibrio): actividades de balanceo, con materiais coma mecedora, hamaca, columpio, pelotas de gran tamaño... Estes movementos poden ser leves, para buscar a relaxación; ou rápidos, para lograr  a activación, según sexa necesario.
  • Estimulación táctil-háptica (o que sinten as nosas mans): depositar materiais na man hacia arriba (arena, arroz…) a diferentes temperaturas e pasar de man a dedos; frotamos as mans con crema ou talco; suxección de obxectos pequenos e sonoros, alternando as mans en cada exercicio; tirar obxectos sonoros ao chan; atrapar obxectos dende a posición de tumbado…son algúns exemplos.
  • Estimulación gustativa: sazonar con líquidos doces xoguetes ou obxectos de dentición; esponxiñas de chuchar con líquidos de sabores agradables; dar xoguetes atractivos para potenciar a coordinación mano-boca, gusanitos, galletas de dentición…Nestas actividades favorecemos a capacidade de elección dos nenos, ante os estímulos ofrecidos.
  • Estimulación acústica: audicións laterais (esquerda-dereita) con gravacións diversas (latidos de corazón, percusións rítmicas…) cada 20 segundos; manipulación de axoúxeres e xoguetes sonoros, pulseiras con campaniñas,…
  • Estimulación na comunicación: a través do contacto corporal e diálogos. TODA A SESIÓNESTAREMOS EN CONTACTO ESTREITO E COMUNICATIVO  CO/A NENO/A.

IMPORTANTE: AXUDAS ALUMNADO BENEFICIARIO BOLSAS DE COMEDOR

Estimadas familias:
O plazo para solicitar ditas axudas remata o 6 de abril de 2020 (para máis información podedes acceder ao portal educativo da Consellería de educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/ ou facendo clic AQUÍ)

lunes, 30 de marzo de 2020

TODOS A UNHA!

Que vos parece se desde a distancia facemos unha actividade todos/as xuntiños/as!!!. 
Consiste en escribir nun folio, pizarra, tablet...  mensaxes fomentando que a xente quede na casa e tamén para animarnos nestes días tan difíciles. Unha vez o teñades feito, sacade unha foto (onde tamén saiades vós!). Tedes ata o mércores para envialas ao correo do cole (cee.barcia@edu.xunta.es) e despois o Equipo TIC xa se encargará de preparalas para publicalas no blog!. Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade rapaces, familia e persoal. 
Resumindo:
  1. Escribir e debuxar nun folio as mensaxes.
  2. Sacar foto onde saiades vós e quen queirades (publicarase no blog esa foto)
  3. Enviar ao correo do cole antes do mércores.

Aquí vos deixamos un exemplo do folio (recordade que tedes que saír na foto!)



Que os parece si desde la distancia hacemos una actividad todos/todas juntitos!!!. Consiste en escribir en un folio, pizarra, tablet... mensajes fomentando que la gente se quede en casa y también para animarnos en estos días tan difíciles. Una vez que lo tengáis hecho, sacar una foto (donde también salgáis vosotros/as) Tenéis hasta el miércoles para enviarlas al correo del cole y después el Equipo TIC ya se encargará de prepararlas para publicarlas en el blog! . Dejar volar vuestra imaginación y creatividad niños/as, familia y personal. 
Resumiendo:
  1. Escribir y dibujar en un folio los mensajes.
  2. Sacar foto en donde salgáis vosotros/as y quien queráis (se publicará en el blog esa foto)
  3. Enviar al correo del cole antes del miércoles. 

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE III

Boas a tod@as de novo: 
Neste caso o equipo de AL do centro ofrece unha serie de xogos dirixidos a aqueles alumnos e alumnas que precisan seguir traballando a súa articulación, procurando sempre unha fala o máis axeitada posible. Con xogos coma estes, pasarédelo de seguro moi ben xuntos e servirán para reforzar aspectos importantes nesta liña.  
Así mesmo, deixamos tamén unha serie de exercicios para favorecer a relaxación, especialmente da cara e pescozo, para axudar a reducir a tensión muscular nestas zonas.

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

domingo, 29 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: EDUCACIÓN FÍSICA II

Que tal estades?, espero que ben e con moitas ganas de vir ao cole. Teño unha idea... Que vos parece se facemos un pouco de Ioga?

viernes, 27 de marzo de 2020

CEPILLADO DE DENTES: EDUCADORES BLOQUE II

Os educadores do internado como encargados de instaurar e supervisar as actividades da vida diaria entre as que figura o aseo e hixiene, enviamos un recordatorio de como proceder ao lavado de dentes para que os alumnos manteñan durante estes dia de confinamento os coñecementos adquiridos ao respecto.
Hai que seguir mantendo durante este confinamento os hábitos adquiridos. Por iso queremos lembrarvos os pasos para realizar un bo cepillado de dentes. Lembrade facelo 3 veces ao día. E, a pesar de todo, amosar un bo sorriso¡¡¡¡ 
Los educadores del internado como encargados de instaurar y supervisar las actividades da vida diaria entre las que figuran el aseo y la higiene, enviamos un recordatorio de como proceder al lavado de dientes para que los alumnos mantengan durante estos días de confinamiento los conocimientos adquiridos al respecto. 
Hay que seguir manteniendo durante este confinamiento los hábitos adquiridos. Por eso queremos recordaros los pasos para realizar un buen cepillado. Acordaros de hacerlo 3 veces al día. Y a pesar de todo, mostrar una buena sonrisa!!!.

PICTOGRAMAS ARASAAC


QUÉROLLE DAR

A ti que conduces tódolos días o meu autobús… UNHA APERTA


A ti que respondes o teléfono cando pido axuda... UN SORRISO


A ti que vendes a miña comida... UN BICO


A ti que pasas noites sen durmir para curarme... AS GRAZAS


A ti que segues a vender as miñas medicinas... UNHA FLOR 


A ti que patrullas as rúas... O MEU RESPECTO


A ti que segues a mandarme tarefas... UNHA CANCIÓN


A ti que segues a coidar dos nosos maiores… A MIÑA AMIZADE


A todos os que seguides traballando, para que todo siga funcionado... O MEU AMOR 


A todos os que quedades nas casas...UN APLAUSO 


XUNTOS GAÑAREMOS!


jueves, 26 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA. EQUIPO DE AUDICIÓN E LINGUAXE (2ª ENTREGA)

Boas a tod@as de novo: 

Tal e como prometemos dende o equipo de AL do centro, iremos ofrecendo material que vos pode servir para levar a cabo algunhas das actividades propostas. O noso obxectivo é axudarvos e seguir fomentando nos rapaces e rapazas a competencia comunicativa. 
Neste caso ofrecemos algúns títulos da colección de contos visuais "Jose aprende". Son contos moi sinxelos que podedes ver con eles/as. Servirán, en función do nivel, para traballar diferentes aspectos: atención, vocabulario, elaboración de frases, preguntas sinxelas,... 
Esperamos que vos gusten e que pasedes un bo rato lendo. 
Para poder ver os contos facede clic no enlace: 

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

martes, 24 de marzo de 2020

UN PEQUENO GRAN DE AREA

É o desexo de toda a Comunidade Educativa do CEE A Barcia apoiar a todo o persoal dos hospitais (sanitarios, administrativos, limpeza, celadores, facultativos,…), residencias, forzas de seguridade, persoal dos servizos públicos, persoal de tendas de alimentación... e expresar o noso agradecemento por todo o traballo que con tanta profesionalidade están a desenvolver nestes momentos tan críticos. 
Con este pequeno donativo dende o CEE A Barcia, queremos apoiar e agradecer o esforzo e traballo destes grandes profesionais. 
Estamos convencidos que somos como unha cólmena da que formamos parte todos, e que son as pequenas accións as que axudan a facer un mundo mellor.
Es el deseo de toda la Comunidad Educativa del CEE A Barcia apoyar a todo el personal de los hospitales (sanitarios, administrativos, limpieza, celadores, facultativos...), residencias, fuerzas de seguridad, personal de los servicios públicos, personal de tiendas de alimentación... y expresar nuestro agradecimiento por todo el trabajo que con tanta profesionalidad están desarrollando en estos momentos tan críticos. Con este pequeño donativo desde el CEE A Barcia, queremos apoyar y agradecer el esfuerzo y trabajo de estos grandes profesionales. Estamos convencidos que somos como una colmena de la que formamos parte todos, y que son las pequeñas acciones las que auidan a hacer un mundo mejor.

XUNTOS GAÑAREMOS!


Material cedido ao CHUS (luvas) e a Consellería de Educación para ao súa xestión.

EXERCICIOS DE FIOTERAPIA

Para estes día que estades na casa queremos deixarvos unha serie de exercicios para seguir traballando o noso corpo. Nos seguintes enlaces podedes descargar fichas de actividades concretas que cada un terá que adaptar ás características do seu/súa fillo/a ou titorado/a.
As fichas están na web do Instituto Guttmann
Para estos días que estáis en casa queremos dejaron una serie de ejercicios para seguir trabajando nuestro cuerpo. En los siguientes enlaces podéis descargar fichas de actividades concretas que cada uno tendrá que adaptar a las características de su hijo/a o tutorado/a. As fichas están na web do Instituto Guttmann.



GUÍA FISIOTERAPIA PARA CUARENTENA COVID-19

O Servizo de Fisioterapia do centro pon a vosa disposición este documento "CUARENTENA 
COVID-19. GUÍA FISIOTERAPIA". Trátase dunha guía xeral que ten exercicios e actividades para todo tipo de poboación. Para o noso alumnado o de mais proveito é a parte que pon "ejercicios para hacer en casa para pacientes y cuidadores" e a parte de recomendaciones de fisioterapia respiratoria que ainda que na guía está pensado para pacientes con coronavirus non son exercicios específicos senon que serven para facer fisioterapia respiratoria en xeral.
El Servicio de Fisioterapia del centro pone a vuestra disposición este documento "Cuarentena Covid-19. Guía Fisioterapia". Se trata de una guía general que tiene ejercicios y actividades para todo tipo de población. Para nuestro alumnado lo de más provecho es la parte que pone "ejercicios para hacer en casa para pacientes y cuidadores" y la parte de recomendaciones de fisioterapia respiratoria que aunque en la guía está pensado para pacientes con conoravirus no son ejercicios específicos sino que sirven para hacer fisioterapia respiratoria general.


TRABALLANDO NA CASA: MULTISENSORIAL

Este documento contén a programación para unha semana, en relación ao traballo de estimulación multisensorial que as familias poden realizar na casa. Para comezar e tomar contacto coa actividade esta semana proponse o seguinte: 
ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS 
  1. Realizar a actividade nun lugar agradable e tranquilo, coidando as condicións do entorno coma temperatura, luminosidade adecuada, aroma, música relaxante si procede, materiais motivantes e accesibles. 
  2. Intentaremos estar o mais relaxados posible e buscaremos que aflore o mellor de nos mesmos para daren aos nenos e nenas. 
  3. Seguir sempre os mesmos rituais de comezo e despedida da actividade, para eles é fundamental poder anticipar onde están, que actividades se van facer,…É importante darlles por anticipado a información que lles concierne. 
  4. Coidar sempre a postura do neno, que se sinta cómodo e relaxado. 
  5. Nombarlle ao neno as partes do corpo que estamos a traballar, e non esquecer que a comunicación debe impregnar todas as actividades. 
  6. A sesión non debe durar máis de 25-30 minutos. 
ACTIVIDADES TIPO (1º semana) para favorecer a integración corporal e sensorial do neno. 
  • Estimulación somática: masaxes con cremas/aceites en extremidades, abdomen, peito, costas e cara, utilización do secador para activar ou relaxar segmentos corporais, duchas secas e cepillado con sedas, plumeros,… 
  • Estimulación vibratoria: aplicar xoguetes vibradores (cara, cabeza, manos, brazos e pernas), experimentar con instrumentos (triangulo, xilófono…) desde distintas distancias. 
  • Estimulación olfactiva: perfumar xoguetes de peluches. 
  • Estimulación visual: nun cuarto escuro alternar luz e escuridade, proxección con lanternas, proxección de diapositivas en branco e negro, obxectos de desexo ao seu alcance. 
  • Estimulación na comunicación: a través do contacto corporal e diálogos.

TRABALLANDO NA CASA. 2º NIVEL (AULAS 1-2-4-7)


Estimadas familias!!!!!!!!!!!!.:
Esperamos que esteades tod@s ben. Como estes días os nen@s non poden ir ao cole e non podemos saír da casa, suxerímosvos  unhas actividades sinxelas que podedes facer cos vosos fill@s , e así  que todo sexa o máis levadeiro posible.
Moito ánimo, e esperamos vervos prontiño!!!!!. Que teñades unha boa semana
Os titores do 2º nivel.
1.-ACTIVIDADE DO TEMPO ATMOSFÉRICO: Cada mañá, antes de comezar coas tarefas, é importante que a nena/neno escolla entre as diferentes posibilidades climatolóxicas a que máis se adecúe ao tempo que vai. Para isto é preciso que estableza o hábito de mirar pola xanela ao ceo. Seguidamente debe escoller a tarxeta axeitada para colocala no centro (axudada pola adulta ou adulto).

2.- ACTIVIDADE DO BINGO DA PRIMAVERA:
INSTRUCIÓNS DE USO:
Para xogar a este bingo primeiramente debedes fotocopiar  un mínimo de 2 veces  a  ficha  modelo:  unha  servirá  de  modelo  e  coa  outra  recortaremos cada  elemento  da  primavera.(Para  darlle  maior  grao  de fortaleza e  rixidez, , podemos utilizar unha cartolina coma base sobre a cal pegaremos os elementos).
O  xogo  consistirá  en  ir  localizando  os  diferentes  elementos:  primavera,  árbore,  cereixas...  dentro  da  ficha  modelo.  Para  darlle  maior  significatividade podemos vencellar cada un deles con aspectos da vida da  rapaza ou rapaz (ex.  Camiseta:  a camiseta é unha prenda que usamos moito  en primavera, como esta que levas posta ti agora mesmo).
Nesta actividade poden xogar varias persoas (óptima para toda a familia) aínda que todos terán o mesmo modelo pois recordade que a finalidade obviamente non é gañar senón que xogamos para aprender todas e todos xuntos.

3.- ACTIVIDADE OS ESTADOS ANÍMICOS: Con esta actividade a rapaza ou rapaz será consciente de tres estados diferenciados: contento, triste ou enfadado. Poderemos facer un mínimo de 2 fotocopias e utilizalas do mesmo xeito que no bingo: unha que funcione coma modelo mentres que da outra recortaremos os 3 elementos que deberá emparellar.
Sería axeitado que durante estes días, cando a nena/neno esté visiblemente contenta/o, triste ou enfadada/o, saquémoslle unha foto utilizando o teléfono móbil. Secundariamente vencellaremos dita fotografía coas imaxes correspondentes nesta actividade.


4.- ACTIVIDADE A DARLLE COR Á PRIMAVERA: Utilizando diferentes técnicas en base aos recursos que teñamos na casa  (ceras, rotuladores, plastidecors, lapis de cores, pasta diferente pegada con cola, témperas…)  tentaremos motivar á rapaza/rapaz para que pinte. É bo momento para interactuar con ela ou el e referenciar o cambio de estación. Unha vez realizado colocaremos o resultado na parede do lugar onde se traballe.



5.- Actividades para mellorar a motricidade fina como por exemplo:
-       Resgar diferentes tipos de papel e facer boliñas de distintos tamaños.
-       Formar diferentes debuxos con gomets.
-       Dobrar calcetíns.
-       Facer xogos como a roda das cores: só precisades cartón, témperas ou cores e pinzas de cores. Consiste en colocar cada pinza na porción correspondente.


6.-  Manualidades:
Se tendes plastilina podedes facer unhas xoaniñas , que é un animal que sae na Primaveira.


Outra idea é facer este xogo de anillas con material de refugallo, gardando os cartóns do papel de cociña ou do papel hixiénico . Decóranse como queirades ( telas, pintura.....) e listos para xogar .


7.-   Visionado de contos:
Mandámosvos o enlace de diferentes contos que podedes ver na casa se queredes:
8.- E xa para rematar, mandámosvos o  enlace desta páxina, onde veñen 24 receitas para cociñar con nen@s.


TRABALLANDO NA CASA. EQUIPO DE AUDICIÓN E LINGUAXE (1ª ENTRADA)

Boas a tod@as:
Esperamos que esteades pasando o mellor posible estes días na casa. Dende o equipo de AL queremos ofrecervos alternativas de xogos e actividades que fagan máis levadeiro o tempo estes días, que permitan manter certas rutinas cos rapaces e rapazas e, sobre todo, que sirvan para que os nenos e nenas continúen aprendendo habilidades no ámbito comunictivo-lingüístico.
Sobre todo, tratamos de ofrecer recomendacións para todos os niveis e para que poidades escoller aquelas alternativas que máis se axusten as vosas posiblidades, tempo e recursos. Así mesmo, trataremos de ir ofrecendo material complementario que vos axude para levar a cabo todas estas actividades. 
Xa nos contaredes que tal resultaron. Animámosvos incluso a sacar algunha foto realizando algunha delas para que, á volta, eles nos poidan amosar o que fixeron.
RECOMENDACIÓNS PARA FAVORECER A COMUNICACIÓN (especialmente indicado para os niveis 1 e 2)
Lembrade sempre que, para favorecer a comunicación, non debemos adiantarnos aos desexos do neno/a. Así, debemos non adiantarnos ás súas intervencións e dar tempo para que se expresen (a través de palabras, imaxes ou xestos) sempre da forma máis completa posible e premiando estas interaccións. Algúns consellos para favorecer as interaccións comunicativas:
  • Amosar algo do seu interese e esperar a que o pida para entregarllo.
  • Non dar axuda nun primeiro momento, favorecendo que sexa el/ela quen a solicite (xa sexa mirando, empregando unha palabra ou xesto, elaborando unha frase...).
  • Facer preguntas sinxelas (que poderá contestar con xestos, miradas, empregando unha ou dúas palabras...).
  • Dando ordes sinxelas e vinculadas a rutinas habituais (buscamos que as comprenda).
  • Os apoios visuais de imaxes (fotografías, obxectos, pictogramas...) axudan moito á comprensión e expresión dos nosos nenos e nenas.
XOGOS E ACTIVIDADES SINXELAS QUE PODEDES FACER COS NENOS E NENAS
  • Sentarse a ver fotografías familiares e/ou imaxes buscando favorecer a comunicación (en función das posiblidades de cada neno/a): facer preguntas sobre o que se ve (que, onde, como...), localizar elementos da imaxe (onde está...), describir (con palabras, xestos ou frases sinxelas),...
  • Lectura conxunta de contos: na que poidamos comentar o que vamos vendo, facendo preguntas sobre o que vemos, ordenar imaxes en función do que observamos (iremos ofrecendo materiais adaptados que podedes empregar). 
  • Xogos coma memory, bingos, localizar o intruso,... que favorezan habilidades cognitivas (memoria, atención,...) así coma a comunicación (adquisición de vocabulario, comprensión,...).
  • Favorever a comprensión da linguaxe a través de actividades sinxelas da vida diaria: ordenamos unha habitación, cociñamos, aseámonos, colocamos o armario, poñemos a mesa... Así, traballamos a comprensión de ordes sinxelas e aprendemos vocabulario.
  • Facer receitas de cociña sinxelas. Favorece habilidades coma: comprender e seguir ordes sinxelas, aprender vocabulario, ler e escribir... 
  • Vídeos en Youtube que sexan do interese dos nenos e nenas. Aínda que sabemos que non debemos abusar deste recurso, pode ser moi útil se compartimos con eles/as este tempo. Podemos despois facer preguntas sobre o que ven, cantar cancións, aprender os xestos vinculadas a estas para repetir despois... 
  • Contos interactivos ou vídeos de contos en diferentes formatos. Existen apps para a tablet con contos interactivos, contos en youtube con sombras, debuxos, etc.
  • Para desenrolar a capacidade respiratoria son interesantes os xogos de sopro de chifres (silbatos), inflado de globos, sopro de velas, sopro de pelotas de ping-pong...
  • É interesante desenrolar a musculatura maxilofacial facendo xestos que o neno ou nena terá que imitar: a moto, o cabalo, o avión, movendo a lingua de distintas maneiras, movendo os labios ou as mandíbulas... 
  • Por último, recomendamos para os casos nos que exista tensión muscular frecuente, especialmente na zona facial e do pescozo, exercicios de relaxación tanto xeral coma centrados nestas zonas. 
Lembrade que, ao longo destes días iremos ofrecendo materiais e recursos que vos axuden a levar a cabo estas ideas na casa. Esperamos vos resulten de interese.
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

TRABALLANDO NA CASA. 1º NIVEL (AULAS 9-10-11-12)


Actividades para traballar na casa durante as medidas provisionais do COVID-19

Estimadas familias:
De acordo coa RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
O profesorado programará por medios telemáticos accesibles ao seu alumnado (como páxina web do centro, abalar...), actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio e fará o seu seguimento…”

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS AULAS 9, 10

Facer tan só unha ou dúas actividade de cada apartado (conceptos básicos, xogos, contos e cancións), con descansos intercalados, e non máis de 4 ou 5 actividades por día.
  1. Conceptos básicos (Débese traballar un ou dous por día):

Pódense explicar por medio de laminas, debuxos, con pinturas, pero tamén por medio de debuxos animados (recoméndase non só visualizar o vídeo, tamén facer unha explicación con obxectos da casa):
Xogos de sinalar coa vista por medio de plásticos/transparencias (cadros ETRAN). Por medio destes cadros tamén se pode traballar o vocabulario, exemplo:
  • Moitos - poucos:
  • Diante - detrás:
  • Esquerda - dereita:
  • Enriba - abaixo:
  • Dentro - Fora:
  1. Xogos (débense repetir, a modo de rutinas)

  • Se apaga a luz (ou con astucia), agóchanse detrás do neno/a e empezan a facer o ruído dun animal, o neno/a ten que intentar atopar o animal que se lle indica (coa mirada, sinalando, do xeito que utilizan para comunicarse), o mesmo xogo pódese facer con un so animal.
  • Xogo similar: recoñecer a onomatopea que realice o familiar (pechar unha porta, mover unha cadeira, imitar unha ambulancia, ...). O mesmo xogo tamén se pode facer con dous ou tres instrumentos musicais e os nenos deben mirar cara o son que se lle indica.
  • Xogo do veo-veo: en dúas modalidades, coas cousas que hai no entorno, pero acercándoas; e con fotos, laminas, ou proxeccións na pantalla ou televisor.
  • Quen e quen?
  1. Actividades de percepción visual:

  • Recoñecer instrumentos pola vista, ben a través de laminas, debuxos,... ou tal como son na realidade.
  • O profesor sitúa en cada esquina da sala un instrumento e o neno debe encontralo coa vista.
  • Atención: O profesor imita unha serie de animais e o neno debe sinalar coa vista en que foto ou lamina están.
  • Os nenos escoitan sons no que soamente intervén un instrumento, nun momento dado intervén o son dun animal, o neno debe mudar a súa expresión.
  1. Contos (cada día pódese contar un)

  • O rato de monte
  • Cocorico
  • Os contos do camino
  • Os sete cabritillos
  • Bebe bigotes
  • Maruxa
  • Rato Tom e Rata Tomasa
  • A grande viaxe
  • OQO filmes
  • Me he perdido:
  • Saltarina:
  • Paquita la mariquita
  • El viejo Árbol
  • La oveja esquilada
  • Los Tres Cerditos y el Lobo Feroz
  1. Cancións infantís en galego.

  1. Contos contados:

  • O poliño da abeleira
  • Animais
  • P de papá
  • O coelliño branco
  1. A caixa sorpresa”

Nunha caixa de zapatos realizamos un burato onde colla a man, podemos gardar obxectos que lle interesen ou que pertenzan a un ou a varios grupos (animais, alimentos, figuras xeométricas,..) ou texturas ( pezas de madeira, teas,) ou formas e que teñan que ir sacando de un en un, sorprendéndose, manipulando, nomeándoos, clasificándoos. Se teñen irmáns é unha actividade que estes poden organizar. Tamén poden decorar a caixa dunha forma atractiva.
  1. Fotos familiares.

Visualizar conxuntamente fotos da familia en diferentes contornas, nomealos, describir os lugares, crear algún collage, ou crear un tendal de imaxes …
  1. Imos ao mercado!!!

Coller revistas ou os catálogos dos supermercados ou outras tendas, recortar ou escoller produtos e crear diferentes comercios clasificándoos, crear o menú do día seguinte, facer a lista da compra ou cousiñas para celebrar a súa festa de aniversario ou outro evento próximo
  1. Con ritmo

Visualización de cancións que impliquen movementos, ritmos, cambios de volume, imitación, interacción... ¡Podemos acompañar con algún instrumento, incluso algún elaborado de forma manual (encher unha botella de auga con un puñado de garavanzos, arroz, un globo con graos de arroz ou lentellas,...)

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS

AULAS 11 - 12

  1. CANCIÓNS DE RUTINAS:
Esta semana traballaremos o álbum “Fíos do querer”
A cantiga “Bos días ce orquestra” para saudar o novo día.
A cantiga “ Qué ricos os bicos “para traballar o esquema corporal.
Para repasar os membros da familia e os amiguiños do cole temos:
A cantiga de “Hola Hola “de Mamá Cabra na súa versión karaoke.
Especialmente para os alumnos das aulas 11 e 12 as mestras mándanlles estes sons:
  1. CONTOS:
A través da seguinte proposta de contos semanais pretendemos continuar có traballo xa iniciado con contos xa coñecidos polo alumnado a través dos que traballamos aspectos como a comprensión, empatía, emocións e comunicación.
Despois da lectura/visionado do conto podemos traballar actividades que desenvolvan a comprensión da historia xunto cós aspectos comunicativos, facéndolles preguntas de si/non sobre aspectos concretos do conto. Por exemplo: “foi o can que lle fixo a caca á toupiña na cabeza” ou “foi un crocodilo o que facía ric-ric na casa do Señor Ramón e da señora Ramona”.
Sería interesante traballar cada un dos animais do conto reforzando o seu son, xa que é o que o fai distintivo dos demáis. Por exemplo, a vaca fai: “muuu” e reforzar as contadas coas cancións que se achegan sobre os dous contos escollidos para esta semana.
  • A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA” (CONTO, CANCIÓN E CONTO ADAPTADO CON PICTOGRAMAS)
  • O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA”