martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA. 2º NIVEL (AULAS 1-2-4-7)


Estimadas familias!!!!!!!!!!!!.:
Esperamos que esteades tod@s ben. Como estes días os nen@s non poden ir ao cole e non podemos saír da casa, suxerímosvos  unhas actividades sinxelas que podedes facer cos vosos fill@s , e así  que todo sexa o máis levadeiro posible.
Moito ánimo, e esperamos vervos prontiño!!!!!. Que teñades unha boa semana
Os titores do 2º nivel.
1.-ACTIVIDADE DO TEMPO ATMOSFÉRICO: Cada mañá, antes de comezar coas tarefas, é importante que a nena/neno escolla entre as diferentes posibilidades climatolóxicas a que máis se adecúe ao tempo que vai. Para isto é preciso que estableza o hábito de mirar pola xanela ao ceo. Seguidamente debe escoller a tarxeta axeitada para colocala no centro (axudada pola adulta ou adulto).

2.- ACTIVIDADE DO BINGO DA PRIMAVERA:
INSTRUCIÓNS DE USO:
Para xogar a este bingo primeiramente debedes fotocopiar  un mínimo de 2 veces  a  ficha  modelo:  unha  servirá  de  modelo  e  coa  outra  recortaremos cada  elemento  da  primavera.(Para  darlle  maior  grao  de fortaleza e  rixidez, , podemos utilizar unha cartolina coma base sobre a cal pegaremos os elementos).
O  xogo  consistirá  en  ir  localizando  os  diferentes  elementos:  primavera,  árbore,  cereixas...  dentro  da  ficha  modelo.  Para  darlle  maior  significatividade podemos vencellar cada un deles con aspectos da vida da  rapaza ou rapaz (ex.  Camiseta:  a camiseta é unha prenda que usamos moito  en primavera, como esta que levas posta ti agora mesmo).
Nesta actividade poden xogar varias persoas (óptima para toda a familia) aínda que todos terán o mesmo modelo pois recordade que a finalidade obviamente non é gañar senón que xogamos para aprender todas e todos xuntos.

3.- ACTIVIDADE OS ESTADOS ANÍMICOS: Con esta actividade a rapaza ou rapaz será consciente de tres estados diferenciados: contento, triste ou enfadado. Poderemos facer un mínimo de 2 fotocopias e utilizalas do mesmo xeito que no bingo: unha que funcione coma modelo mentres que da outra recortaremos os 3 elementos que deberá emparellar.
Sería axeitado que durante estes días, cando a nena/neno esté visiblemente contenta/o, triste ou enfadada/o, saquémoslle unha foto utilizando o teléfono móbil. Secundariamente vencellaremos dita fotografía coas imaxes correspondentes nesta actividade.


4.- ACTIVIDADE A DARLLE COR Á PRIMAVERA: Utilizando diferentes técnicas en base aos recursos que teñamos na casa  (ceras, rotuladores, plastidecors, lapis de cores, pasta diferente pegada con cola, témperas…)  tentaremos motivar á rapaza/rapaz para que pinte. É bo momento para interactuar con ela ou el e referenciar o cambio de estación. Unha vez realizado colocaremos o resultado na parede do lugar onde se traballe.



5.- Actividades para mellorar a motricidade fina como por exemplo:
-       Resgar diferentes tipos de papel e facer boliñas de distintos tamaños.
-       Formar diferentes debuxos con gomets.
-       Dobrar calcetíns.
-       Facer xogos como a roda das cores: só precisades cartón, témperas ou cores e pinzas de cores. Consiste en colocar cada pinza na porción correspondente.


6.-  Manualidades:
Se tendes plastilina podedes facer unhas xoaniñas , que é un animal que sae na Primaveira.


Outra idea é facer este xogo de anillas con material de refugallo, gardando os cartóns do papel de cociña ou do papel hixiénico . Decóranse como queirades ( telas, pintura.....) e listos para xogar .


7.-   Visionado de contos:
Mandámosvos o enlace de diferentes contos que podedes ver na casa se queredes:
8.- E xa para rematar, mandámosvos o  enlace desta páxina, onde veñen 24 receitas para cociñar con nen@s.


No hay comentarios: