lunes, 30 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: AUDICIÓN E LINGUAXE III

Boas a tod@as de novo: 
Neste caso o equipo de AL do centro ofrece unha serie de xogos dirixidos a aqueles alumnos e alumnas que precisan seguir traballando a súa articulación, procurando sempre unha fala o máis axeitada posible. Con xogos coma estes, pasarédelo de seguro moi ben xuntos e servirán para reforzar aspectos importantes nesta liña.  
Así mesmo, deixamos tamén unha serie de exercicios para favorecer a relaxación, especialmente da cara e pescozo, para axudar a reducir a tensión muscular nestas zonas.

Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia

No hay comentarios: