martes, 24 de marzo de 2020

TRABALLANDO NA CASA. 1º NIVEL (AULAS 9-10-11-12)


Actividades para traballar na casa durante as medidas provisionais do COVID-19

Estimadas familias:
De acordo coa RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
O profesorado programará por medios telemáticos accesibles ao seu alumnado (como páxina web do centro, abalar...), actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio e fará o seu seguimento…”

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS AULAS 9, 10

Facer tan só unha ou dúas actividade de cada apartado (conceptos básicos, xogos, contos e cancións), con descansos intercalados, e non máis de 4 ou 5 actividades por día.
  1. Conceptos básicos (Débese traballar un ou dous por día):

Pódense explicar por medio de laminas, debuxos, con pinturas, pero tamén por medio de debuxos animados (recoméndase non só visualizar o vídeo, tamén facer unha explicación con obxectos da casa):
Xogos de sinalar coa vista por medio de plásticos/transparencias (cadros ETRAN). Por medio destes cadros tamén se pode traballar o vocabulario, exemplo:
  • Moitos - poucos:
  • Diante - detrás:
  • Esquerda - dereita:
  • Enriba - abaixo:
  • Dentro - Fora:
  1. Xogos (débense repetir, a modo de rutinas)

  • Se apaga a luz (ou con astucia), agóchanse detrás do neno/a e empezan a facer o ruído dun animal, o neno/a ten que intentar atopar o animal que se lle indica (coa mirada, sinalando, do xeito que utilizan para comunicarse), o mesmo xogo pódese facer con un so animal.
  • Xogo similar: recoñecer a onomatopea que realice o familiar (pechar unha porta, mover unha cadeira, imitar unha ambulancia, ...). O mesmo xogo tamén se pode facer con dous ou tres instrumentos musicais e os nenos deben mirar cara o son que se lle indica.
  • Xogo do veo-veo: en dúas modalidades, coas cousas que hai no entorno, pero acercándoas; e con fotos, laminas, ou proxeccións na pantalla ou televisor.
  • Quen e quen?
  1. Actividades de percepción visual:

  • Recoñecer instrumentos pola vista, ben a través de laminas, debuxos,... ou tal como son na realidade.
  • O profesor sitúa en cada esquina da sala un instrumento e o neno debe encontralo coa vista.
  • Atención: O profesor imita unha serie de animais e o neno debe sinalar coa vista en que foto ou lamina están.
  • Os nenos escoitan sons no que soamente intervén un instrumento, nun momento dado intervén o son dun animal, o neno debe mudar a súa expresión.
  1. Contos (cada día pódese contar un)

  • O rato de monte
  • Cocorico
  • Os contos do camino
  • Os sete cabritillos
  • Bebe bigotes
  • Maruxa
  • Rato Tom e Rata Tomasa
  • A grande viaxe
  • OQO filmes
  • Me he perdido:
  • Saltarina:
  • Paquita la mariquita
  • El viejo Árbol
  • La oveja esquilada
  • Los Tres Cerditos y el Lobo Feroz
  1. Cancións infantís en galego.

  1. Contos contados:

  • O poliño da abeleira
  • Animais
  • P de papá
  • O coelliño branco
  1. A caixa sorpresa”

Nunha caixa de zapatos realizamos un burato onde colla a man, podemos gardar obxectos que lle interesen ou que pertenzan a un ou a varios grupos (animais, alimentos, figuras xeométricas,..) ou texturas ( pezas de madeira, teas,) ou formas e que teñan que ir sacando de un en un, sorprendéndose, manipulando, nomeándoos, clasificándoos. Se teñen irmáns é unha actividade que estes poden organizar. Tamén poden decorar a caixa dunha forma atractiva.
  1. Fotos familiares.

Visualizar conxuntamente fotos da familia en diferentes contornas, nomealos, describir os lugares, crear algún collage, ou crear un tendal de imaxes …
  1. Imos ao mercado!!!

Coller revistas ou os catálogos dos supermercados ou outras tendas, recortar ou escoller produtos e crear diferentes comercios clasificándoos, crear o menú do día seguinte, facer a lista da compra ou cousiñas para celebrar a súa festa de aniversario ou outro evento próximo
  1. Con ritmo

Visualización de cancións que impliquen movementos, ritmos, cambios de volume, imitación, interacción... ¡Podemos acompañar con algún instrumento, incluso algún elaborado de forma manual (encher unha botella de auga con un puñado de garavanzos, arroz, un globo con graos de arroz ou lentellas,...)

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DAS

AULAS 11 - 12

  1. CANCIÓNS DE RUTINAS:
Esta semana traballaremos o álbum “Fíos do querer”
A cantiga “Bos días ce orquestra” para saudar o novo día.
A cantiga “ Qué ricos os bicos “para traballar o esquema corporal.
Para repasar os membros da familia e os amiguiños do cole temos:
A cantiga de “Hola Hola “de Mamá Cabra na súa versión karaoke.
Especialmente para os alumnos das aulas 11 e 12 as mestras mándanlles estes sons:
  1. CONTOS:
A través da seguinte proposta de contos semanais pretendemos continuar có traballo xa iniciado con contos xa coñecidos polo alumnado a través dos que traballamos aspectos como a comprensión, empatía, emocións e comunicación.
Despois da lectura/visionado do conto podemos traballar actividades que desenvolvan a comprensión da historia xunto cós aspectos comunicativos, facéndolles preguntas de si/non sobre aspectos concretos do conto. Por exemplo: “foi o can que lle fixo a caca á toupiña na cabeza” ou “foi un crocodilo o que facía ric-ric na casa do Señor Ramón e da señora Ramona”.
Sería interesante traballar cada un dos animais do conto reforzando o seu son, xa que é o que o fai distintivo dos demáis. Por exemplo, a vaca fai: “muuu” e reforzar as contadas coas cancións que se achegan sobre os dous contos escollidos para esta semana.
  • A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA” (CONTO, CANCIÓN E CONTO ADAPTADO CON PICTOGRAMAS)
  • O SEÑOR RAMÓN E A SEÑORA RAMONA”

No hay comentarios: