Ola nenos e nenas!
Son Marta, a vosa mestra de Educación Musical. Para estes días que estades na casa estiven a pensar nalgunhas actividades para vós.
- ACTIVIDADE 1: Cantamos!!
Canción: Dime que fixeches, de Migallas teatro. Imos a cantar esta canción tan divertida onde traballamos nomes de animais, accións, e… a memoria!!!
- ACTIVIDADE 2: A bailaarrrrr e… a xogar ás estatuas!!
Sei que vos gusta o Rock… por iso vos propoño esta canción, moi acorde á estación do ano que comezamos e que prontiño imos poder desfrutar… Unha versión marchosa da Primavera de Vivaldi.
Propoño que coa xente que está con vós xoguedes ás estatuas musicais. Un parará a música cando o crea convinte, e os demais non vos podedes mover. A ver quen se queda na posición da estatua máis divertida!!
Canción: La primavera ya llegó, de Músicaeduca.
- ACTIVIDADE 3: Percutimos!!
Imos tratar de imitar ós nenos e nenas deste vídeo, xa que non vos podo ir dando eu as indicacións, e acompañaremos esta canción con este peculiar son que sae…dun folio!! Podes utilizar un da cor que máis che guste, ou branco mesmamente. Recorda, ao rematar a actividade,non o tires! Podes facer un bonito debuxo nel J
Nesta canción xogamos co ritmo, golpeando, movéndonos… traballamos a coordinación ademais do oído musical.
Canción: Clap clap song
- ACTIVIDADE 4: Discriminación auditiva… Que escoito??
Imos ver se sodes capaces de adiviñar que animal produce cada son. Ademais, moitos saen no conto que comezamos a traballar no cole, o da Toupiña. Intentade facer memoria a ver se vos acordades dos animais que saían.
- ACTIVIDADE 5: Relaxámonos…
Propóñovos que escoitemos unha canción que vos poño ás veces na clase, que ás veces acompaño coa frauta ou o clarinete e que tanto nos relaxa.
Estaría moi ben que mentres a escoitades intentedes facer un debuxo do que vos fai sentir.
Canción: O Son do Ar, de Luar na Lubre
Moito ánimo rapaces e rapazas (e familia!). Espero veros á volta de Semana Santa... (e se non, pois porei máis traballo!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario