lunes, 6 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: 2º NIVEL (BLOQUE II)

Ola nenos e nenas!!!. Como estades?. Desexamos que esteades tod@s moi ben. Agora xa falta menos para que nos volvamos a ver. Ao quedar na casa venceremos a este virus e voltaremos o máis pronto posible ao cole. 
Mandámosvos unha suxestión de actividades que podedes facer na casa coas vosas familias e así o tempo farase máis levadeiro. 
Moitos bicos!!!! 
Os/As titores/as do 2°nivel. 

1.- O NOSO AMIGO O MONSTRUO DAS CORES VAINOS EXPLICAR QUE É ISO DO CORONAVIRUS, DO QUE TANTO SE FALA ESTES DÍAS 

O MONSTRUO DE COLORES (CORONAVIRUS): 




2.-ACTIVIDADE DE XOGO-APRENDIZAXE DOS DEDOS DA MAN: 

Para facer esta actividade, a nena/neno deberá dispoñer súa man estática sobre un papel e a adulta/adulto perfilará a forma de cada dedo individualmente. Ás veces cómpre facer certa presión sobre a man, para que non se mova. 
A nena/neno coloreará súa man á vez que se lle irá contando cómo se chaman os dedos da man en galego tradicional.



3.- ACTIVIDADE GRAFOMOTRICIDADE: 

Utilizando unha cera, plastidecor ou no seu defecto un lapis ou incluso bolígrafo, a rapaza ou rapaz tentará seguir a liña unindo os puntos destas sinxelas figuras: o triángulo e o rectángulo. Secundariamente poderá coloreala tamén por dentro.




Visibilizando o noso redor e centrándonos a nivel cósmico, tamén podemos realizar actividades máis complexas. Atrevédesvos con elas?













4.- ACTIVIDADE POESÍA: 
Novamente utilizando diferentes útiles, podemos decorar esta fermosa poesía que nos lembra que durante esta estación os paxaros “casan” producíndose o apareamento e o coidado posterior dos ovos no niño.



5.- ACTIVIDADE CANCIÓN POLO PEPE:
Servíndonos de internet, buscaremos “Polo pepe-canción”:

 

Unha vez a localicemos, imprimiremos as 4 viñetas que colorearemos e traballaremos á vez que ouvimos a canción: encántalles! Por iso, o Polo Pepe será utilizado en diferentes exercicios ao longo destes días.










6.- ACTIVIDADE SOMBRAS:
Para facer esta actividade, debemos imprimir a folla e recortar os diferentes elementos. Xogando e falando coa nena/neno, esta deberá emparellar cada un deles coa súa sombra.


7.- ADEMAIS DISTO, TAMÉN VOS PROPOÑEMOS TRES ENLACES A PÁXINAS WEB CON DIFERENTES ACTIVIDADES, PARA XOGAR, APRENDER E DIVERTIRSE. 
Entrade e pasaredes un rato divertido!!!.

8.- FACEMOS PASTA DE SAL

Mandámosvos un vídeo de como facer pasta de sal : é moi doado, só precisades auga, sal e fariña. Poñédevos mans á masa e veredes que divertido é. Pódense facer mooooooitas figuras!!!!!. 



9.- XERMINAMOS UNHA PLANTA? 


1.- Envolve unha faba ou lentella nun algodón húmido.e méteo nun vaso ou bote transparente. Personaliza unha etiqueta co teu nome. 
2.- Observa como vai medrando a raiz, saíndo o talo…. Non esquezas ter o algodón húmido. 
3.- Despois podedes plantala nunha maceta para que siga alí crecendo. 
4.- Se che apetece saca fotos nalgún momento do proceso e podes mandalas a: cee.barcia@edu.xunta.gal
Coas fotos faremos un collage que colgaremos no blogue do centro!!!!.

Podedes descargar as actividades en PDF aquí:


No hay comentarios: