Boas de novo:
Unha vez máis, dende o equipo de AL do centro queremos ofrecervos algún recurso e materiais que vos poidan servir para levar a cabo algunhas das actividades propostas.
Neste caso, ofrecemos como exemplo 2 actividades coas que poderedes traballar vocabulario (especialmente de accións básicas), a elaboración de frases ou a comprensión de preguntas sinxelas. Sempre tendo en conta o nivel e características dos nenos e nenas en cada caso.
Lembrade que podemos traballar estes aspectos mediante todo tipo de comunicación: oral, xestos, imaxes... o máis importante é fomentar a comprensión e as interaccións comunicativas.
Nos seguintes enlaces podedes descargar o material:
LIBRO CAILLOU ACTIVITEA:
LIBRO POCOYO ACTIVITEA:
Equipo de Audición e Linguaxe do CEE A Barcia
No hay comentarios:
Publicar un comentario