miércoles, 22 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: 3º NIVEL (BLOQUE III). AULAS 3-5

Ola rapaces e rapazas:
Que tal estades?, esperamos que estedes ben.
Aquí vos deixamos actividades para realizar esta semana!

PARA EMPEZAR: 
Rapaces e rapazas, non recibimos ningunha canción para empezar o día con alegría, así que escribídenos no blog algunha canción que vos guste e que vos anime! 
Nesta ocasión nos propoñemos a canción do momento, “RESISTIRÉ”.


RUTINA DIARIA: 
Damos continuidade ás rutinas da semana pasada!. 
É importante manter moitas das rutinas diarias que tiñan (xa que lle darán seguridade e tranquilidade): 
  • DATA: Día, número, mes e ano 
  • QUE TEMPO FAI? 
  • EN QUE ESTACIÓN ESTAMOS? 
  • Seguimos a traballar co recurso da Primavera (hai novas actividades) 

  • AS COMIDAS DO DÍA.
  • ACTIVIDADES QUE VAN REALIZAR AO LONGO DO DÍA.
ACTIVIDADES: 
A continuación indicamos diversas actividades a realizar: 
1- LECTURA (COMPRENSIÓN ORAL E ESCRITA) 
  • CLUB DE LECTURA: 
Un novo episodio do “El Club de los raros” (Capítulo IV) 

  • CONTOS OQO EN YOUTUBE 

Aínda non nos dixestes cal era o conto que más vos gustou?. Así que esperamos a vosa resposta. 
  • COMPRENSIÓN ORAL 
Non recibimos ningún comentario da visualización das curtametraxes.... 
Lembrades a Bosco e Venus?, os canciños que viñan a visitarnos ao cole?. Seguro que si. Esta semana queremos propoñervos que escoitedes o conto “Amelia quiere un perro” de Kalandraca”.


Despois de escoitar o conto 2 veces seguro que sodes capaces de facer esta actividade:



Tedes algunha mascota na casa?. Queremos que nos contedes no blog que mascota tedes, como se chama e que coidados necesita. Se non tedes mascota queremos que nos contedes que mascota vos gustaría ter, que nome lle poriades e que coidados necesita. 
  • SEMANA DO LIBRO 
O 23 de abril (xoves) é o dia do libro. 
1- Buscar en internet por que se celebra ese día. 
Escolle un entre os 37 títulos para descargar gratuitamente. 
3- Facer un “Maratón de lectura ” que consiste en ler un libro durante un tempo, anotar o tempo que se leu e a continuación escoller dúas ou tres palabras que nos gustaran, facer con elas unha frase e un debuxo relacionado coa mesma e contar un sinxelo conto de dúas ou tres liñas nas que aparezan esas palabras. 
  • INICIACIÓN Á LECTURA 
Repasamos o traballo realizado na semana pasada. 
Traballamos estas novas sílabas “SA – SE – SI – SO - SU”.


  • ESCRITURA 
1- Escoitamos a canción “Color esperanza”


A continuación completala nos ocos que están baleiros: 

……….. esperanza (Diego Torres) 
Sé que hay en tus ……. con solo mirar 
Que estas ………... de andar y …… ……... 
Y caminar ……… siempre en un lugar 
Sé que las ventanas se …….... abrir 
………….el aire depende de ti 
Te ayudara vale la pena …… …….. más 
Saber que se puede ………... que se pueda 
Quitarse los ………... sacarlos afuera 
Pintarse la cara color esperanza 
………. al futuro con el corazón 
Es mejor perderse que ……….embarcar 
Mejor tentarse a ……... de intentar 
Aunque …... ves que no es tan fácil empezar 
Sé …….lo imposible se puede lograr 
Que la tristeza …….. ……. se irá 
Y así­ será la vida cambia y ……………. 
Sentirás que … …… vuela 
…… cantar una vez más 
…….. que se puede querer que se pueda 
………… los miedos sacarlos afuera 
……….... la cara color esperanza 
Tentar al futuro con …. …………. 
Fuente: LyricFind 

2.- Coas palabras que faltan e se engadiron, seríamos capaces de facer unha ou varias frases? 
3- Realizamos o seguinte encrucillado:

2- HABILIDADES MOTRICES COAS MANS
  • FICHAS DE GRAFOMOTRICIDADE (en caso de non dispoñer de impresora en casa podedes copiar as fichas). 
  • Realizar actividades de facer nudos, desatar nudos, subir e baixar cremalleira, abotoar e desabotoar botóns, resgar papel e recortar papeis. 
  • APLICACIÓNS:  Seguimos a traballar coas aplicación. 
3- ACTIVIDADES DE ATENCIÓN, PERCEPCIÓN E MEMORIA: 
  • Novas actividades para traballar a atención e percepción elaboradas no cole. 

(no caso de non ter impresora podedes debuxar as fichas nun folio ou realizar unha captura de pantalla coa tablet/móbil e traballar co lapis/dedo. Para realizar o traballo usando o sentido do tacto podedes usar diferentes texturas para as formas, dar relevo coa roda dentada/silicona, facer presión co bolígrafo/lapis ao debuxar as formas e traballar pola parte de atrás do folio xa que o relevo será maior) 
  • REALIZAR CLASIFICACIÓNS: 
Seguimos realizando diferentes clasificacións con obxectos que tedes na casa (diferente tipo de pasta, moedas, botóns…) 
  • APPs PARA TRABALLAR 
Seguimos traballando coas aplicacións da semana pasada. 
Esperamos que nos enviedes algunha nova aplicación que vos guste, que nos digades se vos gustan as que vos propoñemos... 

4- CONCEPTOS MATEMÁTICOS: 
Seguide a traballar nas tarefas das semanas pasadas. 
Ademais: 
  • ACTIVIDADE: 
    • Collede un folio e recortádeo en 10 partes. 
    • En cada parte escribide un número do 1 ao 10. 
    • Mesturade os números e colocádeos enriba dunha mesa, no chan... 
    • Nun bote temos varias boliñas de papel, garavanzos... 
    • En cada papel colocar tantas boliñas como indica o número. 
  • ACTIVIDADE LIM: OS CARTOS 

https://www.chiscos.net/xestor/chs/ticceeabarcia/cartos/cartos.zip (Enlace de descarga. A actividade estará no blog) 

5- O XORNAL 

Continuamos a traballar o xornal como as semanas pasadas. 

6- PROXECTO “A ALDEA” 

Non recibimos ningunha actividade!. Seguimos a traballar as actividades da semana pasada. 

7- EDUCACIÓN RESPONSABLE. 

No blog do centro tedes 2 actividades de Educación Responsable: 
8- XOGOS EDUCATIVOS 
Non vos esquezades que Jorge (Educación Física), Marta e Telmo (Educación Musical), Rita (Relixión) e Javier (AL) tamén vos mandan actividades!
Recordade que no blog das aulas 3 e 5 temos organizadas tódalas actividades (https://cadadiaeespecial.blogspot.com/)
Aquí podedes descargar as actividades en PDF (en galego e castelá)

GALEGO


CASTELÁN


No hay comentarios: