lunes, 6 de abril de 2020

TRABALLANDO NA CASA: EDUCACIÓN MUSICAL (BLOQUE II)

Ola rapaces e rapazas!
Esperamos que estedes todos ben e que estes días pasen rápido para poder vernos de novo. Deixámosvos unhas actividades para que realicedes na casa.
Un saúdo
1. ACTIVIDADE XOGAMOS CO RITMO
Xa que estamos na casa, imos tirar de recursos que hai por aquí, neste caso pinzas de pendurar a roupa. Imos precisar 6 pinzas. Para saber o que tedes que facer ollade o vídeo que está a continuación.



2. ACTIVIDADE DANZA CHINESA
Convídovos a facer unha escoita activa da Danza Chinesa do compositor Tchaikovsky. A proposta é a seguinte: tedes que facervos cun rotulador, cera, lapis ou o que teñades a man, e intentar debuxar o que escoitades. Empregando simplemente liñas e puntos.
Déixovos a música para debuxar e un vídeo de exemplo para sacar algunha idea.


3. ACTIVIDADE “QUEDAMOS NA CASIÑA”
Nesta proposta anímovos a aprender esta cantiga que fala do que está acontecer nestas datas.
Para iso engado un vídeo explicativo: 



A continuación déixovos escrito as estrofas da cantiga:
QUEDANDO NA CASIÑA
COIDAMOS DOS DEMAIS
APERTAS E ALOUMIÑOS
AXIÑA CHEGARÁN.

OICHES NON TE ESQUEZAS
DE LAVAR BEN AS MANS
POR RIBA E POR DEBAIXO
BEN LIMPAS HAN QUEDAR

SETE DIAS DA SEMANA
SETE NOTAS HAS CANTAR
SETE CORES MOI FERMOSAS
NO SETE HAS DE PINTAR.

Por certo, non sei se sabiades que o Arco da Vella, tamén é denominado sete ou arco das sete cores. Anímovos a que o busquedes na historia da Vella Lulula Ed. OQO. Aquí vos deixo o enlace da Vella Lulula.


4. ACTIVIDADE “IMOS CONTAR UN CONTO”
Co gallo da conmemoración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil, (2 de Abril), cantaremos un conto, que algún pode que coñeza, O Coelliño Branco.
Achégovos o vídeo: 



Pero para escoitalo tedes que cantar comigo esta estrofa:
COELLIÑO BRANCO
BRANCO COELLIÑO
QUERIA FACER
UN RICO CALDIÑO
5. ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN
E agora imos escoitar esta fermosa canción de Magín Blanco, que nos lembra que nos momentos difíciles debemos permanecer unidos. Podedes bailar ou buscar un sitio para deitarvos a escoitala. Desexo que vos guste.


Aquí podedes descargar as actividades:


No hay comentarios: