É unha
tarxeta persoal e intransferible á disposición dos mozos/as galegos entre 12 e
30 anos. Ten unha vixencia de dous anos a partires da data de expedición.
Con este
carné o voso/a fillo/a obtén descontos e
vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades
autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do
Carné Xove. .
- Campamentos da Xunta
- Cines
- Diferentes establecementos.
Os establecementos adheridos podédelos identificar co
símbolo.
Os mozos e
mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito
á expedición gratuíta deste carné.
Para facelo
tedes que cubrir un impreso de solicitude,
acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€ mediante o impreso
das taxas
O carné xove pódese
facer en:
- Servizos de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.
- Nas Oficinas municipais de información xuvenil
Os
posuidores do carné xove tedes un seguro de balde que cubre un importante número de continxencias.Aquí tedes algún exemplos,
hai moitos máis:
- Pago ou reembolso dos gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro.
- Roubos e danos á equipaxe.
- Roubo das chaves da vivenda habitual do asegurado.
- Cancelación da viaxe por folga.
- Etc.
DEPARTAMENTO
DE ORIENTACIÓN DO CEE A BARCIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario